Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

Se aprueba el Plan de prevención y defensa contra incendios mientras trabajadores del servicio de extinción reclaman mejoras laborales

Más de 350 trabajadores del Servicio de Defensa Contra Incendios Forestales (SDCIF) se concentraron ante la Dirección General de Montes de la Xunta, para exigir mejoras laborales para este colectivo. Los trabajadores piden que se abra la mesa de negociación para tratar asuntos de gran interés para este colectivo que agrupa a un total de 800 empleados fijos y a otros 600 fijos discontinuos, que reivindican mejoras salariales, sociales y de material.

Emilio Doforno, portavoz de CC.OO., único sindicato que respaldó el llamamiento de unidad sindical realizado por los trabajadores del SDCIF en una reunión celebrada el día 15 de mayo en Silleda, ha explicado que estos trabajadores carecen de medios adecuados para sofocar los incendios y de unas instalaciones en las que puedan asearse tras las duras y prolongadas jornadas de trabajo, antes de regresar a sus casas. Doforno ha indicado que si la Cosellería de Medio Rural no atiende su petición de reanudar las negociaciones, que permanecen paralizadas desde julio del año 2006, todos los jueves repetirán las concentraciones ante la Dirección General de Montes. El portavoz de CC.OO. ha lamentado que el resto de las fuerzas sindicales no se hayan sumado a la concentración de hoy y dijo que esperaba que el jueves 31 de mayo lo hagan, para demostrar que les interesa lo que les sucede a estos trabajadores.

Los trabajadores del Servicio de Defensa contra los Incendios Forestales quieren disponer de unas normas que les permitan saber cual es su jornada de trabajo, que contemple los descansos reglamentarios para este personal, que se dote a este servicio de los medios técnicos y humanos necesarios que se les pague un salario digno, acorde con el trabajo que desarrollan.

Mientras, la Xunta de Galicia daba luz verde al Plan de prevención y defensa contra los incendios que el titular del Ejecutivo gallego definió como una apuesta por la modernización y la profesionalización del operativo de la lucha contra el fuego. Pérez Touriño recordó que el Pladiga recoge la creación de un mando único para todo el dispositivo, que se movilizarán más de 2.000 medios y de 6.000 persoas, y que se establece el denominado código de alerta preventiva que incluye el envío de un mensaje al teléfono móvil del alcalde del municipio afectado por un incendio.

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta:

O presidente da Xunta de Galicia, Emilio Pérez Touriño, destaca que a aprobación no Consello da Xunta do Plan de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais de Galicia (Pladiga), supón unha aposta pola modernización e profesionalización dos equipos e dos operativos e procedementos de loita contra os incendios forestais.

Segundo explicou o presidente, o Pladiga recolle a creación dun mando único para todo o operativo de prevención e defensa contra o lume, “tal e como aconsellaron todos os profesionais e pola experiencia noutras comunidades autónomas”, engadiu. Neste sentido, apóstase por unha coordinación única e pola contratación directa por parte da Xunta dos membros do operativo. “Hai un esforzo por duplicar servizos, medios e recursos”, asegurou Pérez Touriño.

Neste sentido, o máximo mandatario da Xunta adiantou que se están a aumentar e mesmo, nalgúns casos, a duplicar as brigadas móbiles e as especiais. A isto –dixo- hai que engadir un incremento notorio nos períodos de formación e de cualificación do persoal que vai loitar contra os incendios. É un dispositivo, avanzou, que vai mobilizar máis de 2.000 medios de diverso tipo e a máis de 6.000 persoas, que loitarán contra o lume durante toda a campaña, que este ano “se adianta ao mes de xuño”, incidiu.

“Vaise dar un importante salto na informatización, nun intento de axilizar a resposta ao lume”, anunciou o xefe do Executivo autonómico, co obxectivo de ter unha resposta o máis inmediata posible e reducir así os tempos, un aspecto que, segundo afirmou, é definitorio, xa que a capacidade de resposta ”é clave no éxito e no control dos lumes”, apostilou.

Tamén pormenorizou Touriño algunhas das análises que se fixeron para unha mellor actuación. Neste contexto destacou a actualización das zonas de risco que, segundo se indica no documento, son total de 195 concellos os declarados zonas de especial risco (ZAR). Neste eido establécense unha serie de medidas para tratar de parametrizar e obxectivizar a resposta e para determinar o que se denominou índice de risco diario de incendios (IRDI). Establécese ademais, adiantou o presidente, un código de alerta preventiva, co fin de “anticipar e avaliar mellor e con maior eficacia onde e como se poden producir os riscos”. A isto, segundo informou o presidente hai que sumar a mellora no eido da persecución e investigación dos presuntos delincuentes incendiarios, gracias á incorporación da Garda Civil e ao despregue de medios do Exército.

Preguntado polas críticas vertidas por algúns sindicatos ao plan contra os incendios, o presidente da Xunta sinalou que, na loita contra os incendios, hai por parte do Goberno galego unha resposta “potente e importante e unha aposta pola mellora de todas as partes do operativo”. Apuntou que hai un esforzo continuo por parte da Consellería do Medio Rural por “dialogar, convencer, explicar e acordar cos distintos sindicatos” todas as novidades nesta materia. “Hai vontade de diálogo permanente, con todos os sindicatos e afectados”, asegurou Pérez Touriño.

“Todos temos que facer un esforzo nesta loita”, que é un “mal de país, non dunha administración, nin de partido”, salientou Touriño, quen afirmou que “debemos ser capaces de concertar esforzos nesta loita porque nos vai moito nelo”. “A nosa preocupación é ser capaces de ter éxito e reducir o número de incendios e de hectáreas afectadas e nese esforzo temos que estar todos”, engadiu o presidente.
R.