Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

La granja de Merexo, en Muxía, ampliará sus instalaciones y dará empleo a 172 personas

La conselleira de Pesca e Asuntos Marítimos, Carmen Gallego, confirmó al alcalde de Muxía, Félix Porto, que la granja de Merexo ampliará sus instalaciones y dará empleo a 172 personas, en virtud del Plan Galego de Acuicultura. En este proyecto global se prevé que el parque de cría de rodaballo existente, que cuenta con una superficie de 119.000 metros cuadrados, produce 200 toneladas de este pescado al año y da trabajo a 40 personas, se amplíe hasta los 270.000 metros cuadrados y emplee a 172 personas. Esta mayor superficie permitirá que, además de rodaballo, se produzca también lenguado. Esta ampliación, que cuenta con un presupuesto de 26 millones de euros, prevé igualmente la creación de un nuevo sistema ecológico de producción a través de recirculación de agua.

Tanto la conselleira como el regidor local coincidieron, según indicaron fuentes del departamento autonómico, en que este proyecto será "muy beneficioso para el pueblo". Por otro lado, la titular de Pesca y el alcalde de Muxía barajaron la posibilidad de ampliar los permisos de explotación de los recursos marinos de la zona. La conselleira explicó que "se anima a los pescadores a que presenten planes de gestión para lugares en los que existan recursos infrautilizados". Así, los pescadores deberán presentar las propuestas, y si los informes técnicos así lo determinan, la consellería "ayudará en lo posible al incremento de trabajadores del mar en este municipio".

Finalmente, Félix Porto invitó oficialmente a la conselleira a realizar una visita institucional al Ayuntamiento de Muxía en septiembre para reunirse con la corporación local y con los pescadores de la zona, que aceptó Carmen Gallego.

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos de la Xunta de Galicia:

A Conselleira de Pesca e Asuntos Marítimos, Carmen Gallego Calvar, mantivo en San Caetano unha xuntanza de traballo co Alcalde de Noia, Félix Porto. Esta reunión forma parte dos primeiros contactos institucionais que está a manter a Conselleira cos novos rexedores dalgunhas das localidades costeiras de Galicia. Entre os asuntos tratados neste encontro atópanse o Plan Galego de Acuicultura, a exposición pública dende a pasada semana, así como a ampliación dos permisos de explotación de recursos mariños.

O primeiro tema que a Conselleira e o Alcalde abordaron no marco deste encontro foi o do Plan Galego de Acuicultura, que se atopa a exposición pública dende a pasada semana. Carmen Gallego explicoulle ao rexedor as características da ampliación que prevé o Plan para a granxa xa existente en Merexo, no Concello de Muxía, e que suporá un importante investimento nesta localidade. Trátase do parque de cría de rodaballo da compañía Stolt Sea Farm, que conta na actualidade cunha superficie de 119.000 m2, produce 200 toneladas ao ano deste peixe e dá emprego a 40 persoas.

Coa ampliación prevista no Plan da Consellería de Pesca as dimensións da planta pasarán a ser de 270.000 m2, ampliando a súa produción, e xerando un total de 172 postos de traballo. A inversión estimada para este proxecto supera os 26 millóns de euros, e contempla a construcción dunha hatchery de peixes planos (rodaballo e linguado) e un sistema de produción a través de recirculación de auga, moito máis ecolóxico. Tanto a Conselleira como o Alcalde de Muxía consideraron este proxecto como moi positivo para a vila e amosaron o seu interese en que siga adiante.

Por outra banda, tanto a titular de Pesca como o rexedor muxián falaron da posibilidade da ampliación dos permisos de explotación dos recursos mariños na zona. Neste sentido, a Conselleira explicou que anima aos pescadores a que presenten plans de xestión para aqueles lugares nos que consideren que aínda existen recursos infrautilizados e nos que podería traballar máis xente. Unha vez se presente a documentación necesaria, os informes técnicos correspondentes determinarán se é posible ampliar os permisos de explotación en Muxía. Se isto é favorable, a Consellería de Pesca axudará no posible ao incremento de traballadores do mar neste municipio. Finalmente, Félix Porto convidou oficialmente á Conselleira de Pesca a realizar unha visita institucional ao Concello de Muxía no mes de setembro, para reunirse coa corporación local, así como cos pescadores da zona. Carmen Gallego aceptou de moi bo grado esta invitación polo que, se a axenda o permite, en setembro podería achegarse ata esta vila costeira.
R.