Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

Compostela prepara los actos conmemorativos del 20 aniversario del Camino de Santiago como Itinerario Cultural Europeo

Se constituyó la comisión organizadora de los actos que conmemorarán el 20 aniversario de la declaración del Camino de Santiago como Primer Itinerario cultural Europeo. Una delegación de esta comisión visitó la sede del Instituto Europeo de Itinerarios Culturales en Luxemburgo para iniciar los contactos de cara a la organización de estos eventos que tendrán lugar en octubre en Santiago de Compostela. El Camino fue declarado Primer Itinerario Cultural Europeo el 27 de octubre de 1987.

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Consellería de Innovación e Industria de la Xunta de Galicia:

A cidade de Luxemburgo acolle a sede do Instituto Europeo de Itinerarios Culturais, a entidade que se encarga de promocionar e difundir aquelas rutas declaradas Itinerario Cultural Europeo e que está dirixido por Michel Thomas-Penette. Hai 20 anos que o Camiño de Santiago ostenta a distinción de Primeiro Itinerario Cultural Europeo. Con motivo deste aniversario, a Consellaría de Innovación e Industria, a través da S.A. de Xestión do Plan Xacobeo, constituíu unha comisión que se encargará da organización durante o mes de outubro de diversos eventos relacionados con esta distinción ao Camiño e co resto das rutas que comparten coa Xacobea a categoría de Itinerario Cultural Europeo.

A Concellería de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo e mais a Concellería de Cultura e Centros Socioculturais colaboran nesta iniciativa que xa comezou a dar os seus primeiros pasos hai unhas semanas. Os actos que se están a organizar inclúen conferencias, relatorios e mesas redondas nas que participarán moitas das persoas que formaron parte dos actos conmemorativos do ano 1987 cando o Camiño recibiu a distinción. Tamén se valoran proxectos expositivos enfocados a poñer en valor a ruta Xacobea e a promocionar o resto dos Itinerarios Culturais Europeos que, xunto co Camiño de Santiago, conforman unha rede de Camiños que vertebran o continente europeo. Ademais de organizar eventos en Compostela, meta dos Camiños, o proxecto contempla extender as actividades a outras vilas polas que atravesan as rutas de peregrinación.

Nos vindeiros meses continuarán as reunións de colaboración entre a Dirección Xeral de Turismo da Consellaría e a institución europea de cara a perfilar algúns proxectos comúns que se executarán en outubro deste ano dentro destes actos conmemorativos. O Instituto Europeo de Itinerarios Culturais participa tamén na organización dun congreso na vila francesa de Le-Puy-en-Velay sobre os Camiños de Santiago que se celebrará a finais de setembro e que servirá de antesala dos actos conmemorativos que se preparan na capital compostelana. Representantes de todos os itinerarios culturais europeos reuniranse previamente nese encontro no que se fará unha posta en común de aspectos relacionados coa ruta de peregrinación a Santiago de Compostela nunha das cidades das que parte o Camiño en Francia.
R.