Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

Recta final de la Comisión de Investigación de la Ciudad de la Cultura: el vicepresidente de la Xunta pide consenso y apoyo al proyecto cultural

El vicepresidente de Igualdade e Benestar Social de la Xunta, Anxo Quintana (BNG), pidió "consenso parlamentario" para apoyar el proyecto cultural que el actual Gobierno gallego tiene "definido y está ejecutando" para la Cidade da Cultura (CdC), del cual aclaró que "no es subsidiario" del Estado, sino que surge de la idea de que el complejo debe estar al servicio de Galicia "como nación cultural". En su comparecencia en la Comisión de Investigación sobre la totalidad de actuaciones públicas referidas a la CdC, Quintana admitió que el BNG, formación de la que es portavoz nacional, no tiene "ningún complejo" en reconocer que no habría hecho el complejo en construcción en el Monte Gaiás de Santiago, cuya finalización y equipamiento el bipartito cuantifica actualmente en casi 476 millones de euros. No obstante, puntualizó que sí habrían invertido "476 millones y más" al servicio de la cultura gallega, para dotar a la comunidad de centros como la Biblioteca Nacional, el Arquivo Nacional, el Museo da Historia de Galicia y otros -que aparecen en el proyecto cultural de usos de la CdC-.

Buena parte de la primera intervención del vicepresidente se centró en la exposición de los contenidos ideados para los distintos edificios de la CdC, que contará con una Biblioteca Nacional, un Arquivo Nacional, un Museo da Historia y un Centro de Investigación sobre Patrimonio, llamados a cubrir "carencias históricas" y dar servicio a "Galicia como nación cultural".
Además, enunció la concepción del Centro de Arte Internacional (CAI), del Centro de Enlace Europa-Latinoamérica y del Escenario Obradoiro como equipamientos que acogerán programaciones socioculturales que permitirán "la activación de ejes de relación cultural en los que Galicia ocupa un lugar preponderante", en alusión a su proyección en el mundo y a los vínculos con Europa y con Latinoamérica.

Quintana, que confesó que participó en la "toma de la decisión" de la actual Xunta de continuar con la CdC porque terminarla era "inevitable", confirmó que en la actual etapa se intenta "cambiar el capricho por la responsabilidad". Dijo "comprender" y "respetar" a los ciudadanos que desearían que el complejo del Gaiás "no existiese", pero justificó que el Ejecutivo tomase "una decisión responsable" de continuar con las obras porque "costaría prácticamente lo mismo" tirar con todo que terminarlo. El vicepresidente de la Xunta aseguró que en los dos últimos años se logró "abandonar el proyecto ideado al servicio de la mayor gloria del ex presidente -Manuel Fraga-, para ponerlo al servicio de la cultura nacional de Galicia". Reiteró en numerosas ocasiones que, frente a lo que quiere hacer creer el PP, el actual Gobierno gallego cuenta con un proyecto de contenidos para la CdC que está "definido y en ejecución", que identificó con el que presentó en el Parlamento gallego a finales de diciembre de 2006 la conselleira de Cultura, Ánxela Bugallo (BNG). No obstante, reconoció que este proyecto está "en evolución" y que está "abierto" a poder ser "enriquecido" con otras propuestas siempre y cuando éstas "encajen" en lo ya decidido y conlleven "la aportación de fondos". De hecho, desde el planteamiento realizado por Ánxela Bugallo hace prácticamente un año hasta el proyecto actual se han incorporado nuevos usos, como el Centro de Enlace Europa-Latinoamérica, surgido de un encuentro posterior entre los presidentes José Luis Rodríguez Zapatero y Emilio Pérez Touriño. Quintana reprochó al PP que intente trasladar a los gallegos la idea de que "no existe proyecto" porque constató que "les preocupa" que el actual Gobierno gallego "heredase un problema" y dispongan de "un proyecto definido y ejecutándose", referido no sólo a políticas culturales, sino también hacia el turismo y el I+D. Según dijo, los populares practican la estrategia de "o nosotros o el caos".

El vicepresidente insistió en que la CdC es "una realidad", cuyo proyecto cultural podrá verse en sus primeras realizaciones a partir de 2009 -año en el que se inaugurarán cuatro de los seis edificios-, pero confirmó que "todas las propuestas del Estado, de la UE y de Galicia serán escuchadas y tenidas en cuenta para enriquecer, no para cambiar el proyecto cultural", al tiempo que recordó que deben contar con financiación que permita su integración.

El portavoz del BNG, Carlos Aymerich, y su homólogo del PSdeG en la comisión, Xaquín Fernández Leiceaga, constataron la existencia de contenidos para el complejo y reconocieron la "reorientación" dada por el bipartito. El nacionalista advirtió de que "no se trata de un proyecto subsidiario", mientras que el parlamentario socialista manifestó que "nadie plantea que esto pueda ser un proyecto subsidiario" y apuntó que se definió un programa "desde aquí", pero que se intenta "utilizar todos los recursos para proyectar a Galicia hacia el exterior".

Por su parte, el portavoz del PPdeG en la comisión, Ignacio López Chaves, interpretó que con la intervención de hoy de Leiceaga (PSdeG), el presidente de la Xunta "quedó vendido por su partido" en relación a sus propuestas para el complejo del Gaiás y consideró que "parece que su mensaje -el de Quintana- se lo dirigió a Touriño". También aprovechó para corregir a Quintana sobre que en la CdC se va a hacer "lo dicho en diciembre de 2006 por la conselleira de Cultura", al puntualizar que los actuales contenidos son "distintos", ya que se cambiaron algunos de ubicación. Así, preguntó al vicepresidente sobre "quién va a decidir los contenidos", ya que recordó que Ánxela Bugallo "siempre está excluida cuando se habla de la Cidade da Cultura", en alusión a las reuniones de Touriño con Zapatero y con el ministro de Cultura, César Antonio Molina. Ante lo dicho por Quintana de que el PP es "el primer abanderado de la dinamita" para la Cidade da Cultura porque "para tapar su gestión desearía que no hubiese nada", el diputado popular pidió que retirase esta afirmación. No obstante, la presidenta de la comisión, Ana Pontón, y el propio vicepresidente consideraron que esta afirmación estaba enmarcada en un contexto diferente al que pretendía hacer ver el portavoz popular.

En esta sesión quedaron definidos los miembros de la Ponencia de la Comisión, en la que actuarán como titulares Carlos Aymerich (BNG), Xaquín Fernández Leiceaga (PSdeG) e Ignacio López Chaves (PPdeG). Por su parte, Xosé Ramón Paz Antón será el suplente de los nacionalistas; María Concepción Burgo la de los socialistas, y Manuel Ruiz Rivas será el suplente de los populares.

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Vicepresidencia de la Xunta de Galicia:

O Vicepresidente da Xunta, Anxo Quintana, detallou no Parlamento galego, na súa comparecencia na Comisión da Cidade da Cultura, o proxecto cultural que o departamento da conselleira nacionalista Ánxela Bugallo ten deseñado para a Cidade da Cultura. Quintana destacou que o complexo do Monte Gaiás é “un problema herdado” do anterior Goberno, pero deixou claro que os gobernantes teñen a responsabilidade de converter os problemas en oportunidades, e no caso da Cidade da Cultura explicou que isto pasa por “poñer a Cidade da Cultura ao servizo de Galiza como nación cultural”, ao servizo da nosa lingua e das manifestacións culturais e artísticas que nos son propias.

Por iso, o Vicepresidente deixou claro que dende o primeiro momento a Consellería de Cultura o que fixo ao respecto do complexo do Monte Gaiás foi “abandonar o proxecto ideado para maior gloria de anteriores gobernos e poñelo ao servizo da cultura nacional de Galiza”. “Esa é a oportunidade que debemos aproveitar, esa é a nosa obriga e a nosa responsabilidade”, acrecentou o vicepresidente.

Quintana sinalou ademais que a Cidade da Cultura ten que ser un instrumento fundamental do autogoberno galego para fortalecer, normalizar e darlle futuro á cultura galega. “Un espazo para a normalización e a democratización da cultura galega, facéndoa accesible a todos os galegos e as galegas pero tamén universalizándoa e proxectándoa cara ao exterior”, segundo dixo o vicepresidente, que colocou a Cidade da Cultura proxectada polo Goberno galego como “un innovador soporte para difundir a cultura de Galiza no mundo” e ademais como un “medio amplificador das políticas de apoio que o Goberno galego dirixe á creación artística e ás industrias culturais e da imaxinación galegas”.

Quintana non quixo afondar na herdanza envelenada recibida do anterior goberno do PPdeG neste proxecto, e asegurou que “non hai lugar nin razón para aplaudir as políticas de moviola empeñadas en convencernos de que o necesario é camiñar cara ao pasado”. Pola contra, o vicepresidente da Xunta deixou claro que “nós decidimos enfrontar responsablemente esa oportunidade de futuro”, que pasa por deseñar a Cidade da Cultura de Galiza coma un contenedor de institucións para a normalización da nosa cultura, un axente innovador para a promoción da creación artística e cultural, un espazo para a proxección exterior das nosas manifestacións culturais e unha plataforma de intercambio cultural mundial.

O vicepresidente insistiu na súa comparecencia en que a Cidade da Cultura “ten xa un novo proxecto cultural definido e rematado, pechado, ultimado e en fase de execución, e coas primeiras realizacións para o ano 2009”. Quintana sinalou que o Goberno galego está disposto a escoitar e aprender, e aberto a continuas actualizacións para o proxecto da Cidade dea Cultura, pero quixo deixar moi claro que “temos un proxecto cultural que xa explicou no Parlamento a conselleira Ánxela Bugallo en decembro de 2006 e que sen dúbida será o proxecto que se execute”. Ademais, Quintana asegurou que “sempre respectaremos e valoraremos todas as propostas” a respecto do Monte Gaiás, pero dixo con rotundidade que “para que estas sexan tidas en conta terán que cumprir dúas condicións básicas: a primeira que sexa unha idea integrada no proxecto e non un proxecto paralelo, e a segunda que teñan financiamento que permita a súa integración no proxecto de xeito eficaz e realista”.

Quintana afirmou ademais que a Cidade da Cultura “non é un proxecto subsidiario do Estado” senón que é “un proxecto da cultura galega, un medio da cultura nacional de Galiza para proxectarse no mundo”. Segundo expuxo o vicepresidente hoxe no Parlamento, o complexo do Monte Gaiás “non é unha illa cultural” arredada dos demais centros de xestión cultural de Galiza, “é un novo instrumento co que reforzar e dinamizar as redes xa existentes”. Quintana recoñeceu que isto non resolverá todos os problemas de normalización dinamización e proxección das creacións e produtos culturais de Galiza, pero “axudará a paliar as carencias e déficits que arrastramos historicamente” neste eido.

Ademais o vicepresidente asegurou que o investimento na Cidade da Cultura non irá en detrimento das políticas de apoio cultural que leva a cabo a Consellería de Cultura, senón que ben ao contrario “permitirá vertebrar a oferta de bens e servizos culturais, dalos a coñecer internacionalmente, e axudará a democratizar o seu acceso como un ben público ao alcance de todos os galegos e galegas”.

Na súa comparecencia, o vicepresidente da Xunta desgranou o determinante cambio radical de estratexia que o novo Goberno, e nomeadamente a Consellería de Cultura, lle ten imprimido a este proxecto. Un cambio de visión e de orientación que pasaba por sanear a xestión da Fundación Cidade da Cultura garantindo “unha política de transparencia e eficacia”, determinar o esforzo inversor neste proxecto fixado en 476 millóns de euros, a elaboración dun auténtico proxecto de usos e contidos culturais e sentar as bases do seu modelo de xestión, implicar ao sector cultural no proxecto e finalizar o proxecto arquitectónico adaptado a estes novos usos no ano 2012.

Neste senso, Quintana avogou porque a Comisión da Cidade da Cultura do Parlamento galego sirva para achegar transparencia respecto das actuacións dos gobernos galegos no deseño e desenvolvemento do complexo do Monte Gaiás, e ao mesmo tempo permita avaliar a pertinencia, eficacia e eficiencia das intervencións, para dirimir responsabilidades e facer rendición pública de contas e decisións. Pero Quintana dixo que esta Comisión deberá valer tamén para “construír un consenso parlamentario ao redor do papel estratéxico que a Cidade da Cultura debe cumprir para o fortalecemento, difusión e proxección de futuro da cultura galega, da nosa cultura nacional”. Por iso o vicepresidente quixo poñer a súa comparecencia ao servizo da construción deste consenso, que será, segundo dixo Quintana, “a clave para o éxito da grande empresa cultural que ten que dar sentido á Cidade da Cultura de Galiza”.

Ao referirse aos eixos do proxecto cultural, Quintana falou do Gaiás como instrumento para a normalización cultural. O vicepresidente sinalou que, mentres a maioría das nacións europeas crearon as institucións culturais propias ao longo do século XIX e puxeron en marcha as súas bibliotecas, arquivos e museos nacionais, Galiza non tivo esa oportunidade histórica. “Estas carencias constitúen un obstáculo para a normalización da nosa cultura, posto que estas institucións culturais cumpren unha función determinante: ser contenedores da memoria e da identidade dos pobos”.

Para Quintana, a Cidade da Cultura “brinda a oportunidade de saldar esa carencia histórica” e o complexo do monte Gaiás albergará a Biblioteca e o Arquivo Histórico de Galiza, o Museo da Historia e un Centro de Investigación sobre Patrimonio. Estes catro dispositivos culturais “son imprescindibles como soportes da conservación, coidado e normalización da nosa identidade cultural e serán ademais pezas fundamentais para a vertebración do sistema cultural galego xa que serán centros que actuarán en rede con outras institucións e centros culturais”.

Segundo dixo, a Biblioteca e Arquivo Nacional de Galiza conformarán o maior Centro Documental de Galiza, cabeceira para o sistema de arquivos e bibliotecas que xa existen. A Biblioteca Nacional de Galiza será unha biblioteca ao servizo do conxunto da cidadanía do país, pero tamén o centro coordinador do sistema bibliotecario galego para reunir, coidar e garantir o acceso público ao patrimonio bibliográfico do país. Pola súa parte, o Arquivo Nacional de Galiza ha de asumir unha función semellante no que toca ás políticas de selección, conservación, restauración e uso do patrimonio documental. As dúas institucións, asegurou o vicepresidente, “serán centros para sistematizar e preservar coidadosamente o noso patrimonio bibliográfico e documental, pero serán ademais centros de difusión para o seu coñecemento”.

Ademais, Quintana aludiu ao Centro de Investigación do Patrimonio que acollerá o Gaiás, e que contribuirá a reforzar os labores de conservación e protección que a Xunta de Galiza realiza respecto do patrimonio cultural galego. Trátase, segundo dixo, dun piar fundamental para o estudo, investigación aplicada e difusión dos nosos bens patrimoniais e para a conservación da nosa cultura popular.

Así mesmo, lembrou, Galiza contará na Cidade da Cultura coa súa propia institución da memoria, cun Museo e Observatorio da Historia, “un espazo cultural para a xeración de coñecemento e análise do noso pasado como pobo, pero tamén como espazo de reflexión sobre os retos de futuro da nosa identidade nacional en Europa e no mundo”.

Segundo expuxo Quintana, Biblioteca Nacional, Arquivo Nacional, Museo da Historia e Centro de Investigación do Patrimonio son o primeiro piar sobre o que se afianza o proxecto cultural da Cidade do monte Gaiás. “Galiza precisa destas catro institucións culturais para darlle solidez ao proceso de normalización cultural no que estamos comprometidos”, concluíu.

O segundo eixo que centra o proxecto cultural do Gaiás pasa, segundo Quintana, por poñer a Cidade da Cultura ao servizo da expansión das nosas capacidades creativas e, ao respecto, lembrou que Galiza “vive hoxe un terceiro rexurdimento cultural que se asenta na potencia creativa dos nosos artistas e na consistencia das nosas industrias culturais”. Neste senso, o Escenario Obradoiro idéase como soporte para a creación e expositor dos novos proxectos no ámbito das artes escénicas, musicais e audiovisuais.

Tamén sobre isto, falou do Museo dos Nenos e Nenas, un espazo lúdico e de aprendizaxe da creación artística e de novos valores, unha instalación cultural e educativa orientada a difusión das artes e os novos soportes de creación entre os máis novos.

Como terceiro eixo, Quintana dixo que a Cidade da Cultura debe asumir a misión “de visibilizar a potencia creativa do noso país”, e neste camiño será un viveiro de novos produtos culturais galegos de escala nacional, de calidade para ser exhibidos despois nos circuítos culturais mundiais. Segundo asegurou, a Cidade da Cultura garantirá as condicións materiais e creativas para facer realidade unha programación cultural estable susceptible despois de convertese nun produto cultural de presentación de Galiza no mundo. Nesta tarefa, o Escenario Obradoiro, en conexión con outros equipamentos culturais galegos, debe ter como cometido ser o soporte para a creación deses produtos culturais, achegando recursos e medios que permitan competir e presentarse en igualdade de condicións nos circuítos culturais internacionais.

Quintana explicou que as dificultades existentes para a difusión internacional dos nosos bens culturais non radican na súa calidade ou orixinalidade creativa, “senón nun problema de escala e na ausencia de infraestruturas que permitan coa súa conexión nos circuítos internacionais”. “Necesitamos dunha plataforma cultural de proxección mundial dos nosos produtos culturais, das nosas manifestacións artísticas, e a Cidade da Cultura debe atender ese baleiro e converterse nunha escala obrigada dos grandes circuítos culturais europeos e nunha lanzadeira dos nosos produtos cara a Europa e América”, engadiu.

Para Quintanta, a cultura galega non está condenada a ser unha cultura minorizada e periférica. Moi ao contrario, “a nosa cultura nacional forma parte cunha identidade singular de varios dos eixos de intercambio cultural máis importantes do mundo”, e citou dentro destes o Camiño de Santiago, a fachada atlántica europea, o dominio lingüístico galego-portugués e as outras Galizas da emigración. Así, como cuarto alicerce do proxecto cultural do Gaiás, o vicepresidente dixo que a Cidade da Cultura “está en condicións inmellorables para ser un centro de dinamización dos eixos culturais nos que se inscribe o país, converténdose nun espazo de encontro e intercambio multicultural”. O Centro de Arte Internacional, o Centro de Enlace Europa-Latinoamérica (como espazo galego de cooperación exterior para proxectos socioculturais) e o propio Escenario Obradoiro son equipamentos que acollerán programacións culturais que permitirán a activación deses eixos de relación cultural nos que Galiza ocupa un lugar preponderante, explicou.

O vicepresidente rematou a súa intervención lembrando que a Cidade da Cultura “non opera unicamente sobre a base do sistema cultural galego”, vaino facer tamén en conexión con centros xeradores de coñecemento (Universidades e Sistema Galego de I+D+i), vencellándose á estratexia de promoción turística de Galiza, creando un novo marco para o emprendemento cultural en relación directa coa empresas culturais como un activador de novas iniciativas e servizos, e relacionándose co tecido asociativo do noso país ao abeiro estratexias de animación sociocultural fóra do complexo do Monte Gaiás e de Compostela.

Quintana amosou o seu convencemento de que a Cidade achega novas oportunidades e asumiu o compromiso como vicepresidente da Xunta de aproveitalas para construír un novo marco de posibilidades para cultura de Galiza.
R.