Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

La exposición O triunfo da solidariedade recoge imágenes del archivo de Efe sobre el Prestige

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:

A Conselleira de Pesca e Asuntos Marítimos, Carmen Gallego Calvar, inaugurou no Centro Tecnolóxico do Mar-Fundación Cetmar a exposición fotográfica titulada O triunfo da solidariedade, que organiza a Axencia Efe-Galicia, en colaboración con Pesca e Medio Ambiente. Esta mostra coincide co quinto aniversario do afundimento do Prestige e ten como obxectivo homenaxear aos milleiros de voluntarios que se achegaron ás nosas costas para axudar na limpeza dos areais e cantís do chapapote derramado polo petroleiro.

O medio cento de fotografías que compoñen esta exposición forman parte do arquivo fotográfico da Axencia Efe e son só unha parte das case 3.000 imaxes que inmortalizaron os xornalistas gráficos durante os fatídicos días do accidente do “Prestige” e que deron a volta ao mundo. Os autores que asinan as instantáneas son 13 reporteiros de Efe-Galicia e doutras delegacións da axencia de noticias: Emilio Lavandeira jr, Xoán Álvarez Rey, José Manuel Torrecilla, Salvador Sas, David Castro, José Mauriz, Rosa Veiga, J.L. Cereijido, Alberto Estévez, Alberto Morante, Miguel Riopa, Esteban Cobo e Alfredo Aldai.

Deste xeito, a mostra que inaugurou esta tarde Carmen Gallego é unha homenaxe e un agradecemento aos máis de 300.000 mil voluntarios, cidadáns galegos e de todo o mundo, que se achegaron ás nosas costas para colaborar nas tarefas de limpeza do chapapote. Pero tamén pretende transmitir unha mensaxe optimista xa que non só se reflicte o desastre que supuxo o afundimento do “Prestige”, senón tamén como é posible superar as maiores traxedias coa unión entre as persoas, a vontade e o traballo conxunto.

Con motivo desta exposición editouse un catálogo que recolle todas as imaxes da mostra e conta cun prólogo dun dos fotógrafos autores de moitas das imaxes, Emilio Lavandeira jr, así como o testemuño conmovedor dunha voluntaria galega, esposa dun mariñeiro, que relata a súa vivencia persoal da catástrofe.

O triunfo da solidariedade está ubicada no Centro Tecnolóxico do Mar de Vigo (Rúa Eduardo Cabello, s/n – Bouzas) e permanece aberta a todo o público durante quince días. Pode visitarse de balde en horario de 09.00 a 21.00 horas, os días laborables, e de 10.00 a 14.00 horas, os fins de semana.
R.