Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

Impulso al cooperativismo: el Gobierno gallego destina más de 300.000 a subvenciones municipales para que apoyen a estas empresas

La Consellería de Traballo destina un total de 309.000 euros a subvenciones a los ayuntamientos para la realización de actividades de promoción del cooperativismo para el año 2008, según recoge la orden de convocatoria que publica el Diario Oficial de Galicia (DOG). Con la puesta en marcha de esta nueva convocatoria Traballo incrementa la cuantía de ayudas prevista para el próximo ejercicio, al pasar de los 70.000 euros de 2006 a los 309.000 euros disponibles en esta cuarta convocatoria, lo que supone un incremento del 341%.

Como novedad, la consellería apuntó el impulso a la incorporación de la mujer como socia de un proyecto cooperativo. Así, la convocatoria establece una puntuación adicional en el caso de que varios municipios o mancomunidades presenten proyectos que favorezcan la incorporación de mujeres como socias de cooperativas.

De este modo, según informó la consellería, tendiendo en cuenta que desde la primera convocatoria la orden incluye un creciente nivel de participación de los ayuntamientos, la Administración hace una "apuesta fuerte" con un incremento presupuestario "notable" en esta nueva orden, ya que las empresas cooperativas "dinamizan el empleo y el medio rural".

Traballo considera que la cooperativa "aporta un factor esencial a la calidad en el empleo", como es su localización en el entorno más inmediato de la persona, lo que "contribuye de manera trascendente a su integración, evitando la pérdida de referentes y el desenraizamiento". Con todo, el departamento que dirige Ricardo Varela pretende con esta orden potenciar a través de los ayuntamientos el conocimiento de la realidad cooperativa como "factor de calidad en la consecución de empleo en el ámbito local". Las personas interesadas en optar a esta línea de ayudas deberán presentar la correspondiente solicitud hasta mediados del mes de febrero de 2008.

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Consellería de Traballo de la Xunta de Galicia:

A Consellería de Traballo pública no Diario Oficial de Galicia a orde pola que se convocan as subvencións aos concellos para a realización de actividades de promoción do cooperativismo para o vindeiro ano 2008. Coa posta en marcha desta nova convocatoria, que xa constitúe a cuarta, a Consellería de Traballo fai un importante incremento orzamentario da contía de axudas previstas para o vindeiro exercicio. De feito, o importe das subvencións pasa dos 70.000 euros do ano 2006 aos 309.000 euros cos que se conta nesta nova edición, un incremento que porcentualmente ascende a un 341%.

Por iso, e tendo en conta que desde a primeira convocatoria a orde inclúe un crecente nivel de participación dos concellos, a Consellería fai unha aposta forte cun incremento orzamentario notable nesta nova orde, xa que as empresas cooperativas dinamizan o emprego e o medio rural.

Así mesmo, cómpre destacar como novidade o impulso á incorporación da muller como socia dun proxecto cooperativo. Así pois, a orde establece o outorgamento dunha puntuación adicional no caso de que varios concellos ou mancomunidades presenten proxectos que favorezan a incorporación de mulleres como socias de cooperativas.

A Consellería de Traballo desenvolve a súa xestión dende o convencemento de que a cooperativa aporta un factor esencial á calidade no emprego, como é a súa localización no contorno máis inmediato da persoa, o que contribúe de maneira transcendente á súa integración, evitando a perda de referentes e o desenraizamento.

En definitiva, con esta orde trátase de potenciar a través dos concellos o coñecemento da realidade cooperativa como factor de calidade na consecución de emprego no ámbito local.

A Consellería de Traballo quere estimular a realización de actividades de promoción do cooperativismo entre os concellos galegos, posto que é consciente das potencialidades da fórmula empresarial cooperativa para o desenvolvemento local e para a prestación de servizos de natureza social. Esta aposta tamén responde á necesidade de que o labor de divulgación e promoción se realice desde os ámbitos máis próximos aos cidadáns, e coa intención de que se aproveiten as sinerxías derivadas da cooperación entre as distintas administracións.

Nese senso, a través desta orde regularase o proceso de selección daquelas iniciativas que adecúen os seus proxectos aos obxectivos e liñas de actuación do Plan Estratéxico para o Cooperativismo. Tamén se terá en conta as accións encamiñadas a facilitar a posta en marcha de proxectos empresariais que ofrezan unha saída profesional aos desempregados, así como aquelas actividades innovadoras ou que pola súa singularidade acheguen novos enfoques e perspectivas ao cooperativismo.

As persoas interesadas en optar a esta liña de axudas deberán presentar a correspondente solicitude ata mediados do mes de febreiro do vindeiro ano.
R.