Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

La nueva Ley del Transporte Público pretende incrementar un 50% el uso de estos medios de desplazamiento

Entre las novedades de la nueva normativa destaca que a partir de ahora las ampliaciones significativas de suelo urbano y urbanizable, entre las que Caride citó los complejos sanitarios y los polígonos industriales o residenciales, "requerirán de la incorporación de un plan metropolitano de transporte público o de un plan coordinado de transporte".

Asimismo, la ley prevé la creación de consorcios metropolitanos de transporte, que se establecerán por acuerdo entre Xunta y Administración local y servirán para planificar, ordenar y coordinar las necesidades comunes en materia de transporte público de ayuntamientos próximos. El período de participación mínimo en los consorcios será de ocho años, "para dar estabilidad", y tendrán entre sus objetivos dotar a los servicios de transporte público de tarifas zonales y no penalizar el transbordo. Para la conselleira, representa "un impulso claro y decidido al transporte metropolitano" con el que se intenta "ofertar un servicio de calidad a coste reducido".

Otra de las cuestiones que destacó Caride es la creación de un ente de gestión de los ferrocarriles gallegos, una entidad de derecho público que desarrollará y aplicará la política autonómica en materia de infraestructuras de transporte ferroviario. La titular de Política Territorial recordó que Galicia tiene "todas las competencias" para crear este ente y avanzó que la Xunta analizará la posibilidad de solicitar la transferencia de nuevos servicios o la titularidad de tramos de vías.

Por su parte, el jefe del Ejecutivo gallego destacó en la presentación del anteproyecto de ley que "el fomento e impulso del transporte público es una prioridad" de su gobierno, tras lo cual consideró fundamental la nueva normativa porque Galicia "necesita de una modernización integral del sistema de transporte público". Touriño explicó que los objetivos básicos de la ley son potenciar el uso del transporte público, potenciar la movilidad en los ámbitos urbanos, mejorar la movilidad de los entornos rurales o de baja demanda, mejorar la calidad del servicio, favorecer el desarrollo del sector, incrementar la seguridad viaria y disminuir la contaminación y el consumo energético. "La gran apuesta de la ley es crear un transporte metropolitano", subrayó el presidente de la Xunta, que se mostró convencido de que la normativa también contribuirá a mejorar la seguridad vial. Además, aprovechó para hacer hincapié en que la partida destinada a transportes es una de las que mayores incrementos ha tenido en los presupuestos del Gobierno gallego.

En ese sentido, Caride apuntó que las políticas de transporte recibían cuatro millones de euros de la Xunta en 2005, mientras que en el presente ejercicio está previsto dedicarles más de 27 millones de euros. La conselleira explicó también que la ley servirá para adaptar a la legislación europea el sistema de concesiones de servicio de transporte público, que serán por concurso y por un período máximo de diez años, prorrogables por otros cinco años. Caride auguró que el proyecto "será muy bien recibido" por el sector, ya que es "el más interesado en desarrollar este tipo de políticas" para paliar el descenso de usuarios del transporte público, que contaba en Galicia con 40 millones de usuarios al año en los años 90 y que en 2005 se habían reducido a 28 millones.

A la hora de determinar las concesiones, el Ejecutivo gallego primará las condiciones de seguridad ofrecidas, especialmente en el transporte escolar y, así, Caride avanzó que estudian con las empresas habilitar "mecanismos que permitan la visualización completa del autobús por parte del conductor". También se fomentará la renovación del parque de vehículos y se potenciará la incorporación de aparatos de GPS para poder "dar información a los ciudadanos del tiempo que va a tardar el bus". Asimismo, la ley apuesta por el transporte adaptado para personas con movilidad reducida, por el transporte a la demanda, por el transporte zonal y por el de uso compartido, que ya funciona en proyectos como el 'TES+BUS'.

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:

A nova Lei de transporte público de Galicia vinculará por primeira vez o desenvolvemento urbanístico coa implantación de plans de transporte, mellorará a accesibilidade dos usuarios no rural e nas áreas metropolitanas das grandes cidades e suporá unha modernización da flota que conlevará un transporte público máis “fiable, seguro, eficiente e competitivo”. Así o destacou o presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, na presentación, xunto coa conselleira de Política Territorial, María José Caride, do anteproxecto de Lei de fomento do transporte público de viaxeiros de Galicia. “Esta é unha lei estratéxica para o noso Goberno, unha norma que mellorará a calidade de vida dos nosos cidadáns e a competitividade da economía do país”, asegurou.

O presidente galego salientou que a Lei harmoniza por primeira vez “distintas competencias” ao coordinar a planificación territorial e urbanística coa necesaria implantación de plans zonais ou metropolitanos de transporte, “imprescindibles cando crece de forma significativa o solo urbanizado”. Touriño engadiu que a norma persegue mellorar a mobilidade nos contornos urbanos e rurais. “Crear un auténtico transporte metropolitano é o gran obxectivo da Lei, na que tamén se mellora a mobilidade nos contornos rurais ou de baixa demanda de forma que se potencia a función vertebradora e de articulación do territorio do transporte público”, explicou o presidente galego quen engadiu que a norma suporá un importante desenvolvemento do sector e, tamén, a posta en marcha de novos instrumentos como os consorcios metropolitanos de transporte ou o Ente Xestor dos Ferrocarrís Galegos.

Durante a presentación da Lei, o máximo mandatario da Xunta remarcou que Galicia precisa da configuración “dun auténtico sistema de transporte público” do que agora mesmo non dispón e que os galegos demandan unha modernización do servizo que garanta un transporte “eficiente, confiable, seguro e para todos”. Pérez Touriño salientou que a mellora na oferta de transporte público é unha das prioridades do seu Goberno e que así o tiña manifestado tanto no Debate do estado da Autonomía coma no pacto de goberno e nos compromisos electorais. “Trátase dunha prioridade plasmada nos Orzamentos da Comunidade Autónoma xa que, nas contas deste ano 2008, é a política que rexistra un maior incremento cunha achega de máis de 27 millóns de euros”, destacou Pérez Touriño.

“O transporte público é a única alternativa real para minimizar os custos socioeconómicos do transporte privado e o seu impacto, as retencións e a contaminación. Temos que facilitar alternativas de transporte axeitado, ampliar e mellorar a oferta de rutas e de servizos”, destacou Pérez Touriño quen engadiu que a lei pretende establecer unha rede de transporte público “baixo os criterios de equidade social, equilibrio territorial, seguridade, atención ás persoas con mobilidade reducida é participación dos usuarios”.

O presidente galego cualificou esta lei de “imprescindible” e remarcou as “deficiencias graves” detectadas polo seu Goberno. “É necesario superar estas deficiencias nun transporte público que hoxe non é competitivo. É unha herdanza e así o temos que afrontar. Temos unha regulación obsoleta, que non serve, e que conlevou pérdida de calidade e de uso do transporte público”, concluíu.

Transporte a demanda, compartido e coordinación por zonas
Na súa intervención, a conselleira de Política Territorial explicou as medidas concretas previstas na Lei. Así, María José Caride adiantou que será necesaria a presentación de plans de transporte tras a construción de infraestruturas como urbanizacións, hospitais ou polígonos industriais e “non só, como ata agora, unha conexión xeral coa rede viaria”, e salientou o esforzo orzamentario do Goberno galego que adicará unha achega de máis de 27 millóns de euros ao fomento do transporte público en 2008 fronte aos 4 millóns investidos en 2005.

A conselleira relatou que a norma inclúe a consolidación de servizos como o transporte a demanda ou de uso compartido e que implica unha renovación da flota que suporá a incorporación das últimas medidas de seguridade, sobre todo no caso do transporte escolar. A Lei contempla, ademais, tal e como destacou María José Caride, a redución das concesións a 10 anos prorrogables por 5, unha medida que aumentará a competitividade do sector e a conexión entre diferentes tipos de transporte –tren, autobús, barco ou avión- ademais da accesibilidade aos aeroportos.

A conselleira explicou que as redes de transporte terán, a partir da aprobación desta Lei, unha concepción lineal que superará o concepto de conexión “de cidade a cidade” e que facilitará a accesibilidade dos usuarios. María José Caride engadiu que o transporte público zonal ofertará, tamén, unha “coordinación nas tarifas” que permitirá aos usuarios realizar transbordos sen necesidade de volver a pagar. “O obxectivo é ofertar un servizo de custe reducido, de calidade, con máis frecuencias e unha mesma imaxe corporativa que permita aos usuarios saber que un autobús vai pasar pola súa parada independentemente da compañía”, explicou.

María José Caride relatou que os consorcios metropolitanos de transporte estarán formados pola Xunta e os municipios afectados e que o Ente Xestor dos Ferrocarrís Galegos será coordinado desde a Consellería de Política Territorial. “A acollida no sector está sendo moi boa porque eles son os primeiros que queren recuperar usuarios”, ratificou Caride quen destacou que as previsións da súa Consellería é que o uso do transporte público aumente, nos primeiros anos de aplicación da norma, en máis dun 50%. “Nos anos 90, o transporte público tiña 40 millóns de usuarios que, en 2005, cando cambiou o Goberno, eran 28 millóns”, lembrou a conselleira.
R.