Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

El carnaval de Verín, en Ourense, se promociona en el mundo a través de un nuevo portal en Internet

Los habitantes de la localidad ourensana de Verín cuentan con un portal en Internet a través del cual el ayuntamiento difunde todo tipo de material audiovisual y multimedia para informar sobre la festividad y las actividades que se desarrollan en la localidad durante la celebración de su carnaval, declarado fiesta de interés turístico en Verín. Así lo manifestó el director xeral de Comunicación Audiovisual, Manuel José Fernández Iglesias, en la inauguración de la página web que se realizó a través de una videoconferencia desde su despacho en Santiago de Compostela, mientras que el alcalde de Verín, Juan Manuel Jiménez Morán, y la concejala de Cultura, María Corona Meixera Romasanta, se hallaban en el ayuntamiento ourensano.

En su intervención, Fernández Iglesias explicó que la web nace de la colaboración entre el Ayuntamiento de Verín y la Secretaría Xeral y permite difundir en Internet uno de los eventos etnográficos y culturales "más destacable" de Galicia. En este contexto, el secretario recordó que Verín dispone de un telecentro de comunicación acondicionado acústicamente y con material informático así como otros dispositivos tecnológicos para utilizar en diferentes eventos.

Esta iniciativa forma parte de un plan creado por la Xunta de instaurar una "plataforma avanzada" de gestión de portales. Para llevar a cabo esta propuesta, el departamento gallego cuenta con el Centro Multimedia de Galicia, encargado de alojar, gestionar la plataforma y realizar labores de mantenimiento. Las elaboración de los contenidos, según recalcó el secretario, responde a los usuarios.

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:

O director xeral de Comunicación Audiovisual, Manuel José Fernández Iglesias, inaugurou, a través de videoconferencia e desde o seu despacho de Santiago, un novo portal en internet dedicado ao Entroido de Verín, desenvolvido polo concello, en colaboración coa Secretaría Xeral de Comunicación, e a través do Centro Multimedia de Galicia, adscrito á Dirección Xeral de Comunicación Audiovisual. No acto participaron desde o concello ourensán o seu alcalde, Juan Manuel Jiménez Morán, a concelleira de Cultura, María Corona Meixera Romasanta, e os técnicos encargados do desenvolvemento e difusión dos contidos.

Na súa intervención dende Santiago, Fernández Iglesias explicou que esta colaboración entre o concello de Verín e a Secretaría Xeral permite difundir en Internet un dos eventos etnográficos e culturais máis salientables de Galicia utilizando tecnoloxías da rede de primeiro nivel. A Dirección Xeral de Comunicación Audiovisual proporciona o aloxamento do portal nos servidores do Centro Multimedia de Galicia, e colabora no mantemento técnico do mesmo.

Esta colaboración súmase a outras actividades desenvolvidas conxuntamente como a participación no programa Cidades Dixitais, a integración de Verín na Rede de Telecentros de Comunicación, ou a participación do concello no programa formativo do Centro Multimedia de Galicia no eido audiovisual e multimedia.

O novo portal intégrase nunha plataforma avanzada de xestión de portais despregada pola Secretaría Xeral de Comunicación a través do Centro Multimedia de Galicia. Esta plataforma dá acubillo a outras iniciativas, como os portais das cidades dixitais de Redondela e o propio Verín. O Centro Multimedia aloxa e xestiona a plataforma, e facilita programas de formación para que os propios usuarios poidan crear e manter os contidos dos portais desenvolvidos sobre a mesma.

Verín dispón dun telecentro de comunicación da Rede despregada pola Secretaría Xeral de Comunicación. Trátase dun espazo acondicionado acusticamente e que dispón de material informático (ordenadores, impresoras, etc), equipo de videoconferencia, material audiovisual, pantallas de proxección e de plasma, así como outros sistemas de control que permiten recrear diferentes escenarios (accións formativas, videoconferencias, visionado de audiovisuais, multimedia, etc), dependendo das necesidades técnicas do evento que se queira desenvolver.

Fernández Iglesias aproveitou a súa intervención para subliñar que os telecentros non son puntos illados, senón que “forman parte dunha rede que contribúe a facer comunidade dándolle un papel protagonista aos habitantes dos concellos e introducíndoos de cheo no mundo das novas tecnoloxías”.

O director xeral de Comunicación Audiovisual rematou a súa intervención felicitando aos técnicos que fixeron posible esta iniciativa, tanto no Concello de Verín como no Centro Multimedia de Galicia.
R.