Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

Pacto para reducir a la mitad los altos cargos de libre designación en la Xunta de Galicia

Los puestos públicos de libre designación se reducirán a menos de la mitad de los actuales, más de 1.300, con la aplicación de los criterios de determinación de este tipo de cargos acordados hoy entre los sindicatos y la Xunta. El conselleiro de Presidencia, José Luis Méndez Romeu, detalló en rueda de prensa que seguirán siendo designados de forma directa los puestos de «especial responsabilidad» por gestionar información reservada, representar a la Xunta, garantizar el ejercicio de autoridad administrativa o tomar decisiones que limiten derechos de los ciudadanos en situaciones de alerta o emergencia.

Según estos criterios, que ordenan este ámbito de la función pública en el que no existía hasta ahora regulación, seguirán siendo de libre designación aquellos cargos que deban garantizar la protección de datos personales y los de carácter directivo. Méndez Romeu informó de que los puestos que a partir de ahora dejarán de ser cubiertos por libre designación pasarán a adjudicarse por procedimiento ordinario, mediante concurso de traslado.

El conselleiro de Presidencia agregó que, paralelamente, la administración puso en marcha el procedimiento de «consolidación» de «un importante contingente» de personal en puestos temporales que llevaban años en la misma situación y adelantó que la oferta pública de empleo de este año será publicada en el primer trimestre. Méndez Romeu manifestó su «satisfacción» por los acuerdos «puntuales pero importantes» con los sindicatos a los que la Xunta ha llegado en «materias estratégicas», como es la libre designación. Recordó también que el Gobierno gallego creó un grupo de trabajo de expertos para redactar la nueva ley de la Función Pública, que estará lista para su debate los próximos meses de mayo o junio.

Por su parte, los tres sindicatos que suscribieron el acuerdo -CCOO, UGT y CIG- consideraron que los criterios, que regulan el desarrollo del artículo 28 de la ley de Función Pública, no son todo lo «ambiciosos» que deseaban pese a evaluarlos de forma positiva.

El secretario general de la Federación de Administraciones Públicas de CCOO, Carlos Pardo, afirmó que la pretensión del sindicato es que la función pública «desaparezca» porque «es una trampa» que exista un tercer colectivo cuyo cargo dependa de su carrera profesional y tenga también carácter político.

El responsable de Servicios Públicos de UGT, Xosé Vázquez, subrayó que estos criterios impedirán que los trabajadores estén «sujetos a los vaivenes políticos» y «rompe» con el pasado, ya que los diferentes Gobiernos de la Xunta «fueron incrementando» la libre designación de forma «poco objetiva».

Por su parte, el secretario nacional de la Federación de la Administración Pública de la CIG, Xosé Carlos Crespo, aseguró que una reducción mayor de los puestos cubiertos por libre designación «es posible» e indicó que la administración estatal «no es tan restrictiva» en este sentido.

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza de la Xunta de Galicia:

O conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, José Luis Méndez Romeu, asinou un acordo con representantes das organizacións sindicais CIG, CCOO, e UGT polo que se fixan os criterios de excepcionalidade para cubrir os postos de traballo cualificados de libre designación. Segundo o titular de Presidencia o acordo subscrito hoxe suporá unha “redución drástica” do número de funcionarios que acceden a un posto pola vía da libre designación en lugar de mediante concurso. Así os actuais 1300 postos aos que se accede por libre designación reduciranse a “máis da metade”, engadiu.

Pola parte da CIG, asinou o acordo Xose Carlos Crespo Santiago, Secretario Nacional da Federación de Administración Pública; pola parte de CCOO, Carlos Pardo Pardo, Secretario Xeral da Federación de Servizos e Administracións Públicas de CCOO Galicia, e pola banda de UGT, Jose Manuel Vázquez Riveira, Secretario Xeral de Federación de Servizos Públicos de UGT Galicia.

No artigo 28 da Lei de Función Pública 13/2007, especifícase que soamente se poderán cubrir polo sistema de libre designación con convocatoria pública entre persoal funcionario os postos de traballo de subdirectora ou subdirector xeral, as secretarías de altos cargos así como aqueloutros de carácter directivo ou de especial responsabilidade para os cales, excepcionalmente, así se determine nas relacións de postos de traballo.

Co acordo asinado, concrétanse estes criterios de excepcionalidade que permitirán a cobertura polo sistema de libre designación para os postos que impliquen especial responsabilidade por xestionar información especialmente reservada da Xunta de Galicia, os de especial responsabilidade por exercer a representación institucional da Xunta, os de especial responsabilidade por garantir o adecuado exercicio de autoridade administrativa, os que necesitan garantir unha adecuada toma de decisións que supoñen a limitación de dereitos da cidadanía en situacións de alerta sanitaria ou emerxencia, os de especial responsabilidade por garantir a protección dos datos persoais ou os de carácter directivo (xúntase ao remate da nota unha listaxe dos criterios concretos de excepcionalidade).

En base a estes criterios revisaranse as catorce relacións de postos de traballo existentes, posteriormente deberán ser aprobadas pola Comisión de persoal e ser aprobadas polo consello da Xunta de Galicia. A partir dese momento os postos que eran de libre designación, pasarán a ter un acceso por concurso de traslados.

Segundo Méndez Romeu, o acordo suporá unha “innovación no Estado” e un “paso adiante moi importante”, ao permitir establecer procedementos regrados para determinadas excepcións, procedementos pactados e ademais procedementos baseados en consideracións obxectivas das necesidades derivadas da organización.

Así mesmo, o titular de Presidencia amosou “a satisfacción do Goberno galego por poder ter sempre un nivel de acordos, puntual pero importantes, coas organizacións sindicais en materias que consideramos estratéxicas para o funcionamento da institución”. Isto permite, segundo Romeu, a garantía cara unha administración “máis eficiente, máis moderna e máis competitiva”.

Así mesmo, Méndez Romeu anunciou que o Goberno galego aprobará a oferta de emprego público deste ano no primeiro trimestre, tanto nos postos de libre acceso como nos de promoción interna, cumprindo deste xeito o mandato previsto. Tamén apostou porque se poda levar adiante a negociación do convenio colectivo.

Doutra banda, Méndez Romeu referiuse á futura Lei de Función Pública e asegurou que se creou un grupo de traballo de expertos para redactar a futura Lei, o cal proporcionará “un conxunto de elementos de análise que permita poñer a debate un texto moi ambicioso aproximadamente a mediados dos meses de maio e xuño do presente ano e que permita facer unha lei que realmente estea á altura das necesidades da primeira década do século XXI.”

A preguntas dos xornalistas sobre as solicitudes rexistradas para o cobro do plus de altos cargos o conselleiro de Presidencia puntualizou que, fronte ás “informacións alarmistas” dalgúns medios de comunicación nas que falaban de milleiros de posibles beneficiarios, o balance dos seis primeiros seis meses da entrada en vigor desta lei reflicte que tan só foron presentadas cen solicitudes, das cales setenta e seis foron admitidas e vintecatro rexeitadas por non cumprir co establecido na lei.

Criterios establecidos para o desenvolvemento do artigo 28 da Lei de Función Pública de Galicia

Criterio 1. Especial responsabilidade por xestionar información especialmente reservada da Xunta de Galicia.
1.1. Responsabilidade directa dos rexistros ou arquivos que conteñan información sobre algún dos ámbitos relacionados a continuación:
1.1.1. Seguridade patrimonial ou das persoas.
1.1.2. Actividades do presidente e vicepresidente da Xunta.
1.1.3. Actuacións en materia de protocolo, cerimonial e relacións públicas da Presidencia e Vicepresidencia da Xunta.
1.1.4. Información estratéxica para a toma de decisión do presidente e vicepresidente da Xunta.
1.2. Asesoramento e dependencia directa dun alto cargo.
1.3. Persoal responsable da custodia e xestión do rexistro de incompatibilidades de altos cargos da Xunta de Galicia.

Criterio 2. Especial responsabilidade por exercer a representación institucional da Xunta de Galicia.
2.1. Substitución dun alto cargo nos supostos de vacante, ausencia ou enfermidade deste, sempre e cando non exista un cargo intermedio.
2.2. Substitución da representación institucional da Xunta de Galicia en centros dependentes da mesma, fóra do ámbito territorial da Comunidade Autónoma.

Criterio 3. Especial responsabilidade por garantir o adecuado exercicio de autoridade administrativa da Xunta de Galicia.

3.1. A coordinación ou dirección da inspección, nun determinado ámbito administrativo, sempre que non exista un posto xerárquico superior dos comprendidos nas relacións de postos de traballo.

Criterio 4. Especial responsabilidade por garantir unha adecuada toma de decisións que supoñen a limitación de dereitos da cidadanía en situacións de alerta sanitaria ou emerxencia.

4.1. A coordinación ou dirección de funcionarios que como titular dun posto exerce sobre as decisións do persoal ao seu cargo e que teñen a capacidade de tomar decisións que supoñan a limitación de dereitos de propiedade, de libre circulación e residencia de persoas, ou outros dereitos individuais en situacións de emerxencia.
4.2. A toma de decisión tanto sobre a posta en marcha dunha alerta sanitaria como sobre as accións incluídas nela, no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia.

Criterio 5. Especial responsabilidade por garantir a protección dos datos persoais.

5.1. Responsabilidade directa sobre os sistemas de protección de datos persoais de nivel medio segundo a clasificación establecida na Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal.

Criterio 6. Carácter directivo.

6.1. Responsable dun Centro, sempre que se trate dun centro dependente da Xunta de Galicia no que estean internadas persoas en situación de dependencia, menores en formación ou menores tutelados pola Administración autonómica.
6.2. Responsable dun Centro de Investigación e Innovación dependente da Xunta de Galicia, no que se desenvolvan proxectos que poidan supoñer unha vantaxe competitiva para Galicia.
6.3. Responsable dun Centro de formación profesional integrado de titularidade pública.

Segundo expón o acordo asinado, o obxecto de adecuar o baremo actualmente vixente á natureza e características dos postos a cubrir por concurso, a Administración, no prazo de seis meses a contar dende a data de sinatura do acordo, proporá aos sindicatos un borrador co baremo específico aplicable á provisión destes postos.

Ademais, coa finalidade de evitar unha mobilidade contraria ao interese público, unha vez aprobado o baremo coas modificacións necesarias a Administración convocará o oportuno concurso de traslados incluíndo a totalidade das prazas vacantes.

En dous concursos posteriores a administración incluirá a totalidade dos postos de traballo que muden a esta forma de provisión.

Por outra banda, tamén derivada de este Acordo, se crea unha Comisión técnica de Seguimento, nomeada polo titular da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, que terá por obxecto, de ser o caso, propoñer ao titular da Dirección Xeral da Función Pública, a revisión dos criterios de determinación dos postos de libre designación establecidos neste acordo.
R.