Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

Acuerdo para prorrogar las instalaciones del sector pesquero ubicadas en concesiones de dominio público del litoral gallego

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos de la Xunta de Galicia:

A Conselleira de Pesca e Asuntos Marítimos, Carmen Gallego Calvar, e o director general de Costas do Ministerio de Medio Ambiente, José Fernández Pérez, informaron en San Caetano que as empresas que teñan as súas instalacións en dominio público marítimo-terrestre, e con concesións caducadas ou a piques de caducar, poderán prorrogar a súa concesión por un tempo limitado ata que poidan reubicar a súa actividade con éxito.

Deste xeito, a Dirección General de Costas do Ministerio de Medio Ambiente outorgará unha única concesión temporal, de sete anos de duración, co fin de que as empresas afectadas poidan realizar con éxito o traslado da súa actividade económica. Esta concesión non poderá ser renovada agás no caso de que se produzan certas circunstancias extraordinarias que obriguen á renovación automática por sete anos máis, e ata un máximo de 28. Estas situacións poderían darse por que a empresa ao remate desta concesión temporal non tivese alcanzado a situación de traslado efectivo e completo por cuestións alleas á mesma ou para evitar posibles agravios comparativos entre as empresas.

O Ministerio de Medio Ambiente ten establecido unha nova política respecto ás concesións de ocupación de dominio público consistente en non renovar as concesións actuais ao seu vencemento a aquelas instalacións ubicadas en terreos de titularidade estatal. Con esta nova política preténdese que o espazo de dominio público sexa liberado e dar cumprimento á Ley de Costas.

A raíz desta situación, a Consellería de Pesca e a Dirección General de Costas, conscientes da relevancia socioeconómica para Galicia da actividade levada a cabo no litoral, puxeron en marcha unha comisión de traballo, dende principios do ano 2007, co fin de negociar e buscar solucións alternativas para cada unha das empresas galegas ubicadas en concesións administrativas, realizando un estudo pormenorizado da situación concreta que afecta a cada caso.

Neste senso, o acordo presentado ten por obxectivo que as compañías poidan contar cun tempo mínimo para poder trasladar a súa actividade cun prexuízo económico mínimo. Así mesmo, en virtude desta decisión de conformidade entre ambas as dúas administracións, o traslado da actividade considerarase como efectivo cando as novas instalacións teñan probado o seu éxito tras un ciclo completo de funcionamento. Cabe destacar tamén que os gastos que se deriven da restauración ambiental da zona (demolición, acondicionamento do terreo e retirada de materiais e escombros) correrán a cargo da Dirección General de Costas.

De tódolos xeitos, o Ministerio de Medio Ambiente garante que se permitirá a ocupación do dominio público para aquelas instalacións de captación, canalización e emisarios das empresas xa situadas fóra de terreos de titularidade estatal.
R.