Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

Diez tramos y 115 kilómetros conforman el recorrido del XXX Rallye San Froilán

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Vicepresidencia de la Diputación Provincial de Lugo:

O Vicepresidente da Deputación, o nacionalista Antón Bao, participou na presentación da 30ª edición do Rallye San Froilán. A presentación celebrouse nos xardíns da fachada principal do Pazo de San Marcos. Estiveron presentes, ademais do Vicepresidente da Deputación de Lugo, o nacionalista Antón Bao Abelleira o Presidente da Escuderia Miño, Carlos Iñiguez Álvarez, o Subdelegado do Goberno en Lugo, Jesus Otero, o Alcalde de Outeiro de Rei, Xosé Pardo Lombao, o Alcalde de Láncara. Dario Piñeiro, o Alcalde de Guntín, Jesus Carreira, o Alcalde de O Corgo, Jose Antonio Ferreiro, o Alcalde de Begonte, Jose A. Vazquez Garcia, o Concelleiro de Deportes do Concello de Lugo, Xosé Manuel Grandio, o Tenente Coronel Guarda Civil da Comandancia de Lugo, José Ramón Garcia Lora, o Comisario Xefe da UCOP, Manuel Teijeiro Sansande, o Delegado Provincial da Consellería de Industria, Ramón Cortés, o Delegado Provincial da Consellería de Cultura e Deporte, Xoan Xose Molina, a Vicepresidenta Escudería Miño, Maite Vilanova, o Xerente do Centro Comercial das Termas, Francisco Lombao, e o Xerente do Pazo Ferias e Exposicións, Rubén López.

O vicepresidente da Deputación sinalou, durante a súa intervención, o compromiso da vicepresidencia da Deputación por apoiar este tipo de competicións deportivas que están inequivocamente vencelladas á comarca de Lugo despois de 30 anos de historia. O Vicepresidente informou de que “dende a miña responsabilidade como vicepresidente da Deputación e, concretamente, dende a Área de Deportes imos a apoiar todas aquelas actividades e competicións que se organicen comarcalizadamente, optimizando os recursos existentes e facendo coparticipes aos concellos e aos axentes sociais e económicos da zona”, con estas palabras Antón Bao incidiu na necesidade de implicar a diferentes administracións á hora de organizar probas deste tipo que conlevan un orzamento significativo e unha elevada complexidade organizativa.

Esta 30ª edición do Rallye San Froilán contará co apoio das institucións patrocinadoras que son a Área de Deportes da Deputación de Lugo e a Consellería de Cultura e Deporte, a través da Dirección Xeral para o Deporte, a fundación Deporte Galego e o Concello de Lugo e a Federación Galega de Automobilismo. Ademais esta proba conta coa colaboración do Xacobeo, de diversas empresas e dos concellos polos que transcurre a proba que son: O Corgo, Outeiro de Rei, Láncara, Begonte e Guntín.

O venres, día 5, comezarán as verificacións técnicas e administrativas no Pazo de Feiras e Exposición onde se reunirán os vehículos no parque pechado. O sábado, día 2, terá lugar a competición propiamente dita coa saída dos participantes dende as 08:00 horas. A proba finalizará coa entrega dos trofeos ás 02:30 do día 7 de setembro. A proba contará con 10 tramos de velocidade e máis de 115 km de competición, e discurrira polos seguintes concellos: Lugo, Guntín, O Corgo, Begonte, Outeiro de Rei e Láncara. Para esta edición hai un total de 110 inscritos.

PROGRAMA
02/09/08 09.00 PUBLICACIÓN LISTA DE INSCRITOS ESCUDERÍA MIÑO - LUGO

Fotografías: Carlos Rodríguez Arias.
05/09/08
15,30-19,30 VERIFICACIONS ADMINISTRATIVAS
RECINTO FERIAL
EL PALOMAR S/N
15,30-16,30 Números 1 a 38
16,30-17,30 Números 39 a 76
17,30-18,30 Números 77 a 115
18,30-19,30 Números 116 a 150
05/09/08
16-20 VERIFICACIONS TECNICAS
RECINTO FERIAL
EL PALOMAR S/N
16-17 Números 1 a 38
17-18 Números 39 a 76
18-19 Números 77 a 115
19-20 Números 116 a 150
18-20 PRECINTAXE DE TURBOS
21:00 Hora límite presentación vehículos no parque pechado. Parque Pechado
C.C. As Termas
24:00 Publicación lista autorizados a tomar a saída. Taboleiro oficial

06/09/08
08:00 Saída 1er participante 1ª SECCION Parque Pechado
C.C. As Termas
11:29 Chegada 1er participante 1ª SECCION Parque Reagrupamento
11:59 Saída 1 Outeiro de Rei er participante 2ª SECCION
15:23 Chegada 1er participante 2ª SECCION Parque Pechado
17:30 Saída 1 C.C. As Termas er participante 3ª SECCION
19:46 Chegada 1er participante 3ª SECCION Parque Reagrupamento
20:16 Saída 1 Outeiro de Rei er participante 4ª SECCION
23:07 Chegada 1er participante 4ª SECCION Parque Pechado
C.C. As Termas
23:30 VERIFICACIÓN FINAL E DE OFICIO

07/09/08
02:00 PUBLICACIÓN RESULTADOS Taboleiro oficial
02:30 ENTREGA DE TROFEOS C.C. As Termas
R.