Presupuestos 2010: la Consellería de Mar refuerza sus cuentas un 7% y la oposición dice que los recursos caerán un 10%

En su intervención, la conselleira defendió que los recursos aumentarán un 7 por ciento respecto al pasado ejercicio, un incremento que atribuyó a la "aportación" de Portos de Galicia, entidad que en la pasada legislatura dependía de la Consellería de Política Territorial y en la presente pasa a estar vinculada a Mar. En esta línea, subrayó la eliminación de los gastos "superfluos", como -señaló- la creación de una agencia de desarrollo pesquero -en la que se prevía invertir 546.000 euros-, que, conllevaron, según afirmó, un ahorro del 20 por ciento en cuanto a gastos corrientes. Quintana apuntó a la transformación y comercialización de los productos pesqueros y marisqueros, las ayudas a las flotas de altura y gran altura, así como la potenciación de la acuicultura como principales ejes de su departamento, a los que se destinarán más de 81 millones de euros -37 por ciento del total de fondos-.
Sin embargo, PSdeG y BNG aseguraron que los recursos de la Administración pesquera gallega descenderán en 20,6 millones de euros el próximo año y acusaron a Quintana de no trasladar al Parlamento los datos contenidos en los presupuestos de la Xunta para 2010, al sostener que la Consellería gestionará 213 millones y no 221,7. "Hay menos dinero y no por ahorro de gastos corrientes", replicó el portavoz de Pesca del BNG, Bieito Lobeira, que tachó de "falsa" la "tesis de austeridad" de las cuentas defendida por Quintana y cuestionó al equipo de Mar su forma de invertir los recursos. "Casi la mitad de los presupuestos de la Consellería do Mar van dirigidos a desmantelar el sector", consideró en referencia a las partidas orientadas al desguace de buques y a la acuicultura industrial.
Su homóloga del PSdeG, Marisol Soneira, se remitió a las palabras del representante del PPdeG, José Manuel Balseiro, cuando evaluó los presupuestos de la Consellería de Pesca el año pasado y consideró que la asignación económica en términos de dotación presupuestaria de Mar es "residual, insignificante y minúscula". "En peso relativo su consellería sumado con Portos de Galicia desciende una décima", afirmó en alusión a las declaraciones de la conselleira de Facenda, Marta Fernández Currás. "Sabíamos que tienen un programa oculto lo que no sabíamos es que tenían una contabilidad oculta", reprochó, tras precisar que las cuentas del próximo ejercicio registran una caída del 8,8 por ciento de la inversión real.
A este respecto, Quintana comprometió el trabajo de su departamento para ejecutar la totalidad de los fondos, tras recordar que la proporción de recursos invertidos en 2008 fue del 46,6 por ciento, del 45,4 por ciento en 2007 y 58,3 por ciento en 2006. "No estoy satisfecha al 100 por cien de los presupuestos que pueda traer aquí porque todo lo que pueda hacer por el mar es poco", aseguró.
No obstante, PSdeG y BNG insistieron al señalar que se incrementan "levemente" los gastos de personal, una cuestión que la conselleira atribuyó al fortalecimiento administrativo de su departamento, en el que se "recuperaron", como indicó, tres subdirecciones generales y tres servicios de los que desaparecieron en 2005.
Por su parte, el representante del PPdeG cuestionó las críticas de la oposición, a la que responsabilizó de dejar al sector pesquero gallego "al borde de la ruina". Así, acusó a PSdeG y BNG de "mentir" y "hacer demagogia" en cuestiones como el desguace de buques, al señalar que el bipartito pretendía paralizar de forma definitiva 93 buques hasta 2010 frente a los 37 del actual Gobierno.
El debate generado en torno al apoyo de la Xunta al sector mitícola -productor de mejillón- a través de sus cuentas para 2010, que fue cuestionado por la oposición, llevó a la conselleira do Mar a anunciar que ha mantenido negociaciones con el Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) a fin de que "se financie preferentemente" a las industrias conserveras "que trabajen con mejillón gallego". Así lo afirmó en respuesta al portavoz nacionalista, quien apuntó el riesgo de que en la presenta campaña "se pierda producción", dado que la industria conservera no la está "absorbiendo" y sí, señaló, recurre a las importaciones, de las que aseguró que son "consecuencia de una política nada inocente de hace años". La titular da la Consellería do Mar también defendió que su departamento realizará inversiones en materia de infraestructuras y de mejora de las embarcaciones auxiliares que emplean los productores de mejillón, así como de la diferenciación del molusco bivalvo gallego en el mercado. Quintana negó que "nadie" de su equipo sienta "animadversión" hacia el consello regulador de la denominación de origen Mexillón de Galicia, tal y como aseguró Soneira (PSdeG). "Hemos hablado con todo el mundo", afirmó, para justificar que se haya encargado una auditoría de las cuentas del ente certificador ante la "falta de documentación" sobre dos convenios que concluirán el 31 de diciembre.
La diputada socialista vinculó el incremento de las importaciones de mejillón desconchado que realizan las conserveras a las acciones de "descrédito" de la producción propia. En esta línea, acusó a Quintana de generar "un problema" en torno a los niveles de biotoxina y los métodos de análisis, al sostener que sólo esta segunda cuestión está siendo debatida en la Unión Europea. La conselleira advirtió de que si la Comisión Europea da luz verde a una modificación de la actual metodología de detección de las biotoxinas presentes en los moluscos bivalvos "después irán los niveles".
Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Consellería do Mar de la Xunta de Galicia:
O orzamento da Consellería do Mar para o 2010 incrementarase nun 7% fronte ao exercicio anterior e acada os 221,7 millóns de euros. Así o espuxo a conselleira de Mar, Rosa Quintana, que compareceu na Comisión 3ª de Economía, Facenda e Orzamentos do Parlamento de Galicia para explicar os orzamentos do seu departamento cara ao ano 2010.
Rosa Quintana recalcou a importancia da suba do 7% nun contexto de crise xeralizada e explicou que esta suba, que “é o resultado de conxugar unha rebaixa do 20% en gastos correntes e a incorporación e integración administrativa das competencias marítimo – pesqueiras” e demostra o compromiso do Goberno da Xunta por potenciar un dos principais sectores económicos do tecido productivo galego: o da pesca.
Segundo explicou a conselleira esta contía, que “xorde do esforzo e da coordinación” ten coma obxectivos reforzar o sector naquelas potencialidades e fortalezas que teña, reordenar aqueles aspectos que axuden a definir liñas de futuro e garantir a competitividade nos mercados.
Mar fará, a través dos orzamentos que manexa, especial fincapé en potenciar a pesca artesanal e marisqueo e a industria e a comercialización, á par que contempla unha elevada inversión en materia de salvamento e seguridade das xentes do mar.
Un dos grandes retos da Consellería do Mar é acadar un sector altamente competitivo, polo que a meirande parte dos orzamentos irán destinados a accións en materia de comercialización e transformación dos produtos do mar. Rosa Quintana explicou que se destinarán máis de 81 millóns de euros ás axudas á pesca de altura e gran altura e á potenciación da acuicultura e a comercialización. Esta partida supón o 37% da cantidade total de fondos dos que o departamento de Rosa Quintana disporá para o vindeiro ano, o que pon de manifesto a súa aposta por adecuar, modernizar e avanzar na competitividade e innovación da acuicultura e da industria derivada do mar.
Respecto da flota de altura e gran altura, a conselleira do Mar lembrou o importante esforzo orzamentario que será executado mediante dous eixes de traballo, un centrado nas paradas da flota, ben sexan temporais -aos que se destinará 1,1 millóns de euros- ou definitivas, que recibirán 12,6 millóns de achegas ás empresas e 10,9 millóns a medidas socioeconómicas. Pola súa banda, o outro eixe desta aposta irá destinado a apoiar a mellora da flota, mediante a adecuación das artes ou das condicións das embarcacións, e nas que se investirán 2,1 millóns de euros.
A partida orzamentaria para a acuicultura ascende a 13,1 millóns de euros, dos cales 10 irán destinados a achegas de apoio ao asentamento e desenvolvemento de plantas acuícolas; 2,1 millóns á formación nesta materia a través do IGAFA e 1 millón a accións de I+D+i. A conselleira do Mar apuntou a firme aposta da Xunta por este sector estratéxico que considera “unha fonte de riqueza e emprego”.
A comercialización e a transformación son dous aspectos que se potenciarán de forma fundamental ao longo do próximo ano. Por iso, Mar achegará 42,4 millóns de euros “de cara a avanzar neste eido para obter maior valor engadido e potenciar a competitividade da cadea mar – industria”. Desta contía, máis de 34,4 millóns de euros suporán achegas ás empresas para mellorar e avanzar na definición de estructuras de comercialización “que leven a ser competitivos no procesado e na loxística”.
Segundo explicou a conselleira, “os orzamentos deste ano en materia de pesca artesanal e marisqueo están sustentados nun triple equilibrio: social, económico e ambiental”.
Os orzamentos da Consellería neste eido destacan polo forte apoio dado a materia social, ascendendo os fondos deste piar a 41,2 millóns de euros. Así, unha das prioridades de Mar pasa por potenciar a ordenación do sector, o que se reflicte nunha partida de 800.000 euros para contribuír á cooperación, funcionamento e desenvolvemento das confrarías. No que atinxe á formación naútico-pesqueira serán destinados máis de 3 millóns de euros que inclúen o plan integral de formación, a promoción de ensinanzas, o apoio á formación e a adecuación dos coñecementos dos profesionais do mar. Dentro deste campo, a conselleira incidiu na importancia de investir no capital humano de cara a mellorar a calidade de vida da xente do mar. Deste xeito, destinaranse 3 millóns de euros en apoio á cotización de seguros sociais que garantan as prestacións por xubilación para mariscadoras e aos seguros de mal tempo e de accidentes. Ademais Rosa Quintana contempla 10,9 millóns de euros para medidas socioeconómicas derivadas do abandono da actividade pesqueira e que serán destinadas a prexubilacións, impulso de novas actividades ou mellora da capacitación profesional
No eido económico, a Consellería do Mar fomentará a continuidade da ordenación produtiva con 13,4 millóns de euros. O departamento de Rosa Quintana procurará a adecuación entre a explotación económica e o estado dos recursos contemplando unha partida de 6,3 millóns de euros en proxectos colectivos de xestión pesqueira e marisqueira, dos que unha parte irá destinada a proxectos de rexeneración e ampliación de espazos marisqueiros que foron xa analizados e de probada viabilidade. Este campo complétase cunha partida 3,9 millóns de euros destinados á I+D+i e a proxectos de investigación.
Os orzamentos deste ano tamén determinan unha firme aposta polo eido ambiental, cunha partida que supera os 19 millóns de euros, de cara á conservación dos recursos e a potenciar unha pesca responsable. Un dos principais esforzos será aplicado na mellora do medio produtivo marisqueiro, especialmente nas zonas C, para o que se destinarán case 15 millóns de euros en medidas de rexeneración, dinamización e adecuación desas áreas. Outro grande reto será combater o furtivismo e, co obxecto de ter un maior control sobre as actividades extractivas ilegais, contémplase 2,5 millóns de euros en convenios de vixilancia.
A seguridade marítima é outro dos compromisos que cumpren os orzamentos cunha partida de máis de 16 millóns de euros e cuxas principais partidas irán destinados a mellorar a operatividade dos helicópteros Pesca 1 e Pesca 2, que contaran cunha dobre garda de persoal e un novo sistema de mantemento, recibindo 7,7 millóns de euros do orzamento para o ano 2010. Do mesmo xeito, investiranse 6,6 millóns no mantemento e operatividade das embarcacións do Servicio de Gardacostas, namentres que a vixilancia e seguridade no mar disporá de máis de 980.000 euros.
A Consellería do Mar executou, dende a súa posta en marcha o 20 de abril deste ano, unha media de 435.000 euros ao día fronte aos 192.000 euros executados diariamente polo anterior goberno autonómico. Dende que Rosa Quintana dirixe o departamento de Mar, lévanse executados 82,3 millóns de euros fronte aos 21,2 millóns de euros invertidos nos primeiros meses do presente ano, o que supón máis do dobre.
A conselleira destacou que á súa chegada ao departamento que dirixe se atopou cunhas porcentaxes de execución orzamentaria do 58,3% en 2006, do 45,4 % en 2007 e do 46,6% en 2008. Neste sentido asegurou que “é fácil ás veces pintar números nun papel pero se logo non se executan mal vamos”, polo que se fixou como obxectivo aproximarse o máximo posible ao 100% da execución orzamentaria porque “facelo doutra maneira non ten sentido”.
Rosa Quintana salientou ademais que o seu departamento aforrará un 20% en gastos correntes en 2010 e que en personal de gabinete gastará un 27% menos que o anterior goberno. A titular de Mar insistiu en que aposta por fortalecer o seu departamento recuperando “tres das subdireccións e tres dos servizos que se perderan ao comezo da anterior lexislatura e incorporando o ente público Portos de Galicia” no canto de apostar pola “administración paralela” e por “chiringuitos” como a non-nata Axencia de Desenvolvemento. Neste sentido asegurou “escapar” de fórmulas coma a desenvolvida nos últimos catro anos nos que se derivaron 5,2 millóns de euros a contratos xerais de encomenda a traballadores contratados a través de TRAGSA.
“Cos cartos destinados á Axencia de Desenvolvemento (556.000 euros) creamos 3 servizos e 3 subdireccións fortalecendo a Administración” e aforrando 156.000 euros que estaban destinados a “engordar a administración paralela”, sentenciou.
A conselleira do Mar puxo como exemplo de boa xestión o seguro do mal tempo redefinindo a partida destinada nos anteriores orzamentos e adecuándoo á realidade da súa demanda. Para 2010 reserváronse nos orzamentos 300.000 euros, previa consulta co sector, fronte aos 1,7 millóns de euros do ano anterior tendo en conta que só se empregaron 111.000 euros. Rosa Quintana anunciou novidades.
A responsable de Mar defendeu as inversións do seu departamento tanto na acuicultura en zona marítimo terrestre coma na acuicultura mariña, destacando unha política que busca “o máximo respecto polo medio ambiente” e salientando que se contemplan nos orzamentos varias partidas destinadas á investigación, á construcción de barcos auxiliares ou aos cambios nas estruturas flotantes no sector da mitilicultura. Así, anunciou que “o sector mexilloeiro é unha das prioridades desta Consellería” polo que defenderá “con todas as súas forzas” esta semana en Bruxelas que non se modifiquen os valores nin os métodos de análise de biotoxinas para evitarlle un “problema grave” ao sector ao tempo que anunciou que está en conversas co IGAPE para que se prioricen crediticiamente ás empresas que traballan co mexillón galego.
Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación del BNG:
O portavoz de Pesca do BNG, Bieito Lobeira, denunciou que os Orzamentos da Consellaría do Mar para 2010 “están ao servizo das grandes multinacionais da acuicultura, do desguace de buques e da aposta pola construción de portos deportivos”.
Bieito Lobeira fixo esta valoración na presentación das contas esta mañá na Comisión de Pesca do Parlamento Galego por parte da conselleira do Mar. “Estes son uns orzamentos da resignación, non serven para saír da crise e revelan cales son as prioridades para o Goberno do PP: estar ao servizo dunha multinacional da piscicultura, desguazar buques e apostar polos portos deportivos”, denunciou o deputado do BNG.
Centrándose na análise das distintas partidas da Consellaría do Mar para o vindeiro ano, Bieito Lobeira asegurou que “é unha falsidade a anunciada
redución nun 20% dos gastos correntes,porque se analisamos os orzamentos as operacións correntes medran lixeiramente pasando de 37,9 millóns a máis de 38 millóns de euros.”.
Pola contra, denunciou que “nos investimentos reais e nas transferencias de capital baixan os orzamentos un 11%”. Porén, o deputado do BNG advertiu de que “o máis grave é como o Goberno do PP inviste esas partidas”. Así, denunciou que máis de 24 millóns destínanse ao desmantelamento da frota, a través de desguaces, reconversión de buques, medidas subsiadas aos tripulantes...etc; case dous millóns son para a construción de portos deportivos; e 46 millóns para a acuicultura e o sector da transformación, “que non son, precisamente, os sectores que peor o están a pasar”.
“Atopámonos , por tanto, con que case a metade dos orzamentos da
Consellaría do Mar, van dirixidos a desmantelar o sector de xeito subsidiado; a fomentar a piscicultura mariña industrial, en espazos de gran valor ambiental como Touriñán, e para portos deportivos, que nunha situación de crise do sector produtivo non debería ser unha prioridade”, criticou o deputado do BNG.
No caso concreto da política de despeces, Bieito Lobeira criticou que “o
Goberno galego non exerce como tal e acepta de xeito resignado e acrítico as directrices de Bruxelas, destruíndo centos de postos de traballo”.
Pola contra, o parlamentario nacionalista criticou que “as políticas de apoio ao sector marisqueiro e bateeiro recórtanse de xeito notábel”. Así, advertiu de que o orzamento da Dirección Xeral de Recursos Mariños “baixa un 36%, e polo tanto vanse ver afectados as partidas para o sector mexilloeiro, para seguros de mal tempo, para os traballos de rexeneración de bancos incluídos na zona”.
Ademais, denunciou que “desaparecen as partidas para sementes de bivalbos, que temos que importar a pesar de ser Galiza unha potencia marisqueira; e tamén desaparece a partida para o helicóptero de salvamento para a Costa da Morte”.
Por último, o deputado do BNG demandoulle á Consellaría do Mar que “informe ás mariscadoras baixando até os portos, sobre as axudas para que poidan acceder a unha xubilación”, unhas axudas destinadas ás mariscadoras que non puideron cotizar os 15 anos necesarios para accederen a unha pensión.
Bieito Lobeira recoñeceu que “a partida é superior ao ano pasado”, pero
considerou “preocupante que dos aproximadamente 4.500 beneficiarios, até agora se teñan presentado pouco máis de 450 solicitudes”.
R.