Emoción en el aeropuerto de Lavacolla ante el regreso de más de un centenar de emigrantes gracias al programa Volver á terra

«Esto es una cosa que no se puede describir. Estoy muy contento», aseguró Benedicto, quien tras casi 40 años en Buenos Aires pudo abrazar a algunos de familiares, que sólo conocía por teléfono. Junto a él, otros ciento veintitrés participantes del programa de la Xunta «Volver á terra», desfilaban por la terminal compostelana intentado reconocer las caras de sus parientes, que emocionadamente esperaban tras la barandilla.
Entonces, las quejas por el retraso de los vuelos y las dudas sobre si sus familiares serían capaces de reconocerlos tanto años después, dejaron paso a abrazos prolongados y llantos de felicidad. «Tenía ganas de venir a ver a los míos y me gustaría vivir con ellos un tiempo», explicó uno de los emigrantes argentino, que volvía a Galicia 51 años después. «Estoy encantado de volver a mi país», añadió.

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:
132 emigrantes galegos a Iberoamérica participantes do programa Volver á Terra- organizado pola Secretaría Xeral da Emigración e desenvolvido coa colaboración da consellería de Traballo e Benestar- aterraron no aeroporto de Lavacolla onde foron recibidos polas súas familias en Galicia e polo responsable do programa e subdirector xeral de Programas Sociais da Secretaría Xeral da Emigración, Ramón Brigós. O programa ten por finalidade favorecer o achegamento á súa terra e ás súas familias a estes emigrantes galegos de máis de 60 anos de idade e que redescubran as súas raíces.
En total participan nas nesta edición 132 persoas procedentes de Arxentina, Brasil, Cuba e Uruguai. A media de idade no seu conxunto é de 75 anos, sendo os de maior idade dous participantes, que contan con 90 anos e residen, en Arxentina e Uruguai.
A estadía total dos participantes será de tres meses e farase en dúas fases diferenciadas. Primeiramente desfrutarán de dúas semanas na Residencia de Tempo Libre do Carballiño- Ourense- desenvolvendo actividades recreativas e culturais axeitadas aos participantes e poñéndose en contacto coa realidade actual da súa terra- propiciando actividades que posibiliten o coñecemento da Galicia de hoxe- e o intercambio de experiencias co resto dos participantes. En canto á segunda fase, esta consiste nunha estadía cos seus familiares de Galicia ata completar o tempo máximo de tres meses.
Sobresaen como concellos nos que naceron máis participantes:
- En A Coruña: Ponteceso, Carballo , A Coruña, Arteixo, Malpica, Rianxo, Tordoia e Vedra, por este orde.
- En Lugo: Barreiros
- En Ourense: Arnoia, Ramirás e Viana do Bolo.
- En Pontevedra: Gondomar, Nigrán, Vigo, Lalín, Ponteareas, Bueu, Cambados, Campo Lameiro, Meis, Moraña, Pontevedra, Porriño e Redondela.
R.