El rector de la USC destaca el éxito rotundo de la consecución de la Excelencia Internacional gracias a Campus Vida

"Un éxito excepcional", incidió Barro, tras incidir en que "sorprendentemente" resultaran galardonados "sólo" nueve campus del Estado, aunque destacó la "valoración muy positiva" de los "otros nueve" -proyectos-. "Por tanto, el éxito es rotundo teniendo en cuenta el club en el que estamos y cuales quedamos". Asimismo, aclaró que "nunca antes hubo un proyecto de estas características en el Estado" y que Santiago es "único campus del área de Ciencias da Vida" -fuera de Madrid o Barcelona- que recibirá financiación. "Somos el único que apuesta por ese ámbito científico y tecnológico", reiteró.
Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la USC:
Agradecido, polo esforzo colectivo de todos os que integran a universidade e polo apoio da agrupación estratéxica, e orgulloso porque “temos o mellor proxecto que nunca se fixo na universidade galega”, Senén Barro compareceu ante os medios de comunicación para valorar a resolución final da convocatoria Campus de Excelencia Internacional convencido de que o proxecto Campus Vida da USC “marca un antes e un despois en Galicia e na Universidade galega”.
Campus Vida recibirá por esta convocatoria un financiamento de 7,5 millóns de euros que se dedicarán a actuacións de mellora científica e transferencia de coñecemento e tecnoloxía e á mellora docente e transformación do Campus e adaptación ao Espazo Europeo de Educación Superior.
“Non o di o reitor, dino os expertos, nunca antes houbera un proxecto destas características no Estado”, engadiu Senén Barro ao tempo que subliñou que se trata do “único campus da área de Ciencias da Vida de fóra de Madrid ou Barcelona” que recibirá financiamento. En total, a convocatoria dos ministerios de Educación e de Ciencia decidiu concederlle a cualificación de ‘Campus de Excelencia Internacional 2009’ a nove proxectos coordinados por once universidades. Barro lembrou que á primeira fase do proxecto presentáronse máis de cincuenta propostas, de entre as que un comité internacional de expertos realizou esta semana a selección final.
Os 7,5 millóns de euros outorgados nesta quenda súmanse a outros 4 concedidos anteriormente polo Ministerio de Ciencia e Innovación, nunha convocatoria correspondente ao Subprograma de I+D+i e Transferencia. Estes preto de doce millóns de euros obtidos colocan ao proxecto da USC “como o mellor financiado dos de fóra de grandes polos investigadores como Madrid ou Barcelona”, indicou Senén Barro.
O recoñecemento e apoio acadado para Campus Vida representa a “consolidación internacional dunha universidade pública e emprendedora”, continuou o responsable da institución académica “aínda que os máis de cinco séculos da USC son un antecedente que non esquecemos, da historia non se vive”. O camiño de cara ao futuro pasa, sinalou Barro, por “seguir a senda da excelencia internacional”.
O comité internacional de expertos encargados da avaliación final destacou que os proxectos seleccionados están chamados a ter un papel fundamental no desenvolvemento da economía sustentable e da economía do seu entorno inmediato. “Asumimos a responsabilidade de liderar o proxecto”, dixo o reitor ao tempo que matizou, “Campus Vida precisa da axuda de todos” e concretamente do goberno autonómico, “sen a aposta decidida da Xunta de Galicia non poderemos avanzar no nivel de excelencia que propugna o comité internacional”. Neste senso, Senén Barro sinalou como momentos clave a partida orzamentaria prevista para 2010 e a definición dun Plan de Financiamento para o Sistema Universitario Galego “radicalmente distinto no conceptual e no económico”.
A avaliación dos nove proxectos destacados como Campus de Excelencia Internacional realizouse cos mesmos criterios que os usados en países como Inglaterra ou Alemaña para medir a excelencia dos seus respectivos sistemas universitarios. “Mídennos cos mesmos criterios que a universidades de semellantes dimensións pero que nos triplican ou cuadriplican en orzamentos” o que, en opinión do reitor, deixa unha lectura evidente “facemos máis con moito menos”.

No ámbito da docencia e a adaptación ao EEES, as accións concretas que se levarán a cabo para acadar estes grandes obxectivos son, entre outras, o desenvolvemento de novas metodoloxías e contextos innovadores de aprendizaxe, a creación dunha Escola de Doutoramento Internacional vinculada ás Ciencias da Vida e o fomento do coñecemento de linguas estranxeiras, así coma a promoción internacional do galego e o castelán.
Xa no ámbito da investigación e a transferencia de coñecemento, os esforzos centraranse na atracción de talento, tanto de investigadores senior coma de novos investigadores emerxentes, e no fomento de alianzas e consorcios estratéxicos de I+D con empresas e centros ou clusters de investigación de prestixio internacional. Outras liñas de traballo serán o fortalecemento das capacidades de avaliación e valorización dos resultados da investigación, desenvolvendo un fondo de capital ‘pre semente’ e reforzando a estrutura de apoio á creación de empresas de base tecnolóxica.
R.