El paro sube en Galicia un 30,5% en 2009, según la Encuesta de Población Activa (EPA)

Galicia concluye el año 2009 con 1.138.900 ciudadanos ocupados y 168.400 parados, lo que supone una tasa de actividad del 54,79%, el cuarto registro más bajo del Estado español, solo superado por Asturias, Extremadura y Castilla y León. Las cifras de desempleo en la autonomía se mantienen por debajo de la media estatal, donde el paro subió en 1.118.600 personas en el 2009 y la tasa de paro se situó en un 18,83%, seis puntos por encima de la media autonómica.
Por provincias, A Coruña cerró el año con 65.000 parados y una tasa de desempleo del 11,58%; Lugo acumuló 15.500 parados y un porcentaje del 10,29%, y en Ourense 17.000 personas se encuentran sin empleo y la tasa de paro es del 12,56%. La provincia con peores cifras fue Pontevedra que contaba con 70.900 parados al final del 2009 y una tasa de desempleo del 15,41%, casi tres puntos superior a la media autonómica.
Por sexos, la tasa de paro femenino se situó en el cuarto trimestre del año en un 14,07 por ciento en Galicia, con 84.300 mujeres en paro, y en un 11,87 por ciento en los varones, con 84.100 gallegos en el paro.
Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Consellería de Traballo e Benestar de la Xunta de Galicia:
Galicia é a cuarta comunidade coa taxa de paro máis baixa do Estado (só superada por Navarra, Cantabria e País Vasco). A comunidade galega pechou o cuarto trimestre do ano cunha taxa do 12,88, isto é 168.000 parados mentres que a media en España é do 18,83%, co que o número de desempregados ascende a 4,3 millóns.
No que respecta á comparación co terceiro trimestre, a taxa de paro do 12,88 por cento do cuarto trimestre supón un incremento de 6.200 parados respecto ao terceiro trimestre de 2009, cando a taxa era dun 12,35 por cento e 162.200 parados. Neste punto é de subliñar que mentres que na media estatal, o incremento con respecto ao terceiro trimestre foi do 0,9 puntos -203.000 parados máis- en Galicia foi de 0,5.
Isto significa que Galicia incrementa o diferencial positivo que viña mantendo, pasando dos 5,5 puntos do terceiro trimestre aos 5,95 do último período de 2009, o que significa que o desemprego en Galicia medra a menor ritmo que no resto do Estado.
Polo que se refire ao número de ocupados neste trimestre foi do 1.138.900 persoas (un descenso de 12.200 con respecto ao terceiro -1,06%) mentres que no mesmo período de 2008 o descenso foi de -1,6%, polo tanto estamos a falar de medio punto de diferenza, o que permite albiscar unha leve melloría na tendencia de destrución de emprego, xa que se destrúe menos que o ano anterior.
Desde a Xunta de Galicia estase a traballar para acadar fórmulas que permitan a creación de emprego, mecanismos que deberán saír tamén das mesas do diálogo social que veñen de ser convocadas para o próximo mes de febreiro.
De feito onte mesmo houbo unha nova reunión entre Administración e axentes sociais, na que se puxeron sobre a mesa diferentes documentos da situación actual así como propostas que se irán analizando por todas as partes ao longo destes días co fin de que nos próximos encontros se poida debater sobre aspectos concretos encamiñados a impulsar a economía de Galicia.
R.