Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

El XXVI Festival de Ortigueira presenta un cartel muy internacional y apuesta por nuevos grupos y estilos para superar los 100.000 asistentes

Así lo explicó el coordinador del festival, Alberto Balboa, que indicó que en esta ocasión han decidido volver a un cartel "100 por cien celta", apostar por los nuevos grupos y promover "nuevos estilos" como el folk rock. La XXVI edición del Festival Internacional del Mundo Celta, que acogerá la localidad coruñesa de Ortigueira entre los días 8 y 11 de julio, apostará este año 2010 por los "nuevos grupos" y los "nuevos estilos" con el objetivo de atraer hasta este municipio a más de 100.000 festivaleros.

Estas propuestas innovadoras se centrarán en el jueves día 8, la primera jornada del festival, que se reforzará con respecto a otros años para acoger las propuestas de 'rock celta' de los bretones Kreposuk, los ingleses Oysterband y los españoles Celtas Cortos.
Posteriormente, el viernes y el sábado, explicó Alberto Balboa, el evento se volverá "más tradicional", con la subida al escenario Estrella Galicia de Marful, la Escola de gaitas de Ortigueira, Cristina Pato, los irlandeses Afterhours y los catalanes Qui Hi Ha?, aunque en este apartado aún quedan "por cerrar" un par de actuaciones. El sábado, que todavía no esta cerrado, será el turno de Anxo Lorenzo Band, los estadounidenses Gaelic Storm, los escoceses Shooglenifty y los andaluces Rare Folk. Según destaco Alberto Balboa, este año se apostará por una programación "muy internacional" en la que el 70 por ciento de los grupos actúan por primera vez en este festival y se intensificarán los conciertos en la Alameda para compensar la retirada de espectáculos el domingo por la noche. El domingo día 11 se celebrará en Ortigueira el 'Proyecto Runas', de promoción de "nuevos valores de la música folk" y tendrá lugar la exhibición de bandas de gaitas, donde participarán entre 400 y 500 gaiteros de Galicia, Portugal, Bretaña, España y Escocia. Entre otras actividades, durante las 96 horas de acampada libre y gratuita del festival, se celebrarán talleres de zanfona, regueifa y baile tradicional, entre otras disciplinas.

Este "clásico de la agenda musical" gallega, según indicaron, cuenta en esta ocasión con el patrocinio del Xacobeo, que aportará 200.000 euros a la celebración; así como de Estrella Galicia, que participa con 150.000 euros, la Diputación Provincial de A Coruña, con 100.000, y otras entidades como Gadisa o Coca Cola. Entre todas estas organizaciones y el ayuntamiento tratarán de sufragar los 650.000 euros que cuesta la organización del evento, dado que la entrada y la acampada son totalmente gratuitas.

Durante el pasado año, el Festival de Ortigueira reunió a cerca de 100.000 personas en sus días de mas afluencia, una cifra que se espera superar este año con el tirón del Xacobeo. Asimismo, el alcalde de Ortigueira, Rafael Girón, destacó la posibilidad de que el contexto de crisis favorezca al evento, dado que toda la oferta es gratuita.

El gerente de la S.A. De Xestión do Plan Xacobeo, Ignacio Santos, destacó el papel del festival como un "magnífico canal para la difusión del mensaje del Xacobeo", con su imagen de "integración de culturas" en el que participan grupos gallegos e internacionales. Además, Ignacio Santos reiteró el apoyo del organismo que dirige a la música y la función del festival como "plataforma de difusión a nivel nacional e internacional de la música hecha en Galicia".

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:

Xacobeo 2010 presentou esta mañá o XXVI Festival Internacional do Mundo Celta cunha oferta de catro días de música folk, 96 horas de acampada libre en plena natureza e outras tantas de festa. O festival desenvolverase do 8 ao 11 de xullo, días nos que a localidade coruñesa de Ortigueira, de pouco máis de 7.000 habitantes, recibirá a visita de milleiros de afeccionados aos sons atlánticos, unha marea humana coa que espera revalidar as súas mellores cifras de asistencia, superando as cen mil persoas.

O Festival do Mundo Celta, organizado polo Concello de Ortigueira, co patrocinio de Xacobeo 2010, Estrella Galicia e a Deputación da Coruña, foi presentado en Compostela polo director xerente da S.A. de Xestión do Plan Xacobeo, Ignacio Santos; o alcalde do Concello de Ortigueira, Rafael Girón; o coordinador do Festival, Alberto Balboa, e o director de Márketing de Hijos de Rivera, José Cabanas.

O director xerente da S.A. de Xestión do Plan Xacobeo, Ignacio Santos, resaltou o compromiso de Xacobeo por patrocinar os festivais de música en directo en Galicia, contribuíndo así a consolidar á comunidade galega como un referente en todo o mundo. Resaltou a celebración do Festival de Ortigueira, declarada festa de interese turístico internacional, como “unha magnífica canle para a difusión da mensaxe de Xacobeo, pois comparten o seu espírito internacional e o feito de ser un espazo para a integración das culturas, respaldada por un cartel no que os nomes foráneos comparten espazo con bandas galegas”. De feito, gabou a función do Festival como plataforma para a difusión, a nivel nacional e internacional, da música feita en Galicia.

Do mesmo xeito, Ignacio Santos destacou a presenza de Xacobeo nun dos eventos musicais máis multitudinarios do panorama musical español, cunha trascendencia que vai máis alá do estrictamente musical, pois conxuga un xeito de entender a vida coa realización dun intenso traballo a prol da defensa do patrimonio cultural galego.

Pola súa banda, o alcalde de Ortigueira, Rafael Girón, amosouse convencido de que no 2010 o Festival revalidará as súas mellores cifras de participación. “No ano de Galicia, queremos que todas as miradas estean postas en Ortigueira”, sinalou. Asemade, subliñou, no actual contexto de crise económica, a vantaxe competitiva que supón o carácter totalmente gratuíto da que definiu como a “festa máis auténtica de Europa” e, nesta liña, agradeceu o permanente apoio das institucións e empresas galegas patrocinadoras.

No plano artístico, o coordinador do evento, Alberto Balboa, explicou que a nova edición "sentará as bases do Festival do futuro", cunha reformulación a fondo da oferta do Escenario Estrella Galicia. Entre as novidades, destacou a potenciación do día de arranque, o xoves 8 de xullo, coa programación dunha noite dedicada ao folk rock, que dará cabida ás propostas máis enérxicas. Subirán ao escenario, directo desde Le Mans (Bretaña) o sexteto Krêposuk; os Celtas Cortos e o mítico grupo británico Oysterband. Os tres pisarán por primeira vez Ortigueira.

De feito, o 70% dos grupos do cartel actuarán por vez primeira neste evento. Asemade, boa parte das formacións participantes presentarán novos álbumes ou avanzarán temas de próximos traballos.

A isto sumarase, segundo detallou Balboa, "a aposta por espectáculos exclusivos", como a estrea en España de Gaelic Storm, a banda do filme "Titanic", e a planificación dunha xornada de domingo "relaxada", sen concertos nocturnos, que facilitará aos folkies conxugar a xoldra da fin de semana coas obrigas laborais do día seguinte.

O cartel do 2010, pendente aínda de novas incorporacións, reforzará o espírito intercéltico do evento, coa presenza dos grupos europeos máis potentes deste estilo; os escoceses Shooglenifty e o novo proxecto irlandés Afterhours “The Bothy band tribute” constitúen bos exemplos. A programación manterá a aposta por proxectar a nivel internacional aos artistas folk galegos que presentan novos traballos discográficos (Cristina Pato, Marful e Anxo Lorenzo band) e aos grupos noveis, a través do Concurso Runas, que terá lugar na tarde do domingo e que aínda está por convocar.

Asemade, a organización está a traballar na optimización dos operativos de anos anteriores en materia de limpeza, seguridade, aparcadoiros, transporte urbano e medios sanitarios, co obxectivo de canalizar a asistencia masiva dos “folkies” ao evento, aspecto “prioritario” para o concello.

O alcalde de Ortigueira lembrou que gran parte do éxito do certame se debe á hospitalidade dos veciños da localidade cos milleiros de mozos de todo o mundo mundo, que cada ano “toman” o pobo, “convertindo o festival nun exemplo de convivencia” e animou a todos a participar nunha experiencia única.

O Festival de Ortigueira reforza a súa aposta pola difusión e proxección das músicas atlánticas e nesta nova edición plantexa un definitivo regreso á liña celta, xa que precisamente, esa etiqueta pódese aplicar a práctica totalidade dos grupos que conforman o programa.

Tras máis de vinte anos de experiencia as costas, as últimas edicións constatan que os “festivaleiros” anticipan a súa chegada a Ortigueira, para deixar a vila o domingo. Por este motivo, a programación nocturna no Escenario Estrella Galicia concentrarase o xoves, venres e sábado, as xornadas de máis público. Ademais, haberá máis concertos por noite na Alameda, para compensar a desaparición dos concertos do domingo pola noite de anos anteriores, e a hora de inicio dos concertos adiantarase ás 20.00 horas, fronte ás 22.00 horas doutras edicións.

O venres, 9 de xullo, continuarán a festa as formacións galegas Marful, a Escola de Gaitas de Ortigueira, a gaiteira Cristina Pato, que actuará acompoñada por artistas invitados, os irlandeses Afterhours, “The body band tribute”, e os cataláns Qui hi ha‏, gañadores do Proxecto Runas en 2009. Non obstante, o cartel para este día pode agochar aínda algunha sorpresa porque segue pendente de novas incorporacións.

Tamén está por pechar o programa para o sábado, aínda que xa están confirmados o galego Anxo Lorenzo band; a banda do filme Titanic, os estadounidenses Gaelic Storm; Shooglenifty, desde Escocia, e os andaluces Rare Folk. Os grupos noveis serán os protagonistas absolutos da última xornada, co Proxecto Runas, pendente de convocatoria, que se desenvolverá pola tarde, ata as 20.00 horas.
R.