El nuevo rector de la USC, Juan Casares, pide a la Xunta un nuevo plan de financiación que atienda a cada uno según sus merecimientos y necesidades

En un discurso plagado de referencias a la crisis y a la cesión de fondos para la universidad, Casares Long se marcó como reto para su nuevo mandato la negociación de un nuevo plan de financiación que "se ajuste a la especificidad" de la USC y a sus "necesidades reales" para "poder dar una respuesta de calidad a las demandas de la sociedad". "En este sentido, apostamos por una gestión económica responsable, transparente y comprometida con la realidad social, centrada en los intereses de la institución y que no comprometa nuestro futuro, garantizando de esta manera la autonomía universitaria, buscando permanentemente la colaboración con las administraciones públicas y con la sociedad civil", señaló el nuevo rector.
Casares Long aseguró que la universidad está experimentando en estos momentos un "proceso acelerado de cambio" y "mientras la base de conocimiento crece de forma exponencial, los recursos financieros aumentan linealmente, en el mejor de los casos, partiendo de una base de recursos limitados y escasos". Así, recordó que la financiación por alumno en las universidades de Norteamérica es "entre dos y cinco veces la media de las universidades europeas". "Si aspiramos a estar entre los mejores, tenemos que disponer de recursos comparables con ellos, y nuestra historia reciente, en lo que a financiación se refiere, se encuentra a mitad de camino de la media europea", indicó Casares Long.
El nuevo rector consideró que la "gran crisis universal" actual "no es solo de índole financiera" si no que "está vinculada a conceptos radicales como son la filosofía, la política, la justicia o la ecología". Del mismo modo, Casares Long consideró "sin duda" que la Universidad será "la plataforma idónea" para este "debate universal" sobre la situación actual.
En su intervención, Casares Long se comprometió a "afrontar en el inmediato futuro" la "elaboración, discusión y aprobación" de los nuevos estatutos de la USC, así como continuar en el camino de incorporación de nuevos planos de estudios al Espacio Europeo de Educación Superior.
Casares Long, que apeló a la "exigencia" y a la "excelencia" como base para sus actuaciones, animó al presidente de la Xunta a "unir esfuerzos" para "alcanzar entre todos un proyecto común junto con las universidades de Vigo y A Coruña", de las que consideró a la USC "hermana mayor".
"Hoy se hace realidad una ilusión, personal y colectiva: la ilusión por el cambio" en una universidad que, "sin menoscabo de las dos que de ella nacieron es hoy por hoy referencia indiscutible para la ciencia, el saber y la cultura", sentenció.
En el acto solemne, que tuvo lugar en el Colegio Fonseca de Santiago de Compostela, estuvieron presentes numerosas personalidades, entre las que se encontraban el presidente de la Xunta, Alberto Núñez Feijóo, el alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, la presidenta del Parlamento de Galicia, Pilar Rojo, el delegado del Gobierno, Antón Louro y algunos conselleiros, como el de Educación y la de Sanidade.
El presidente de la Xunta, Alberto Núñez Feijóo, destacó el carácter de la USC como "la cuna del autogobierno", dado que en esta institución "fue donde fraguaron los deseos de autonomía" y de donde salieron sus primeros protagonistas. Asimismo, el presidente de la Xunta consideró a la USC "un oasis donde resisten los principios en tiempos de crisis" al tiempo que vio en la consideración de "colectivo" y la "cooperación" el corazón de la universidad. "En esta etapa de largo peregrinaje que Galicia hace por la historia se necesita un equipaje conceptual que la USC atesora", señaló Núñez Feijóo al tiempo que pidió una "nueva cultura de cooperación" ya que "la Galicia de hoy ni es débil ni está aislada".
A pesar del actual contexto de crisis, el presidente de la Xunta afirmó que "no hay en la historia de Galicia un momento de libertad y fuerza creativa como el que se vive ahora" y animó al nuevo rector a seguir trabajando en favor del Campus Vida.

El ya ex rector de la USC, Senén Barro, leyó un discurso cargado de agradecimientos a su equipo y en el que recordó el éxito de proyectos como el Campus Vida. Así, Barro consideró "la inteligencia colectiva" y el "diálogo" los "pilares fundamentales" de su gestión, algo que "no faltó en ningún momento" durante un periodo en el que "se ha utilizado más la interrogación que la exclamación". Además, reivindicó la "calidad en la docencia y en la investigación", con la consecución del primer Campus de Excelencia del Sistema Universitario Gallego. "Ni un solo día me arrepentí de asumir este inmenso honor que supone ser rector de la USC y cada uno de ellos me sentí muy afortunado", indicó el ex rector al tiempo que se emocionaba.
Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la USC:

Na mesa presidencial estiveron presentes os reitores das universidades de Vigo e A Coruña, Salustiano Mato e José Mª Barja, respectivamente; o conselleiro de Educación, Jesús Vázquez; e o presidente do Consello Social da USC, Manuel Puga. Tamén asistiron, entre outras autoridades, a presidenta do Parlamento de Galicia, Pilar Rojo; o delegado do Goberno, Antón Louro; os alcaldes de Santiago e Lugo, Xosé Sánchez Bugallo e Xosé Clemente López Orozco, e a conselleira de Sanidade, Pilar Farjas.
Comezou a quenda de intervencións Senén Barro cun emocionado discurso de despedida no que concentrou ao redor do diálogo, a modernidade e a calidade os principais atributos presentes nos seus oito anos de mandato. “Chegou o final desta etapa inesquecible e impagable como intensa e complexa”, resumiu Barro.
“O día a día na USC non é tal, senón que se vive por horas e ás veces ata por minutos –p roseguiu Barro-. Non obstante, pensamos e actuamos mirando o horizonte”. Nesta dirección, Campus Vida, proseguiu Barro, “é o paradigma desa mirada que supera os lindes universitarios e os tempos que nos toca xestionar”.
Ao discurso do reitor saínte, Senén Barro, seguiulle a intervención de Isabel García-Rodeja que, en calidade de secretaría xeral en funcións, leu o cese do equipo reitoral saínte ao tempo que deu lectura ao nomeamento do profesor Casares Long como novo reitor da USC.
Juan Casares, logo de prometer o cargo e de recibir de mans de Senén Barro a Medalla de Reitor e o bastón de mando, pronunciou o seu primeiro discurso como responsable da institución compostelá. O novo reitor, o número 223 na historia da USC, considera que “estamos a vivir un momento histórico, determinado por un proceso de cambio que se diferenza de todos os anteriores na velocidade en que se produce”.
Neste contexto, o reitor Casares apunta como retos inmediatos a elaboración, discusión e aprobación duns novos estatutos e a negociación dun novo plan de financiamento do Sistema Universitario Galego que “se axuste ás especificidades da nosa Universidade e ás súas necesidades reais, para lles poder dar unha resposta de calidade ás demandas da sociedade”. No capítulo económico, o reitor aposta “por unha xestión económica responsable, transparente e comprometida coa realidade social, centrada nos intereses da institución e que non comprometa o noso futuro, garantindo deste xeito a autonomía universitaria e buscando permanente a colaboración con outras administracións e a sociedade civil”
O novo modelo incorporado coa implantación do Espazo Europeo de Educación Superior define o terceiro dos retos, traballar a prol “dunha xestión profesional e eficaz, unha distribución dos recursos existentes con sentido común, unha organización académica baseada en parámetros de calidade, e unhas condicións de traballo e estudo axeitadas ao novo modelo”. Finalmente, Juan Casares pechou o relatorio de obxectivos referíndose ao establecemento do Espazo Europeo de Investigación, cuxa realidade “está a condicionar xa a nosa actuación neste eido, incluíndo aspectos como equidade, calidade, relevancia, propiedade intelectual, mobilidade e colaboración entre institucións”.
Esta intervención deu paso á toma de posesión dos novos integrantes do equipo reitoral da USC, que xuraron ou prometeron o cargo. A sesión rematou co discurso do presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, trazando un paralelismo histórico entre a USC e a administración autonómica. “ A nosa tradición parlamentaria comezou na Universidade” destacou o presidente da Xunta ao lembrar a historia máis recente de Galicia e máis en particular do propio lugar de celebración desta xornada, o Colexio de Fonseca, “berce do autogoberno galego onde fraguaron os primeiros debates da autonomía galega”.
Sementeira do debate e da cooperación, do empeño constante por acubillalas xorden as principais achegas da Universidade, proseguiu Feijóo, quen entende que “a viaxe pola historia precisa dunha equipaxe conceptual que a USC atesoura”. Logo de agradecer a Senén Barro “oito anos de traballo, de determinación, de historia” deu a benvida a Juan Casares animándoo no reto de conseguir eficiencia no seu desempeño “que non pode perder a calidade e a busca incansable da excelencia” nas súas miras.
Xunto a Juan Casares, integran o novo equipo reitoral os vicerreitores de Investigación e Innovación, Francisco González; de Economía e Infraestruturas, Sara Cantorna; de Coordinación e Planificación do Campus de Lugo, Pedro García Herradón; de Estudos de Grao e Posgrao, Evas Castro Caridad; de Persoal Docente e Investigador, Carmen Fernández Morante; de Estudantes e Formación Continua, Francisco Ramón Durán Villa; de Responsabilidade Social e Calidade; Benita Silva Hermo; de Extensión Universitaria, Cultura e Sociedade, Francisco Javier Garbayo Montabes; adxunta para Estudos de Grao e Posgrao do Campus de Lugo; Mª Isabel González Rey; adxunto de Investigación e Innovación do Campus de Lugo, Pablo Ramil Rego; adxunta ao reitor para coordinación interna, Mercedes Pintos Barral; así como Comisionado para Ciencias da Saúde, Manuel Macia Cortiñas e a secretaría xeral, Lourdes Noya Ferreiro.
Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, asegurou, no acto de toma de posesión do profesor Juan Casares Long como Reitor Magnífico da USC, que a Universidade de Santiago “é o reflexo onde Galicia mira o mellor de si: cooperación, modernidade, integración, intelixencia colectiva e debate orientado á acción”.
Ao longo da súa intervención, Feijóo afirmou que de novo a Universidade volve servir de modelo “porque realidades coma a do biocampus que distingue á Universidade de Santiago no mundo, saen dun debate amplo que marca camiños e obxectivos, non de querelas bizantinas que alimentan a inacción”. “Galicia –dixo- non precisa de debates que resten, senón de debates que esperten as conciencias e que sumen e multipliquen iniciativas”.
Deste xeito, o presidente do Goberno galego destacou que o clúster biosanitario aúna esforzos preexistentes, coordina o público co privado, establece unha rede de centros e un espazo do coñecemento; “instaura, en definitiva, unha intelixencia colectiva”.
Para Feijóo é a cooperación entre mestres e discípulos a razón de ser da Universidade, e o motor que permite que a institución atravese épocas moi diferentes, e se expanda por culturas diversas sen perder a súa personalidade substancial. “O éxito atemporal da institución reside no establecemento dun interese común polos saberes, que as liortas alleas non poden alterar. En tempos de crise, a Universidade vese desde fóra coma un oasis onde os principios máis nobres da Humanidade resisten malia todas as dificultades, para xerar principios transformadores”.
Xunto a este idea de cooperación, hai outra que latexa desde o principio nas entrañas da institución: o debate. “Dese empeño constante e interminable, xurdiron e xorden as principais achegas dos universitarios ao benestar e a liberdade do mundo que os rodea”, dixo.
Segundo Feijóo, estes dous valores que están no cerne da vida universitaria poden servir hoxe de guieiro ao conxunto do noso país. “Considero que nesta etapa da longa peregrinaxe que Galicia fai pola historia, necesítase unha equipaxe conceptual axeitada aos retos que o noso país ten. Unha equipaxe inspirada en principios que a Universidade Compostelana atesoura desde o seu nacemento, e que en parte lle foron transmitidos a aquel primeiro Parlamento que viviu nesta mesma casa de Fonseca”.
O presidente da Xunta aseverou que pode dicirse que esta universidade foi o berce do autogoberno nun dobre sentido. “Foi aquí onde foron fraguando en debates e teorías os desexos de autonomía do noso pobo. E foi tamén aquí onde os pioneiros da democracia galega tiveron asento. Estes muros gardan a tradición universitaria e parlamentaria do noso país, e lémbrannos unha íntima relación entre eses dous piares do noso presente como comunidade libre”.
Por último, o responsable do Executivo galego amosou o seu convencemento de que Juan Casares Long continuará co traballo, esforzo e dedicación do reitor saínte Senén Barro, co reto de seguir construíndo unha universidade de calidade e de excelencia. “E estou certo de que coa súa labor a Universidade de Santiago seguirá a ser un dos faros máis importantes que nos alumeen”, concluíu.
R.