29-S: Sanidade trabaja en los servicios mínimos que en urgencias se cubrirán al 100%

Sanidade ha explicado que se han establecido unos criterios generales que cada uno de los centros, públicos y privados, deberá concretar, detallando el número de profesionales necesario para garantizar los servicios esenciales. Además, la consellería ha recordado que la fijación de los servicios mínimos "es compatible con el legítimo ejercicio del derecho a huelga", y se realizará atendiendo a criterios ya aplicados en paros anteriores.
Estas pautas se establecen valorando, con criterios "estrictamente asistenciales", si la correspondiente prestación o actividad admite demora o si puede afectar gravemente a la prestación de asistencia.
Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:
A Consellería de Sanidade e o Servizo Galego de Saúde, de conformidade coa normativa vixente, están a traballar na determinación dos servizos mínimos sanitarios que deberán prestarse durante a folga xeral convocada para o día 29 de setembro. Con este obxectivo, Sanidade quere contar coa colaboración de todos os centros e empresas públicas e privadas que traballan no sector sanitario. Para tales efectos a Consellería de Sanidade vén de establecer uns criterios xerais que cada centro ou empresa deberá concretar, detallando o número de profesionais preciso para garantir os servizos esenciais.
Neste sentido, Sanidade lembra que a fixación dos servizos mínimos é compatible co lexítimo exercicio do dereito de folga, e realizarase atendendo a criterios xa aplicados en folgas anteriores. Así, estes establécense valorando, con criterios estritamente asistenciais, se a correspondente prestación ou actividade admite ou non demora ou se pode haber unha afectación grave á prestación da asistencia.
Seguindo este principio determínase que a actividade sanitaria urxente debe ser cuberta no 100%, e esta mesma porcentaxe aplícase ao transporte sanitario urxente e á actividade hospitalaria en determinadas áreas especialmente críticas, como reanimación ou coidados intensivos, entre outros. No resto de áreas de actividade –tanto no que atinxe ao persoal sanitario como ao resto dos departamentos, como mantemento, limpeza, etc.- determínanse os servizos mínimos estritamente necesarios para evitar unha afectación grave á prestación da asistencia.
Os servizos mínimos fixaranse a través dunha Orde publicada no Diario Oficial de Galicia previa audiencia ás organizacións sindicais convocantes da folga.
R.