El Consorcio Conservero Español compra Alfageme y anuncia que mantendrá los 150 puestos de trabajo

El plan de negocio industrial que ha presentado la compañía cántabra, a 10 años vista, se fija como objetivo la creación de 80 puestos de trabajo en el plazo de tres años -la previsión es que en 2014 la plantilla alcance los 230 trabajadores-, una inversión de dos millones de euros para el capital social de la nueva sociedad -que se denominará Conservas Consorcio Gallego Sociedad Limitada- y otra de unos nueve millones en activos fijos tangibles -maquinaria y "todo lo necesario para poner la producción otra vez en marcha", así como para "el relanzamiento" de la línea de productos 'Miau'-, que será la que cuente con un crédito financiado por fondos europeos gestionado por el Igape.
Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:
A Consellería de Economía e Industria apoia a continuidade do proxecto conserveiro de Alfageme a través da oferta presentada polo grupo cántabro ‘El Consorcio’, que garante o mantemento de 150 postos de traballo e que contempla uns investimentos que roldan uns 12 millóns de euros para a recuperación da actividade industrial nas plantas de Ribadumia e Vilaxoán.
Así o explicou o conselleiro de Economía e Industria, Javier Guerra, quen acompañado polo director xeral do Instituto de Promoción Económica (Igape), garantiu un apoio de 9 millóns de euros a través dun préstamo BEI “para salvar o negocio conserveiro de Alfageme e os postos de traballo nunha situación de liquidación que ameazaba con provocar consecuencias irreparables para a comarca do Salnés”.
Javier Guerra explicou que tras rematar o período do convenio de acredores, a primeiros deste mes Alfageme entrou en fase de liquidación. “Dado que unha liquidación desordenada dos bens do grupo implicaría a perda definitiva dos empregos e do proxecto conserveiro do grupo, a Xunta de Galicia, logo das conversas mantidas cos representantes sindicais, decidiu facer explícito o seu apoio á oferta que este grupo vai elevar á administración concursal da compañía, por entender que se trata dunha proposta que pon a salvo o proxecto conserveiro de Alfageme e garante a continuidade dun cadro de persoal integrado, inicialmente, por 150 traballadores, da man dun grupo con solvencia técnica e financeira”.
A Consellería de Economía e Industria, explicou o conselleiro, apoia esta oferta “por ser a que garante a continuidade do proxecto conserveiro ao tempo que se compromete co mantemento de 150 empregos, logo de que o Goberno galego leve meses traballando na procura dunha solución para Alfageme centrada nun obxectivo fundamental, a reincorporación do maior número posible de traballadores aos seus postos de traballo e o mantemento do tecido produtivo na comarca do Salnés”.
Javier Guerra salientou que o grupo ‘El Consorcio’ comunicoulle a Consellería que se “compromete ao mantemento dos postos de traballo durante 5 anos, ao mantemento da actividade nas plantas de Ribadumia e Vilaxoán, e o seu plan de negocio fixa incluso un incremento da plantilla, até chegar aos 230 traballadores, no horizonte de 2014, ademais de asegurar o retorno do 50% dos beneficios obtidos da marca até un máximo de 3 millóns de euros á Xunta de Galicia por un periodo de 10 anos”.
Asemade, o conselleiro e o director do Igape, que mantiveron un encontro cos representantes dos traballadores para explicarlles o seu apoio a este grupo para manter os empregos e a actividade empresarial antes de comparecer ante os medios, explicaron que o acordo evita “calquera situación especulativa, posto que se impide a venda tanto das plantas de Ribadumia e Vilaxoán como da marca durante cinco anos”.
R.