Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

El V Enduro Concello de Becerreá, puntuable para el Campeonato de España de la especialidad

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Diputación Provincial de Lugo:

O vicepresidente da Deputación, o nacionalista Antonio Veiga, participou na presentación do V Enduro Concello de Becerreá Porta do Ancares, proba que puntuará para o campionato de España da especialidade e que se celebrará en Becerreá o vindeiro domingo día 9. Á presentación, realizada no Pazo de San Marcos, tamén acudiron o representante do club de motor organizador Motosprint, Luis Pimentel, o alcalde de Becerreá, Manuel Martínez, e o concelleiro de Deportes, Claudio Vázquez, ademais do campión de España, Xacob Agra (KTM).

Antonio Veiga expresou a súa satisfacción de que “unha das probas máis espectaculares e duras do Campionato de España se desenvolva no concello de Becerreá, conseguindo así reunir nesta localidade lucense aos mellores e máis prestixiosos pilotos do ámbito nacional, estatal e incluso mundial”. Logo disto, o nacionalista comentou que “este tipo de iniciativas potencian o sector socioeconómico da vila na que se desenvolven e dos seus arredores”.

Na listaxe de participantes destacan nomes coma o de Iván Cervantes (Gas Gas), Cristóbal Guerrero (KTM) que encabeza a clasificación do Nacional con 142 puntos, e Xacob Agra (KTM). Nesta liña o representante do comité organizador do III Enduro Concello de Becerreá e integrante do club Motosprint comentou que a proba comezará coa saída ás 9 da mañá do primeiro participante, que está previsto que chegue á meta ás 15:30 horas.


R.