El presidente de la Xunta destaca la solvencia de Galicia y la vigencia del control del déficit

El jefe del Ejecutivo gallego reiteró que la primera Comunidad que aprobó una ley de techo de gasto fue Galicia, antes de la reforma constitucional y también subrayó que, por primera vez en la historia, la deuda pública figura por debajo de la media del resto de autonomías.
Según Feijóo, este «rigor y responsabilidad» están dando sus frutos, de forma que se pueden mantener, apuntó, los servicios públicos esenciales como sanidad, educación, servicios sociales o justicia gratuita, incluso «mejorando el número de plazas de residencias de la tercera edad», centros de día o intervenciones quirúrgicas en jornada ordinaria de mañana. Respecto a la inversión pública, Núñez Feijóo indicó que la Xunta licitó tres mil millones de euros, «un poco más que en la legislatura anterior, en plena bonanza económica», mientras modificó las prioridades en las inversiones.
También se refirió al compromiso del Gobierno gallego en facilitar e internacionalizar las empresas gallegas, para lo que el IGAPE destinó 50 millones de euros, lo que multiplicó por cuatro, aseguró, los recursos a este programa.
Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, destacou, no acto de clausura da VI Xornada do Banco Sabadell de Negocio Internacional-A estratexia empresarial ante o mercado global, a solvencia da comunidade e afirmou que a regra da austeridade e de controlar o déficit público continúa tendo vixencia.
Ao longo da súa intervención, Feijóo lembrou que o novo Goberno galego iniciou a lexislatura cunha serie de regras: “A primeira, e que sigue tendo vixencia, -dixo- é a austeridade, incrementar o control do gasto, controlar o déficit público e abandonar prácticas que nin aportan riqueza, nin valor e xeran gasto. E xunto coa austeridade nos comprometemos a cumprir o déficit público. O fixemos no 2009, no 2010 e seguiremos pola vía da contención do gasto público”.
“A primeira comunidade que aprobou unha lei de teito de gasto foi a galega, antes da reforma constitucional; e, por primeira vez na historia, a nosa débeda pública está por debaixo da media da débeda pública do resto das comunidades”, salientou, tamén, a modo de exemplos.
O responsable do Goberno galego destacou que este rigor e esta responsabilidade están dando os seus froitos, “podendo manter os servizos públicos esenciais –sanidade, educación, servizos sociais, xustiza gratuíta- e, incluso, mellorando o número de prazas de residencias da terceira idade, o número de prazas de centros de día, o número de intervencións cirúrxicas en xornada ordinaria de mañá e o número de prazas en garderías; e intentando non afectar de forma comprometida a inversión pública”.
No tocante a este último punto, subliñou que a Xunta licitou 3.000 millóns de euros, “un pouco máis que na lexislatura anterior, en plena bonanza económica”; e modificou as prioridades nas inversións -inversións tecnolóxicas, inversións hospitalarias, inversións hidráulicas, inversións xudiciais e inversións viarias-.
O presidente da Xunta destacou, tamén, o compromiso do Goberno galego para facilitar e mellorar as estratexias de internacionalización das empresas galegas. E neste sentido, lembrou que “no IGAPE, dedicamos 50 millóns de euros a facilitar a internacionalización das nosas empresas, o que conleva a multiplicar por 4 os recursos do Programa de Internacionalización e a multiplicar por 5 as solicitudes aprobadas de empresas galegas que queren algún tipo de liña de axuda para a súa facturación, pasando de 200 empresas, no ano 2008, a 1.100 no ano 2011”.
“Impulsamos, tamén, a posta en marcha dunha rede de plataformas empresariais no exterior para amosar as posibilidades dos países máis emerxentes do mundo e para que as empresas galegas podan contactar cos mercados deses países”, engadiu.
O responsable autonómico avogou por entender a internacionalización da economía galega nunha dobre vertente. “A internacionalización –dixo- non só consiste en exportar ou en vender fóra; tamén consiste en captar inversións en Galicia e, a tal efecto, queremos ser unha comunidade atractiva, previsible, que facilite a creación de riqueza coa obsesión de ir parando a lacra do desemprego e inverter a tendencia”.
Entre eses elementos atractivos destacou a posición marítima da comunidade, a Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal -cun mercado de 6,5 millóns de habitantes-; e a existencia de empresas punteiras a nivel mundial en varios sectores como o téxtil, a automoción, as telecomunicacións ou as conservas.
Fotografía: Xunta de Galicia
R.