La Xunta colabora con el PDCT Portas de Galicia en el programa "Inverno de entroido no oriente ourensán"

O Plan de Competitividade Turística Portas de Galicia, no que participa a Consellería de Cultura e Turismo, pon en marcha o programa ‘Inverno de entroido no oriente ourensán’, co fin de ofrecer propostas turísticas atractivas utilizando os produtos máis representativos do oriente de Ourense. Ademais da Secretaría Xeral para o Turismo, participan tamén nesta iniciativa Turespaña, a Asociación de Municipios das comarcas Conso-Frieiras e Monterrei, e a Asociación de Empresarios de Hostelería Portas de Galicia
Os entroidos do oriente de Ourense convértense en produto turístico nas comarcas de Verín e Viana, que propoñen catro propostas moi suxestivas como gastronomía, escapadas, rutas en automóbil e experiencias de entroido. Nesta proposta o entroido e inverno son sinónimos, e é que coa integración neste produto turístico de servizos e entroidos de 12 municipios ourensáns o calendario amplíase no tempo e a cantidade de actos programados, abarcando desde a mesma noite de ano novo ata entrado o mes de marzo. Para incentivar as visitas ao oriente de Ourense e os seus entroidos, si a reserva se fai antes do 31 de decembro o desconto é do 20%.
A idea central do produto ‘Inverno de entroido’ establece que entre os actos festivos e os días con actividades propias do carnaval pódense realizar outras propostas e achegarnos a un territorio rico en sensacións como as escapadas románticas, percorridos por estradas descubrindo aldeas, ou os maiores embalses de Galicia e impresionantes bosques autóctonos. Tamén pódese achegar ás adegas da Denominación de Orixe Monterrei e como non, degustar a gastronomía típica do entroido co cocido e a cachucha como protagonistas indiscutibles.
Catro propostas turísticas
As escapadas son unha serie de paquetes de fin de semana en hotel spa de 4 estrelas, aloxamentos rurais e outros con prezos desde 65 euros por persoa. As rutas en automóbil son dúas, unha que percorre lonxitudinalmente o val do río Támega e xa que logo o Val de Monterrei ata a súa entrada en Portugal na que destacan o castelo de Monterrei, as adegas da D.O. Monterrei e os mananciais termais de Verín. A segunda ruta é un itinerario polas terras altas, circulando sempre por estradas secundarias para descubrir os recunchos con máis encanto do territorio.
A proposta gastronómica lévanos a descubrir os produtos máis enxebres da terra a través de menús de tempada nos restaurantes da zona e dos eventos e festas gastronómicas como a da androlla de Viana do Bolo. Os menús-degustación e de entroido oscilan entre os 20 e os 35 euros por persoa. As experiencias de entroido son unha selección dos momentos máis excitantes do entroido.
Inverno de entroido promociónase a través de catro folletos, un por cada proposta, e o sitio web www.inviernodeentroido.com, onde se pode acceder ao calendario dos momentos máis importantes do entroido, os mapas do territorio coas rutas, as situación dos establecementos, as ofertas asociadas a cada proposta e como non, información do territorio e dos entroidos. Na web www.sientegalicia.com tamén se poden adquirir escapadas de Invierno de entroido.
R.