El Sergas se propone rebajar otro 7% el gasto farmacéutico y ahorrar 60 milones más

En un momento en el que se "cuestiona" el futuro del sistema público de salud, Feijóo ha sentenciado que Galicia "cree" en la sanidad pública. En consecuencia, ha señalado que, "tras un pasado admirable", hay que buscar "un futuro admirable" y ha rechazado el conformismo, puesto que la sanidad pública "está muy lejos de ser una realidad perfecta". "Tenemos que preguntarnos si podemos estar satisfechos. Yo me atrevo a decir que no", ha sentenciado, para constatar que la "obligación" de los políticos es "asumir las imperfecciones" del sistema para intentar "mejorarlo" y garantizar "su viabilidad". "Tenemos que entregar el Sergas en mejores condiciones de las que lo recibimos hace tres años", indicó.
Este reto es, según Feijóo, "un objetivo compartido" y una tarea que exige "la implicación de todos". Al respecto, ha felicitado a los profesionales gallegos por su trabajo, antes de celebrar que Galicia "ya tiene camino andado" mientras que otras comunidades "empiezan a preguntarse por la viabilidad del sistema" y por la aplicación de medidas que lo preserven. Como pilares para avanzar en este camino, se ha referido a la detección de "bolsas de ineficiencias" en un sistema que absorbe un 40 por ciento del presupuesto gallego, al ahorro farmacéutico, en el que prevé seguir profundizando en 2012, a la mejora de las infraestructuras sanitarias y a la optimización de la atención al paciente.
Sobre la búsqueda de ineficiencias, el presidente ha recordado los objetivos de ahorro en consumo energético y ha celebrado también que ésta haya sido la "primera" legislatura en la que se consigue frenar el gasto farmacéutico. "En 2011, Galicia fue la comunidad con mayor control del gasto, contuvo el gasto por receta y logró ahorrar 102 millones". Asimismo, la Xunta se fija el reto de situar en el 75 por ciento el rendimiento quirúrgico, en lo que respecta a la productividad de los quirófanos. Al respecto, el presidente se ha mostrado satisfecho por los últimos datos que apuntan a un incremento del 23 por ciento de las operaciones quirúrgicas en jornada de mañana, hasta alcanzar las 19.000.
En el ámbito de las infraestructuras ha repasado los pasos dados en relación a la puesta en marcha del Hospital Lucus Augusti y al impulso de los nuevos hospitales de Vigo y Pontevedra, entre otros. Al tiempo, ha admitido la necesidad de "dimensionar correctamente" el hospital de O Salnés y el de A Costa lucense, así como mejorar la atención a los pacientes.
Feijóo ha celebrado la reducción de las listas de espera en las patologías más graves y ha destacado que es necesario "seguir mejorando" para reducir la demora a todos los niveles. "No es suficiente lo logrado, hay que ser mejores, más eficientes y más humanos con los pacientes porque son los propietarios del sistema y los que pagan las nóminas del personal", ha avisado, antes de insistir en que Galicia "cree" en la sanidad pública y trabajará para "mantener la viabilidad" del sistema.
Después de proclamar, como ya hizo, que Galicia es la comunidad "más solvente" de España en "términos agregados", el presidente ha ido un paso más allá y ha subrayado que el Sergas también es el servicio de salud "más solvente" del país, por lo que ha agradecido "la responsabilidad y el rigor" de sus trabajadores. En la misma línea se ha pronunciado la conselleira de Sanidade, Rocío Mosquera, quien ha incidido en el elevado porcentaje de recursos públicos que absorbe la sanidad, por lo que ha insistido en la necesidad de responder con una gestión "rigurosa y responsable" con el fin de dar el "mejor uso" posible al dinero público. "Este acto simboliza el compromiso con los pacientes y los ciudadanos, que son los propietarios y centro del sistema público de salud", ha aseverado Mosquera. En cuanto al acuerdo de gestión, el tercero suscrito en esta legislatura, ha subrayado que el objetivo es garantizar la "sostenibilidad".
En esta tarea, ha dado por hecho que contará con la implicación de "todos" los profesionales del Sergas, a los que ha dado las gracias por los "logros" alcanzados hasta el momento. "Creo que debemos estar satisfechos, pero no complacidos. Tenemos que seguir avanzando".
Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, avanzou, na sinatura do Acordo de Xestión Integrada 2012, como obxectivo sanitario para este ano “seguir sendo cada vez máis eficientes”, cun aforro farmacéutico de 60 millóns de euros máis e cunha mellora do rendemento cirúrxico nos hospitais ata chegar ao 75%. “Temos que seguir adoptando medidas para garantir a viabilidade do sistema sanitario. E hoxe, estamos aquí –afirmou- para reiterar o compromiso coa seguridade na práctica médica, coa calidade e coa eficiencia do servizo sanitario”, afirmou.
Ao longo da súa intervención, Feijóo salientou que profundar na senda do aforro farmacéutico seguirá sendo un obxectivo prioritario. “Nos comprometemos no ano 2012 a seguir na senda da eficiencia no gasto farmacéutico e a volver a aforrar sobre o aforrado en 2011, 60 millóns de euros máis, o que supón unha diminución do gasto farmacéutico do 7% con respecto ao ano pasado”.
O titular da Xunta lembrou que xa no mes de xaneiro o gasto farmacéutico seguiu baixando. “Diminuímos un 5% a factura farmacéutica de xaneiro do ano 2012 sobre o ano 2011, o que supuxo tamén, por terceiro mes consecutivo, que o gasto por receita se situara por debaixo dos 12 euros e acadar, tamén, cotas de prescrición de xenéricos superiores ao 30%”.
Así mesmo, aseverou que, no ano 2012, seguirase a traballar no eido da innovación, co proxecto Innova Saúde Hospital 2050, dotado con 90 millóns de euros, en plena crise económica.
Feijóo asegurou que o Executivo galego seguirá a traballar para manter a calidade, a seguridade e a actividade do noso sistema de sanitario. “Vamos acreditar que en Galicia somos capaces, en plena crise económica, de facer máis hospitais, de facer máis intervencións cirúrxicas, de facer máis probas diagnósticas e de facelos con ratios de calidade e de seguridade comparables cos mellores hospitais de Europa”.
Logo de subliñar que coa sinatura deste acordo póñense 3.700 millóns de euros a disposición dos galegos, “de investimento na saúde, é dicir, comprometemos o 40% do presuposto de Galicia”, o presidente da Xunta salientou que, ao contrario do que ocorre noutras comunidades, o Goberno galego leva xa traballando desde o comezo da lexislatura na constante busca de ineficiencias e na modernización do sistema. “Cando noutras autonomías se empezan a preguntar por onde empezar para facer viable o sistema, e que medidas tomar para melloralo nun momento de crise económica, nós podemos dicir que levamos tres anos despregando ámbalas dúas estratexias”.
En relación á busca de ineficiencias, Feijóo referiuse, a modo de exemplos, ao aforro enerxético, co compromiso de conquerir un aforro superior a 100 millóns de euros nun período de oito ano, é dicir, unha media de 15 millóns de euros ao ano en aforro. E á aposta pola tecnoloxía que permite, ao substituír a impresión de placas por imaxes dixitais, remitir as nóminas por correo electrónico ou implantar novos sistemas de petición de cita previa telefónica en centros de saúde, un aforro anual de máis de 4,5 millóns de euros.
“En relación ao gasto farmacéutico –engadiu-, é a primeira lexislatura nos 20 anos do Servizo galego de Saúde onde mudamos a tendencia. No ano 2010, por primeira vez, o incremento do gasto farmacéutico en Galicia practicamente foi nulo –incremento do 0,7%- e no ano 2011 fomos a comunidade, por primeira vez na nosa historia, que máis aforro farmacéutico rexistrou, cunha porcentaxe do 11%; un aforro absoluto de 102 millóns de euros, é dicir, 300.000 euros diarios”.
En relación ao segundo piar, Feijóo salientou que o Goberno galego está traballando na modernización do sistema sanitario en plena crise económica, a través da mellora das infraestruturas e introducindo melloras na atención. “Estamos construíndo novos hospitais. Fomos capaces de converter un edificio en hospital nun ano, no hospital Lucus Augusto de Lugo; estamos construíndo o maior hospital público que neste momento se está a construír en España, o hospital metropolitano Álvaro Cunqueiro de Vigo; seremos capaces de construír un novo hospital en Pontevedra; somos capaces de afrontar a reforma do Complexo hospitalario universitario da Coruña e, neste 2012, de licitar e adxudicar a reforma integral da hospitalización do Complexo hospitalario universitario de Ourense; e temos que dimensionar correctamente o Hospital do Salnés e o Hospital da Costa, en Lugo”.
Sobre a atención aos pacientes, o titular da Xunta recordou que, por primeira vez, as patoloxías graves, en Galicia, esperan menos de 20 días de media; “melloramos o rendemento cirúrxico, con 19.000 intervencións máis nos quirófanos en xornada de mañá; e estamos universalizando as tecnoloxías de xeito que máis do 90% dos pacientes teñen historia clínica electrónica e reciben as receitas tamén de xeito electrónico”.
Feijóo aseverou que no ano 2012 seguirase traballando coa mesma profesionalidade e co mesmo rigor. “Vamos a seguir traballando neste momento de dificultade, pero tamén, acreditando, como onte acreditábamos, que a pesares da crise, Galicia é unha das comunidades máis solventes en termos de déficit agregado, é dicir, déficit público, pago a provedores e execución de investimento. En termos totais, a Comunidade máis solvente de España é Galicia e iso quere dicir que o Servizo de Saúde máis solvente de España é o Servizo Galego de Saúde”.
R.