Crisis económica: Feijóo promete que Galicia "seguirá cumpliendo" en 2012 y pide incentivos para las autonomías que cumplan el déficit

Según el dirigente autonómico, Galicia es una comunidad "solvente" y va a "seguir siéndolo", por lo que ha destacado que la Xunta cumplirá también en 2012 el objetivo de déficit, que quedará fijado definitivamente esta tarde en la reunión del Consejo de Política Fiscal y Financiera (CPFF). "Lo que pedimos es que el Gobierno tenga en cuenta a las comunidades autónomas que cumplan. Que en los programas de cofinanciación, de convenios, de infraestructuras tenga en cuenta a las que cumplimos el déficit para que tengamos una situación más favorable frente a otras que lo han venido incumpliendo", ha remarcado.
Sobre la posibilidad de que otras comunidades pidan flexibilizar los objetivos de déficit, Feijóo ha afirmado que cumplirlo es "difícil", pero que es posible y que, además, es "obligación" de los gobiernos autonómicos. "La situación que hemos heredado es la más difícil de toda la historia del Estado autonómico, pero estamos aquí para cumplirlo. Es difícil, pero se puede". En este sentido, ha insistido en que Galicia es una comunidad "solvente" porque "va a cumplir el objetivo de déficit, va a seguir pagando a sus proveedores y va a seguir manteniendo los servicios públicos básicos", a lo que ha asegurado que la vicepresidenta del Gobierno le ha trasladado su "felicitación".
Como forma de luchar contra el déficit reduciendo el gasto público, Feijóo ha defendido una vez más la fusión de pequeños municipios. A su juicio, en el marco de las reformas estructurales que está acometiendo el Gobierno central, "la del mapa municipal debe ser susceptible de ser reflexionada y abordada", una idea que también ha trasladado a Sáenz de Santamaría. El presidente gallego ha señalado que desde la Xunta se incentiva la "cooperación entre ayuntamientos para la prestación de servicios públicos de forma conjunta", por lo que propone que éste sea el "paso previo" que culmine, en los casos en que se pueda, en fusiones de municipios.
En su opinión, con ello se lograrían municipios más grandes desde el punto de vista poblacional y, de este modo, administraciones "más viables" desde el punto de vista económico en cuanto a la prestación de servicios públicos básicos.
El presidente de la Xunta, Alberto Núñez Feijóo, ha avanzado que su gobierno baraja solicitar 200 millones de euros a través de las nuevas líneas de crédito aprobadas por el Ejecutivo para que las administraciones públicas salden deudas con sus proveedores, una fórmula de financiación que puede resultarle "más interesante" que la emisión de deuda pública. Ha ratificado además que Galicia no recurrirá a ningún crédito del ICO. En declaraciones en el Senado, donde se ha reunido con el Grupo Parlamentario Popular, Feijóo ha querido destacar que se trataría de un "importe modesto" dentro de los 35.000 millones de crédito que se prevén para el conjunto del país, entre ayuntamientos y comunidades autónomas. "Estamos acreditando que Galicia tiene controlado su déficit y paga a los proveedores", ha subrayado. "Somos la comunidad más solvente de España".
El dirigente gallego ha explicado que el Ejecutivo autonómico coloca bien la deuda pública que emite y que este año, en 60 días, ha vendido ya el 34% de la emisión anual que tiene prevista. "Los bancos se fían de la comunidad", ha sentenciado. Pese a ello, su gobierno estudia si le resulta ventajoso utilizar esta nueva fórmula, con intereses que rondarán el 5 por ciento, y ha descartado pedir ninguna financiación al ICO. "Nos parece que esta línea en este momento puede ser más interesante para la comunidad que las líneas de endeudamiento. Pensamos que sí vamos a acudir, por un importe modesto, 200 millones de euros sobre los 32.000 del total de las administraciones públicas".
Sobre la situación de la administración local gallega, Núñez Feijóo no ha facilitado datos, pero ha asegurado que, de media, los ayuntamientos gallegos se encuentran en mejor situación que los del resto del país. "Salvo excepciones, están en mejor situación financiera que otros", ha dicho. El presidente de la Xunta ha defendido este plan de pago a proveedores aprobado el pasado viernes por el Gobierno y lo ha sumado al aplazamiento de cinco a diez años a las comunidades para que devuelvan al Estado los adelantos a cuenta. "Con esas dos herramientas tenemos más facilidad para cumplir el déficit", ha defendido, para insistir en que las comunidades tienen a su juicio unas facilidades de las que han carecido en los últimos ocho años de gobiernos socialistas para atenerse a los objetivos de déficit. "Lo que se nos pide es difícil, pero es inevitable. Aceptando la dificultad de su cumplimiento hay también que aceptar que es inevitable", ha recalcado.
Núñez Feijóo ha insistido en este mensaje de cumplimiento, diferente al de otras comunidades como Andalucía o Cataluña, que defienden que se relajen los objetivos autonómicos al igual que va a hacer el Gobierno con el que le corresponde. El presidente ha abundado en que Galicia "no es un problema" para que España cumpla los objetivos impuestos por la Unión Europea sino "al contrario", contribuye a que la media del déficit baje. Feijóo ha aprovechado su reunión con el grupo del PP en el Senado para exponer todas estas cuestiones y defender la gestión de su gobierno, que el año pasado cerró las cuentas públicas con equilibrio presupuestario y confía en repetir el mismo resultado en este 2012 "sin que disminuya la calidad de las prestaciones".
El portavoz del PP, José Manuel Barreiro, ha agradecido la visita del presidente gallego y ha anunciado que es la primera de una serie de reuniones con los presidentes autonómicos que su grupo quiere organizar, para que ambas partes se conozcan y dar más protagonismo al papel territorial de la Cámara Alta. Barreiro ha defendido el trabajo del PP en la Xunta de Galicia y ha recordado que fue la primera comunidad en trasladar a su normativa un techo de gasto y una ley de estabilidad presupuestaria.
Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:
O responsable do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, trasladou á vicepresidenta do Goberno, ministra da Presidencia e portavoz do Goberno, Soraya Sáenz de Santamaría, que Galicia vai seguir comprometida co déficit público: “vai cumprir o déficit público, tamén, no ano 2012; vai seguir pagando aos provedores, tamén, no ano 2012; e vai seguir mantendo os servizos públicos esenciais, incluso incrementándoos, tamén, no ano 2012. Vamos, en consecuencia, a intentar seguir afrontando a crise con rigor e priorizando decisións; en definitiva, gobernando”.
Logo dunha reunión na sede da Vicepresidencia, en Madrid, Feijóo destacou e agradeceu a felicitación expresa de Soraya Sáenz de Santamaría, en nome do Goberno central, a Galicia por ser unha comunidade solvente; unha comunidade que cumpre os seus compromisos co déficit público e unha comunidade que ten as súas contas equilibradas.
Ao longo da súa comparecencia, Feijóo incidiu en que Galicia é unha comunidade solvente, que leva acreditando o equilibrio presupostario das contas públicas “e que imos seguir cumprindo estritamente os nosos compromisos de déficit público, de equilibrio presupostario e de solvencia”.
Neste senso e en relación coas contas da comunidade, o titular da Xunta lembrou que Galicia foi a primeira comunidade en aprobar a Lei de disciplina presupostaria e a Lei de teito de gasto, “antes incluso –precisou- que a reforma constitucional”. “Temos en vigor desde o mes de xullo do pasado ano a Lei de réxime disciplinario, unha lei de disciplina presupostaria e de teito de gasto que aplicamos xa no presuposto vixente do ano 2012. E fomos capaces, entre todos, de cumprir a estabilidade presupostaria no ano 2009, no ano 2010 e no ano 2011”.
O titular da Xunta aseverou que, xunto con Madrid, Galicia mantivo o horizonte do equilibrio presupostario; “e isto non só é cumprir os criterios de déficit público –dixo- é executar o presuposto de inversións e é atender en menos tempo aos provedores”.
O presidente galego resaltou que a Comunidade leva varios anos sendo unha autonomía responsable e contribuíndo ao equilibrio das contas públicas do conxunto da Nación; “e imos seguir traballando –aseverou- para que a situación de todos vaia mellorando paulatinamente. Levamos varios anos traballando na mesma senda e imos seguir insistindo porque entendemos que a senda do equilibrio das contas e do mantemento dos servizos públicos esenciais é boa para Galicia e para o conxunto das comunidades”.
Así mesmo, lembrou tamén que a Comunidade galega adiantouse ao conxunto do Estado nas medidas de austeridade: “Reducimos ao 50%, practicamente, toda a administración no que se refire a altos cargos e estamos diminuíndo todo o aparato burocrático da comunidade co obxecto de investir máis nos cidadáns e consumir menos recursos por parte do Goberno autónomo e das súas institucións. Tomamos, antes que noutras partes de España, decisións económicas para preservar o Estado do Benestar e, en plena crise económica, estamos incrementando todos os servizos públicos –prazas nos ámbitos sociais, prazas e novos hospitais nos ámbitos da sanidade pública e, tamén, compromisos en materia de educación-”.
Igualdade de oportunidades e de competencias cos estaleiros europeos
O responsable do Executivo galego repasou, así mesmo, coa vicepresidenta do Goberno os asuntos que preocupan aos galegos e avanzou a apertura dun período de traballo cos distintos ministerios implicados “para que, nos cen primeiros días de goberno, podamos ter certezas e podamos concretar cál é a tarefa, o traballo e a dirección dos traballos que temos que emprender”.
Nun primeiro termo, Feijóo destacou a preocupación dos galegos pola situación que atravesa o sector naval e trasladou á vicepresidenta a prioridade para o Goberno galego de “desatascar” os problemas co comisario da Competencia e coa Comisión Europea, “que arrancan xa desde xuño do ano 2011 e que están sen resolver”.
O presidente da Xunta subliñou a necesidade de que o Goberno de España intensifique as negociacións co comisario Almunia para que os estaleiros españois teñan igual posición e un plan de igualdade de oportunidades e de competencias cos estaleiros europeos, especialmente cos estaleiros franceses. “Plantexamos, en consecuencia, a necesidade de intensificar as negociacións nas próximas semanas para buscar unha solución ao feito de que, nestes momentos, os estaleiros españois non poden contratar barcos porque non teñen un modelo homologable aos seus colegas franceses, holandeses e alemáns”, matizou.
Sen saír do naval, Feijóo comunicou tamén a falta de carga de traballo nos estaleiros públicos Navantia Ferrol, onde é necesario adoptar medidas para recuperar a carga de traballo dos estaleiros da ría de Ferrol, dependentes da SEPI. “Fai seis anos que Navantia Ferrol non consegue un contrato. É verdade que o problema é antigo, pero é un problema que necesita solución”.
Sobre a situación financeira das entidades e a reforma financeira de España, Feijóo amosou a satisfacción do Goberno galego de que se abandonasen as turbulencias na falta de regulación do sector financeiro e a improvisación desa regulación.
Neste marco estable, Feijóo plantexou á vicepresidenta que o proxecto de NovaGalicia Banco sexa un proxecto que teña as mesmas condicións e que se examine desde parámetros de igualdade con outros proxectos de consolidación financeira que se poden producir entre as entidades financeiras que estean financiadas polo FROB. “Igualdade de condicións, posibilidade de que os xestores de NovaGalicia Banco recapitalicen a entidade financeira e se é así, se os xestores recapitalizan a entidade financeira, a posibilidade de que exista un proxecto viable a medio e longo prazo”.
“O que plantexamos é que se os xestores de NovaGalicia Banco conseguen recapitalizar a entidade o lóxico é que se lles apoie. Os xestores han de conseguir fondos para recapitalizar a entidade e devolver parte do FROB ao principio e a totalidade do FROB durante o período, e se iso é así o lóxico é que o Goberno apoie a entrada de capital estranxeiro que supón unha bafarada de confianza no sistema financeiro español. Isto é o que se plantexou no entendemento de que cada un vai a facer os seus deberes”.
No tocante ás infraestruturas pendentes, o presidente da Xunta lembrou que a Galicia preocúpanlle as autovías pendentes –Autovía do Cantábrico, Autovía entre Pontevedra e Vigo, as Autovías de Santiago a Lugo e de Lugo a Ourense-; a finalización do AVE do Eixo Atlántico e a licitación e adxudicación de todos os tramos do AVE a Galicia.
En relación ao sector eólico, Feijóo avogou por unha enerxía renovable eficiente. “Non toda a enerxía renovable é eficiente. Somos conscientes de que non se pode seguir subindo de forma indiscriminada o recibo da luz, porque iso supón unha diminución da competitividade das empresas e un recargo na economía familiar, pero o certo é que hai fórmulas para que os parques eólico eficientes, podan seguir o seu trámite e podan seguir consolidándose, dentro do proxecto industrial que ten Galicia de 6.000 millóns de euros de inversións en 2.300 megavatios en execución, nestes momentos”.
Por último, o responsable do Goberno galego agradeceu á vicepresidenta do Goberno a súa hospitalidade, así como receptividade e o compromiso amosado con todos os asuntos que afectan a Galicia. “Galicia agradece ao Goberno central que estea ao tanto e que teña coñecemento, en tempo real, dos asuntos que afectan a Galicia; da mesma forma que Galicia e os galegos comprometémonos –reiterou- co equilibrio presupostario, co déficit público e co mantemento e incremento dos servizos esenciais a pesar da crise económica”.
Fotografía: Xunta de Galicia.
R.