La Diputación de A Coruña homenajea a los diputados gallegos que participaron en la Constitución de 1812

El conselleiro de Presidencia ha destacado que la Constitución de 1812 supuso "un paso de gigante en elementos esenciales" y ha afirmado que "hoy tiene que estar más vigente que nunca" el impulso que, a su juicio, se dió, "al debate y el compromiso democrático".
El delegado del Gobierno en Galicia, Samuel Juárez, ha indicado que "La Pepa" marcó "el cambio de una época" en España y ha subrayado la importancia de reconocer "lo que hoy tenemos" y de ensalzar la labor "de aquellos amantes de la libertad". En semejantes términos, se ha expresado el alcalde de A Coruña, Carlos Negreira, quien ha recordado que esta ciudad "fue la primera que ratificó la Constitución de Cádiz", al tiempo que la ha definido "como una de las principales capitales del liberalismo español".
Tras los discursos, se procedió al descubrimiento de una placa con los nombres de los diputados gallegos, entre ellos los 12 de la provincia de A Coruña a los que el organismo provincial ha nombrado diputados honoríficos de esta institución. A este acto han asistido numerosos representantes políticos, entre ellos el delegado del Gobierno en Galicia, Samuel Juárez; el conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, Alfonso Rueda y el alcalde de A Coruña, Carlos Negreira, además de descendientes de aquellos diputados.
Nota de prensa de la Diputación Provincial de A Coruña:
A Deputación da Coruña celebrou o bicentenario da Constitución de Cádiz de 1812, A Pepa, realizando unha homenaxe conmemorativa aos deputados coruñeses que asinaron o documento e dando así cumprimento a un acordo plenario adoptado por maioría no Pleno do 24 de febreiro.
Ao acto, que estivo presidido polo presidente da Deputación da Coruña, Diego Calvo, asistiron o vicepresidente da Xunta de Galicia e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Administracións públicas, Alfonso Rueda, o delegado de Goberno en Galicia, Samuel Juárez, o alcalde da Coruña, Carlos Negreira, e o decano do colexio de avogados na Coruña, Antonio Platas.
O presidente da Deputación coruñesa, Diego Calvo, recalcou durante a súa intervención a importancia dun “documento histórico”. “Porque incluíu por primeira vez en España unha declaración de dereitos do cidadán, porque decretou a igualdade ante a lei, porque marcou a división de poderes e suprimiu señoríos, porque aboliu a inquisición, porque supuxo o inicio do constitucionalismo e porque reorganizou a administración provincial e local”, explicou o titular provincial.
Calvo destacou por riba de todo o mérito e “un recoñecemento que nunca será suficiente” para “uns homes valentes que, seguro que enfrontándose a moitas dificultades, sacaron adiante un texto” que marcou o inicio dunha nación moderna
O presidente provincial quixo facer referencia ás similitedes coa actualidade: “A historia repítese con homes que están deixando atrás os seus intereses políticos e persoais na procura dun futuro mellor”.
Por último, Calvo insistiu nun dos artigos daquela Constitución do ano 1812, o artigo 13, que dicía: “O obxecto do Goberno é a felicidade da nación, posto que o fin da sociedade política non é outro que o benestar dos individuos que a compoñen”.
Centrándose nesta idea, animou a todos os presentes a seguir pelexando por un futuro mellor, por devolver a ilusión e a felicidade a todos os españois. Falando en nome de todos, concluíu: “Nunca perderemos de vista que o obxectivo do Goberno é a felicidade da nación”.
O acto contou con invitados moi especiais, aos que Diego Calvo saudou de forma moi especial e que, unha vez rematadas as intervencións, asinaron no Libro de Ouro da Deputación. Trátase dalgúns familiares daqueles deputados de 1812 que se localizaron desde a institución provincial.
Ademais, o acto contou coa presenza do decano do Colexio de Avogados da Coruña, Antonio Platas, que interveu no acto porque un dos deputados do 1812, Antonio Payán, foi, ademais de presidente do Congreso, tamén presidente do colexio coruñés.
Entre os asistentes ao acto desta mañá estaban tamén deputados do Congreso; parlamentarios autonómicos; a delegada da Xunta, Belén do Campo; ex deputados e deputados actuais da institución coruñesa, ex senadores, autoridades civís, militares e xudiciais, e, como representante dos deputados honararios da Deputación coruñesa, José Luis Meilán Gil.
Antes da firma, descubriuse unha placa en homenaxe a aqueles coruñeses que participaron, dalgunha maneira, na elaboración e posta en marca da Constitución de 1812. Son:
Antonio Payán de Tejada y Figueroa
Antonio María Parga y Puga
Benito Ramón Hermida
Francisco Pardo y Patiño
José Alonso López Nobal
José Salvador López del Pan
Luis Rodríguez del Monte y Pardo
Pedro Ribera Pardo
Manuel Ros de Medrano
José María Suárez Rioboo
Vicente Castro Lavandeira
Joaquín Tenreyro de Montenegro y de la Hoz
Fotografía: Diputación Provincial A Coruña
R.