Isaac Díaz Pardo, nombrado hijo adoptivo de la provincia de Lugo

Xosé Díaz puso el acento en que uno de los "proyectos más importantes en la vida" de Isaac Díaz Pardo fue "la rehabilitación del complejo industrial de Sargadelos".
El presidente de la Diputación, el socialista José Ramón Gómez Besteiro, expresó su "respeto y admiración" por la "precursora visión de futuro de Díaz Pardo". "Al que quiero definir como el verdadero padre del I+D+i en Galicia". Basó la distinción, que se aprobó con la unanimidad de los tres grupos provinciales -PP, PSOE y BNG-, en el "legítimo reconocimiento del que es merecido por su sobresaliente trayectoria de irrenunciable compromiso a favor de la difusión de la cultura gallega".
También, añadió, por su "extraordinario legado artístico que, de forma tan especial, repercutió en la provincia de Lugo, donde desarrolló un ingente trabajo de dinamización socioeconómica como refundador e impulsor del Complejo Industrial de Cerámica de Sargadelos, en el concello de Cervo de la Mariña luguesa".
Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Diputación Provincial de Lugo:
O Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, presidiu o acto de nomeamento de Isaac Díaz Pardo como Fillo Adoptivo de Lugo, a maior condecoración da provincia, que a institución luguesa non outorgaba dende 1998, data na que recibiu este distintivo María Paz Taboada de Andrés en recoñecemento da súa “sensibilidade cultural e histórica”, logo de cederlle ó organismo provincial o Pazo de Tor para convertelo nun espazo público. Díaz Pardo é, polo tanto, o 1º Fillo Adoptivo que se nomea baixo o mandato do actual Goberno Provincial, a proposta de Gómez Besteiro, quen considera ó intelectual recentemente falecido “o verdadeiro pai do I+D+i en Galicia”.
Durante a súa intervención, o titular provincial, definindo a Díaz Pardo, salientou que “Don Isaac, que durante os seus anos de vida tentou pasar sen ser visto, foi un home dunha austeridade e unha humildade proverbiais. Home miúdo de ollos grandes para ver, ollos grandes para descubrir, ollos grandes para vivir: o todo desa arte da mirada que tantas veces o artista inmortaliza nos personaxes da súa obra de óleo e porcelana, como se fosen estes herdeiros das súas propias ventás ó mundo. El, o dende sempre, dende o principio, dende Galicia, apaixonado polo universo dantesco en todas as vertentes. Esas, onde a traizón, a inxustiza e a avaricia da man da soberbia e a envexa tentaron tantas veces destruílo. E aínda así, os ollos grandes, inmensos, xenerosos e humildes de Díaz Pardo, estiveron sempre limpos coa luz da bonhomía.

Ó respecto da súa “dilatada actividade”, Besteiro remarcou que “tiña un intensísimo soño de amor pola arte, por Galicia, uns ollos espertísimos, un corazón de paixóns e unhas mans xeniais e habilísimas para levar o espírito bahaus á súa terra, á arte e á tecnoloxía, á creación e á razón renacentista de toda a galeguidade. Esa esencia do home universal á conxunción romántica de todas as artes que tan ben, e de xeito modélico, soubo conformar e consolidar en todas e cada unha das factorías de cultura que en sucesivos tempos foi poñendo en marcha. Neste senso, reiterou que “o seu legado será para sempre e para todos nós, a colleita exemplar e perdurable dunha semente ben posta por esas mans xenerosas e inmensas de quen foi, na miña opinión, o verdadeiro pai do I +D+i galego”. Por todo elo, rematou, felicitando a súa dona Mimina Arias -que por razóns de saúde non puido asistir- e ós seus fillos Camilo e Xosé, “pola honra de poder contar en Galicia cun intelectual da súa talla –autor dun maxisterio vital eterno–, un excepcional emprendedor e o gran creador da memoria histórica contemporánea”.
Gómez Besteiro entregou José Díaz Arias, fillo de Díaz Pardo, a Insignia de Ouro e o Diploma da Provincia, atributos que acreditan a distinción de Fillo Adoptivo de Lugo. Para poder outorgar este honra, a Xunta de Goberno acordaba o 20 de xaneiro iniciar o expediente administrativo que, posteriormente, foi aprobado por unanimidade no Pleno dese mesmo mes aínda só era preciso o apoio de dous terzos da Corporación. O equipo de Goberno Provincial quixo concederlle este distintivo en recoñecemento do seu compromiso coa difusión da cultura galega e o seu extraordinario legado artístico que, de xeito tan especial, repercutiu na provincia luguesa. É e que, o tamén pintor, ceramista, deseñador, editor e empresario galego, desempeñou un inxente traballo de dinamización socioeconómica en Lugo como refundador e impulsor do Complexo Industrial da Cerámica de Sargadelos, en Cervo, converténdoa nun referente tanto a nivel cultural como social. Ademais, tamén foi membro do primeiro Consello Provincial de Cultura que, a mediados da década dos oitenta, se constituíu na Deputación co obxectivo de promocionar e impulsar as iniciativas culturais dos artistas lucenses.
O Salón de Plenos do Pazo de San Marcos quedou pequeno para acoller ás ducias de persoas que participaron no acto. Estiveron presentes catro familiares de Díaz Pardo; todos os membros do equipo de Goberno Provincial, así como 11 Deputados do PP; o Alcalde de Lugo, José López Orozco; o Subdelegado do Goberno en Lugo, Ramón Carballo; a Delegada Territorial da Xunta en Lugo, Raquel Arias; o Vicerreitor do Campus de Lugo, Pedro García Herradón; o Vicario Xeral do Bispado de Lugo, Luciano Armas; o Comisario da Policía Nacional de Lugo, Manuel Teijeiro; o Deputado Nacional do PSOE José Blanco; os Deputados Autonómicos do PSdeG Concepción Burgo, Ismael Rego, Sonia Verdes, Miguel Ángel Fernández López e Dolores Rodríguez Amoroso; o Senador socialista Ricardo Varela Sánchez; outros membros do grupo socialista como Margarita Pérez Herraiz e Luís Ángel Lago Lage; representantes do mundo da cultura como Darío Xohan Cabana, Paco Martín, Marica Campo, Pablo Núñez e Xavier Rodríguez Barrio; o Cronista Oficial da Provincia de Lugo, Juan Soto Gutiérrez; o Director da Galería Sargadelos, Jesús Pérez Regueiro; o Presidente da Cámara de Comercio, Eduardo Núñez Torrón; o Presidente da Asociación Provincial de Hostelería de Lugo, José Francisco Real Catro; o anterior Presidente da Deputación de Lugo, Francisco Cacharro; a Presidenta da Asociación de Mulleres Autónomas de Lugo, Nora Real; o Director Territorial da zona Lugo e Asturias de Novagalicia Banco, Walter Álvarez Álvarez; a Presidenta da Asociación de Mulleres Empresarias da Provincia de Lugo, Beatriz Varela Regueira; a Presidenta da Asociación Penitenciaria Concepción Arenal, Marina Cillero Rodríguez; a Presidenta ASPNAIS de Lugo, Concepción Teijeiro; e o anterior Secretario da Deputación e Medalla de Ouro de Lugo, Faustino Martínez Fernández.
Fotografía 2: Diputación Provincial de Lugo
R.