La actriz Blanca Cendán cesa como directora del Centro Dramático Galego (CDG)

Próximamente la consellería ha señalado que anunciará la incorporación de un nuevo profesional para dar continuidad a la labor de promoción llevada a cabo por el CDG en el ámbito de las artes escénicas. El departamento autonómico ha expresado su "agradecimiento" a Blanca Cendán por la "dedicación y el trabajo desarrollado" al frente de la entidad en los últimos dos años.
Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:
O Centro Dramático Galego (CDG) da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria contará cunha nova dirección para impulsar o plan de actividade do centro. Esta nova etapa na xestión do CDG iníciase logo do cesamento no seu cargo da directora da entidade, Blanca Cendán, que se fará efectivo a partir do 24 de marzo e que se ratificará no Consello de Dirección da Axencia Galega das Industrias Culturais previsto para o 9 de abril.
A Consellería de Cultura e Educación quere manifestarlle o seu agradecemento á actriz Blanca Cendán pola dedicación e o traballo desenvolvido á fronte da entidade nos últimos dous anos. Proximamente, a consellería anunciará a incorporación dun novo profesional que lle dea continuidade ao labor de promoción levado a cabo polo CDG no ámbito das artes escénicas.
R.