Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

Galicia activa formalmente el protocolo contra la sequía y la Federación Rural Galega pide que se declare zona catastrófica

El presidente de la Xunta, Alberto Núñez Feijóo, ha confirmado que la Comunidad ha activado formalmente el protocolo contra la sequía, que integra los diferentes planes diseñados por su Gobierno para hacer frente a este problema, puesto que las actuaciones se iniciaron "hace meses". Al tiempo, ha llamado a los ciudadanos al consumo responsable del agua. "Les pido a los gallegos esta sensibilidad porque el agua es ahora mismo en Galicia un bien escaso", ha sentenciado en la rueda de prensa posterior al Consello de la Xunta, en la que ha reivindicado la necesidad de aplicar "las mayores dosis de responsabilidad que se dieron nunca" en la Comunidad para hacer frente a esta situación.

El jefe del Ejecutivo ha enumerado que el consumo humano en primer término, seguido del consumo animal, de la cobertura de las necesidades de mínimos ambientales y los usos productivos serán, en este orden y "desde ya", las "prioridades" en la utilización de este recurso natural.

Como argumento, el presidente ha recordado que en Galicia está "rompiendo los récord de falta de agua" y ha ejemplificado con que el mes de febrero fue "el más seco desde 1961". Del mismo modo, ha apuntado que, desde primavera y verano de 2011, la Comunidad vive "una situación muy preocupante" que se intensificó en el primer trimestre de este año. En este escenario, se ha referido a la necesidad de estar "especialmente vigilante" con respecto a los caudales de las rías, los niveles de agua subterránea y los problemas de sequía en las explotaciones, con un aumento del gasto en forraje que supera el 25% y que pone en dificultades a sus titulares.

La Xunta, ha garantizado el presidente, acompañará a los productores inyectando recursos e insistiendo en que el Ministerio de Agricultura debe fijar "criterios generales para un problema general" que afecta con especial intensidad, ha señalado, a la cornisa cantábrica. Del mismo modo, ha admitido "preocupación" por el abastecimiento y ha avanzado un control permanente de los embalses. Poco optimista con los datos meteorológicos, ha explicado que el conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, comparecerá para detallar el contenido de este protocolo en el Parlamento, donde buscará la "colaboración institucional" para implantar las 60 medidas que incluye.

Este plan global, según el Gobierno gallego, da cobertura al conjunto de las acciones que inicie, así como a las relaciones de cooperación y coordinación con otras entidades y administraciones, entre ellas el Gobierno central, la Comisión Europea (CE) y la Administración local. Para estar "lo más blindados posible", el presidente se ha referido a la puesta en marcha de una nueva comisión contra la sequía, que se encargará de decidir "cuándo y con qué intensidad" se aplica este protocolo que en el terreno forestal prevé un refuerzo progresivo de las medidas de prevención de incendios. Se recogen otras actuaciones relacionadas con ámbitos de actividad como el industrial y también, según ha anticipado la Xunta, un plan de acción específico para la protección de espacios naturales protegidos.

El Consello ha autorizado el nombramiento del hasta ahora director xeral de Sostibilidade e Paisaxe, Manuel Borobio, como nuevo responsable del Instituto de Estudios del Territorio. A partir del 7 de abril, la entidad trabajará con plena operatividad y garantía jurídica, integrando las competencias de la Dirección Xeral de Sostenibilidade e Paisaxe, la Subdirección de Sistemas de Información Territorial de Galicia y la Comisión de Coordinación de Sistemas de Información Xeográfica e Cartográfica. Su objetivo es reforzar la labor del asesoramiento con ayuntamientos, así como dar "una respuesta más ágil y eficaz" a las necesidades de ciudadanos y equipos técnicos en relación con territorio y paisaje.

La Federación Rural Galega pide que se declare zona catastrófica a Galicia por la sequía

El responsable de la Federación Rural Galega (Fruga) en Lugo, Elías Somoza, ha reclamado que se declare a Galicia zona catastrófica como consecuencia de la "acuciante" sequía.

Fruga ha dicho que se persigue lograr ayudas que frenen las perdidas en el campo, también a través de la Unión Europea. Así, Somoza señala que a la vista de la situación "no haría falta pedirlo", dado que, en su opinión, hay "suficientes técnicos en la Xunta" para evaluar los daños. "Últimamente desde la Consellería de Medio Rural se hacen muchas inspecciones en las explotaciones, pues deberían de hacer alguna inspección para ver en que situación se encuentran las explotaciones como consecuencia de la seca", ha recomendado.

Elías Somoza alude a "la subida de los costes de producción en niveles altísimos y el estancamiento en la venta" para que se tomen las riendas de esta "crisis" por parte de la Xunta de Galicia.
También ha acusado al presidente gallego, Alberto Núñez Feijóo, de ser "un experto en palabrería barata, hablando mucho y no actuando nada". "Ante tal situación tiene que tomar medidas".

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:

O titular da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, avanzou que o Goberno galego activa e amplía o protocolo de actuación contra a seca con tres obxectivos: blindar a coordinación, ir tomando medidas oportunas no ámbito do abastecemento e atender os efectos que esta situación está a producir nos sectores agrogandeiros. “Activamos, a partires de hoxe, formalmente o protocolo da seca: a Comisión interconsellerías queda constituída; o conselleiro de Medio Ambiente comparecerá, a próxima semana, no Parlamento, para explicar o paquete de 60 medidas; iremos informando, constantemente, á poboación da situación na que estamos; a coordinación permanente por parte da Xunta está garantida con todas as administracións públicas; aplicaremos axudas necesarias para os sectores produtivos, de acordo coas nosas capacidades financeiras; e seguiremos pedindo e extremando o compromiso dos cidadáns para, entre todos, solventar este problema”.

Durante a rolda de prensa do Consello, Feijóo lembrou que, desde a primavera e o verán do ano 2011, estamos nunha situación moi preocupante, que se intensificou no primeiro trimestre deste ano 2012. “Polo tanto, -subliñou- estamos nunha situación que nos obriga a estar especialmente vixiantes co caudal dos ríos galegos, co nivel de augas subterráneas e coa seca no agro. O 10% da poboación galega abastécese a través de redes xestionadas polos veciños e un 13% da poboación galega a través de pozos ou mananciais privados e, a seca no campo é especialmente acusada nas zonas de alta montaña”.

O responsable do Goberno galego afirmou que esta situación prolongada no tempo, “obríganos a completar o protocolo de actuación que xa viñamos elaborando, desde hai semanas, para estar o máis blindados posible fronte ao problema que temos neste momento xeneralizado na comunidade autónoma”.

Deste xeito, Feijóo explicou que o Executivo autonómico decidiu poñer en marcha con carácter permanente a Comisión interterritorial contra a seca. “Unha comisión técnica, interconsellerías, presidida polo titular da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e que será a encargada de cándo e con qué intensidade se aplicará este protocolo, conformado cun paquete de 60 medidas, que serán expostas de forma pormenorizada polo conselleiro de Medio Ambiente, no Parlamento, para pedir a colaboración institucional fronte a este problema que afecta a todos os galegos desde fai máis de un ano”.

En relación ao primeiro obxectivo prioritario, blindar a coordinación, o presidente autonómico avanzou que a finalidade é máxima información e máxima coordinación en toda a autonomía e con todas as administracións: “Coordinación interna entre todas as consellerías; e coordinación externa no ámbito local e provincial, co Goberno central e coa Comisión europea mediante o contacto coa oficina de representación da Comisión Europea en España”.

No que se refire ao abastecemento, Feijóo insistiu en que estamos ante unha situación “delicada”, onde o nivel actual dos encoros de abastecemento xa empezan a estar comprometidos e necesitan ser tutelados cun seguimento permanente. Neste senso, precisou que nos encoros de Cecebre e Caldas se permitiu restrinxir, excepcionalmente, os caudais de saída, “e imos facer o mesmo no encoro de Forcadas, de Ferrol”.

Así mesmo, destacou que segue sendo preciso transmitir que o consumo humano da auga ten que limitarse coas maiores doses de responsabilidade que nunca se deron en Galicia, polo menos nos últimos tempos. “Pido a todos os galegos esta sensibilidade porque a auga, neste momento, en Galicia é un ben escaso”.

Segundo vaian avanzando e variando as semanas, Feijóo precisou que se irá aplicando un uso das reservas de auga que teñen unha priorización clara: primeira prioridade, consumo humano; segunda prioridade, consumo animal, nas unidades de explotacións agrarias; terceira prioridade, uso e necesidades de aseguramento de mínimos ambientais, caudais ecolóxicos; e, cuarta prioridade, usos produtivos.

Sobre o terceiro obxectivo, explicou que o Goberno galego está a facer un seguimento da afectación dos sectores produtivos, especialmente, do sector agrogandeiro, “xa que é evidente que o incremento no gasto de forraxe supera o 25% de media nas explotacións galegas e que hai un notable incremento dos custes de produción mesmo por riba do que se gaña a través da venda de produtos lácteos e agroalimentarios”.

Diante desta situación, Feijóo asegurou que a Xunta vai a acompañar a estes produtores inxectando liquidez e circulante “e, por suposto, insistindo en que o Ministerio de Agricultura, Alimentación e de Medio Ambiente ten que establecer mecanismos xerais para un problema xeral que afecta á Cornixa Cantábrica e moi especialmente, á Comunidade galega”.

O presidente da Xunta informou, tamén, no Consello sobre a situación e os pasos a seguir para recuperar a parte das Fragas do Eume afectada polo incendio forestal da pasada fin de semana. “Despois de superar a batalla contra o lume, na maior rapidez posible, nos poñemos a traballar para superar a batalla na recuperación deste patrimonio dos galegos”, dixo, ao que precisou que o Plan de recuperación conta cunha fase de actuacións inmediatas e, outra segunda, de actuacións de recuperación e conservación.

En relación á primeira fase, Feijóo explicou que se está en plena execución dun cartografado preciso de todas as áreas afectadas. Na primeira valoración urxente obsérvase que non todos os estratos foron afectados, habendo zonas de arborado sobre as que o incendio pasou moi rapidamente, producindo unha moi baixa afección. “Poderemos avaliar as zonas de risco de desprendemento, así como a acumulación de cinza e estamos comprobando o estado de conservación das poboacións de especies ameazadas. No mes de abril todas estas actuacións teñen que quedar finalizadas”.

Así mesmo, estase a traballar para protexer as zonas con máis risco de escorrenta de cinzas e con maior erosión do solo e, neste sentido, se aplicarán medidas correctoras que sexan necesarias, con sementeira. E prestarase especial atención á defensa das beiras do río Eume a prol de evitar achegas de cinza por arrastre pluvial.

A segunda fase, referida á rexeneración da zona afectada para devolver á Fraga a total normalidade; Feijóo matizou que, no momento en que os expertos indiquen e ao ritmo que marquen, iniciarase a fase de rexeneración que permita recuperar as 370 hectáreas afectadas.

O presidente da Xunta quixo agradecer, en nome dos galegos, o traballo e o esforzo das 600 persoas que formaron o dispositivo que fixo posible controlar o lume forestal en 50 horas.

“Persoal propio da Xunta, brigadas de extinción, efectivos de Protección civil, Policía Autonómica, Corpos e Forzas de Seguridade do Estado... 600 persoas que foron capaces, en condicións extremas, de controlar o lume en 50 horas. O traballo logrado fixo posible que a afectación sobre as Fragas do Eume fora a mínima posible e ten posto a salvo da actividade dos incendiarios máis do 90% da totalidade das Fragas do Eume. Nunha superficie de máis de 9.000 hectáreas, a primeira estimación é que o lume afectou a 370 hectáreas da zona de especial protección. Aproximadamente, o 4% de zona de especial protección foron as únicas afectadas”.

Así mesmo, tivo palabras de recoñecemento para os veciños dos concellos afectados e para as autoridades locais.
R.