Consello: la nueva Ley de Vivienda de Galicia incorpora un régimen de "copropiedad" con la Xunta

Hernández, explica que surgen, así, las VPP concertadas, que estarán promovidas por la iniciativa privada o por un promotor público "distinto" al Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS) allí donde el registro de demandantes de vivienda constate "que hay demanda". Nacen las viviendas públicas "de inserción o asistenciales", desarrolladas por el IGVS y que contarán con alquileres "favorables" para colectivos desfavorecidos.
Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:
O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, avanzou, na rolda de prensa do Consello, que a Xunta remitirá con carácter inmediato ao Parlamento a nova Lei de Vivenda; unha lei, segundo destacou, actualizada, que crea un marco estable “que non teña que modificarse cada catro anos”, respectuosa con todas as administracións e que dá máis confianza ao que compra e máis garantías ao que vende. “Esta nova lei –explicou- ten un impacto importante, xa que as familias galegas seguen tendo moitas dificultades para adquirir unha vivenda, sobre todo os mozos. E trata de dinamizar un sector da construción que está no núcleo da crise económica desde fai tres anos, tanto para vender as promocións de vivendas xa executadas como para iniciar novas construcións”.
Nun primeiro termo, Feijóo subliñou que se trata dunha normativa actualizada e respectuosa con todas as administracións, “xa que non vamos a introducirnos nin a invadir competencias locais senón que vamos a ser respectuosos coa lexislación medioambiental e coas lexislacións dos concellos. E non vamos a facer ningún organismo novo para a xestión da vivenda como había na lei anterior”.
Así mesmo, resaltou que se trata dunha lei que “dá máis confianza ao que compra e máis garantías ao que vende”. Estas garantías supoñen facilidades de pago para os adquirentes das vivendas públicas na comunidade e un novo réxime de copropiedade dunha vivenda pública entre a persoa ou persoas que a adquiren e a comunidade; e máis garantías tamén de acceder a unha vivenda libre tanto en propiedade como en aluguer con opción a compra, considerando a parte de aluguer desembolsada como unha parte do prezo pagado no suposto de executar a opción a compra.
O presidente da Xunta resaltou, tamén, que se trata dunha lei clarificadora que concreta exactamente que é unha vivenda de promoción pública e que é unha vivenda de promoción privada; cáles son as causas da descualificación dunha vivenda de promoción pública que, unha vez cumpridos os seus requisitos pasa ao propietario con todos os dereitos como se fora unha vivenda normal.
“Vamos, en definitiva, -explicou Feijóo- a diminuír as trabas, os obstáculos para adquirir unha vivenda. Vamos a habilitar novos instrumentos de acceso á vivenda; facilitar pagos das vivendas e, tamén, facilitar réxime de copropiedade entre os titulares e a Xunta, que poden manter en copropiedade unha vivenda pública ata obter capacidade financeira do adquirente e finalizar o 100% do pagamento”.
Feijóo referiuse, ademais, ao espírito de consenso que presidiu esta normativa. “Tanto promotores, como consumidores, técnicos, cooperativistas deron o seu visto e prace a esta lei e tramitarémola ao Parlamento co interese de manter o consenso coa sociedade civil acadado” dixo, ao que engadiu, tamén, que o novo texto vén a substituír a unha lei anterior “confusa, difusa e que non resolveu os problemas para os que estaba prevista”.
Por último, o titular da Xunta, afirmou que o Goberno galego seguirá traballando para cumprir o calendario lexislativo comprometido no Debate do Estado de Autonomía e lembrou que son xa varias as medidas que o Executivo autonómico ven adoptando en materia de vivenda, desde o inicio da lexislatura: “Houbo unha primeira rebaixa fiscal ao principio da lexislatura que reduciu á metade os impostos de acceso a vivenda ás familias numerosas e aos mozos galegos de menos de 35 anos; houbo outra segunda rebaixa fiscal que diminuíu 5 impostos de competencia autonómica para a adquisición de vivenda; temos en funcionamento un novo rexistro único de demandantes de vivenda na Comunidade; pactamos coa Fegamp as Normas do Hábitat; presentamos un Plan Aluga; e aprobamos un decreto que axiliza os trámites para as axudas destinadas á rehabilitación de vivenda nos cascos históricos e, por primeira vez, en todos os concellos polos que pasa o Camiños de Santiago”.
Innovadora, flexible e cunha marcada inspiración social
Pola súa banda, o conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas incidiu en que o novo documento introduce importantes novidades: “dá máis garantías ao consumidor; regula a publicidade en materia de vivenda e a documentación que ten que entregar o promotor ao adquirente; regula as condicións para a formalización da reserva da vivenda limitando, por exemplo, que o máximo a pagar para a reserva da compra dunha vivenda libre deber ser o 1% do prezo; prohibe que o comprador teña que asumir gastos como os da escritura de obra nova, a división horizontal ou a cancelación de cargas, máis propios do promotor; impide condicións que podan ser consideradas abusivas na adquisición de vivenda protexida; e tamén regula con maior claridade o depósito de fianzas dos arrendamentos”.
Así mesmo, explicou que a nova lei introduce medidas de dinamización de rehabilitación de vivendas; dá transparencia ao mercado inmobiliario ao crear o rexistro de promotores; e introduce novidades salientables referidas ao incremento dos beneficios sociais e da protección dos dereitos dos colectivos menos favorecidos.
A modo de resumo, Agustín Hernández afirmou que se trata dunha lei: innovadora, “que crea novas figuras de vivenda pública e abre novas posibilidades”; flexible, “que será desenvolvida regulamentariamente nos eidos nos que o precise”; estable, “ao supoñer o marco xenérico de desenvolvemento para calquera conxuntura económica; “cunha marcada inspiración social e que, sen dúbida, estamos seguros que axudará a dinamizar o mercado inmobiliario, grazas as súas medidas de flexibilidade e adaptacións ás circunstancias”.
R.