Crisis económica: la Xunta crea la Agencia Tributaria gallega e impulsa la Ley de Inclusión Social

Los portavoces de PSdeG y BNG en el debate, Pachi Vázquez y Ana Pontón, respectivamente ha acogido con escepticismo los anuncios de Feijóo, a quien han afeado el aumento del paro en la comunidad y la falta de financiación. Precisamente, Pachi Vázquez ha instado a Feijóo a "ejercer de presidente" y conforme a sus "competencias" crear un Instituto Público de Crédito y Finanzas "que funcione como un auténtico banco público".
El líder del PSdeG ha pedido a Feijóo que ejerza "como presidente" de la comunidad o que "deje paso", petición en la que ha coincidido con la nacionalista Ana Pontón, quien ha dicho al presidente que si no va a cambiar "su política errática" y poner sobre la mesa "medidas" para superar el paro y la crisis "el mejor servicio que puede hacer a Galicia es marcharse".
Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, anunciou que o Goberno galego aprobará este mes a Lei de inclusión social, que suporá un investimento de 100 millóns de euros en tres anos, e que é “froito do traballo cos sindicatos na mesa do diálogo social”. “En plena crise económica, máis gasto social, máis inclusión social, máis servizos sociais, máis sanidade pública e máis educación pública”, resaltou o xefe do Executivo autonómico en relación á aposta do seu Goberno pola potenciación dos servizos sociais.
Asegurou que “os galegos e as galegas poden estar tranquilos” porque “en plena crise económica hai máis prazas de servizos sociais, máis sanidade pública, máis educación e hai máis servizos sociais ca nunca”. “A pesar da situación económica na que estamos, e a pesar de ter que devolver 2.300 millóns de euros que vostedes gastaron, hoxe en Galicia hai máis servizos sociais porque non imos copiar a súa política de servizos sociais”, recalcou en resposta a unha pregunta parlamentaria do BNG.
Feijóo puxo en valor os datos que acreditan ese compromiso, sinalando que Galicia ten “o menor fracaso escolar desde hai 8 anos”, e que na actualidade existen “máis ordenadores nas escolas públicas e máis idiomas nas escolas públicas que en plena bonanza económica”. En relación coa sanidade, destacou que hoxe, na nosa Comunidade Autónoma “temos menos lista de espera en patoloxías urxentes que en toda a historia do Servizo Galego de Saúde”, ao tempo que “estamos construíndo máis hospitais en plena crise económica que en toda a historia do Servizo Galego de Saúde”.
Resaltou que, desde o inicio do mandato, a Xunta puxo “á disposición dos galegos, 5.500 prazas de servizos sociais”, incrementando así o número das existentes durante o bipartito, “en plena bonanza”, que ademais deixou “todo a deber”. Ademais, subliñou que “multiplicamos por catro o número de dependentes atendidos”, do mesmo xeito que se incrementou un 11% a ‘risga’, subiu un 29% o orzamento destinado aos comedores sociais, destínase un 3,6% máis a axudas á emerxencia social e “fomos das poucas comunidades autónomas que subiron as pensións non contributivas”.
O titular do Goberno autonómico aseverou que o que está facendo a Xunta é “xustamente o contrario” do que fixo o bipartito. “Se eu viñera aquí e dixera que imos reducir 5.500 prazas de servizos sociais; que imos reducir o 66% o número de dependentes atendidos; que hai 30.000 ordenadores menos no ensino público; se eu viñera aquí e dixera que hai 40.000 persoas que non aprenden inglés no ensino público, comprendería que vostede me chamase o presidente dun goberno antisocial”, manifestou Feijóo, para engadir: “Se eu eliminara todo iso o único que faría sería empatar coa situación de benestar que deixou o bipartito no ano 2009”.
“Cada venres no Consello de ministros hai que adoptar unha decisión para superar a herdanza” do anterior Goberno central, dixo. E, cada xoves, en Galicia, “estamos tomando decisións que acreditan que estamos na mellor posición e que empezamos a recoller os beneficios dunha política social e dunha política económica seria”, salientou.
“Nun Consello decidimos non aplicar os problemas e as exixencias na educación, nin en alumnos nin en taxas universitaria. Seguiremos sendo unha comunidade con menos alumnos e máis profesores e coas taxas universitarias máis baixas”, expuxo o mandatario galego, quen lembrou cómo noutra reunión do Consello da Xunta se decidiu “non ter que acudir ao rescate do Goberno central” porque “Galicia pode pagar as súas facturas”.
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, avanzou que o Goberno galego creará esta semana a Axencia Tributaria de Galicia. “Nós imos manter os impostos e, por primeira vez, crear a primeira Axencia Tributaria de Galicia, co compromiso de recadar un 20% máis de impostos sen subir un euro os impostos”, asegurou.
En resposta á pregunta parlamentaria formulada polo Grupo Socialista, o mandatario autonómico comprometeuse a “seguir traballando por Galicia”, “con rigor e con responsabilidade” para que siga sendo “unha comunidade solvente, con mellores datos que o resto das comunidades autónomas e con mellor porvir que o resto das comunidades autónomas”, sinalou.
Na súa intervención, Feijóo lembrou que a política económica do Executivo que preside permite un aforro de 187 millóns de euros ao ano tan só en intereses de débeda pública fronte a outras comunidades autónomas, dixo, “que non xestionan con rigor nin con responsabilidade”; que Galicia debe facer un axuste nas súas políticas orzamentarias 40 veces menor que Andalucía e 60 menor que Cataluña; e que grazas á solvencia da comunidade galega, “antonte asinamos un convenio con 170 millóns de euros para o medio rural galego que tan só puideron subscribir A Rioxa e Galicia”, remarcou.
“Señoría, mentres non entenda que a estabilidade orzamentaria é a clave para o crecemento económico e para o benestar evidentemente non acertará vostede nin co seu diagnóstico nin coas súas propostas”, salientou Feijóo ante o responsable dos socialistas galegos, lembrándolle que hai tres aspectos que “debería ter en conta”: primeiro, que Galicia forma parte de España e España é o país da UE con maior taxa de desemprego; que Galicia forma parte de España e España é o país da UE con maiores cotas de déficit público, de feito, recriminou, “deixaron España para que no ano 2012 dediquemos o 15% de todo o presuposto dos españois tan só a pagar os intereses da débeda pública que deixaron cando se foron do Goberno”; e que Galicia está nunha posición mellor e moito máis avantaxada que o resto das comunidades autónomas.
“Seguimos con 4,2 puntos por debaixo da media do paro en España; no primeiro trimestre do ano 2012 Galicia é a sétima comunidade autónoma, xunto coa Rioxa, con menor paro de España; se comparamos desde o ano 2009 ata agora, hai sete comunidades autónomas que incrementaron máis o paro que Galicia: desde o ano 2009 ata agora incrementaron o paro máis que Galicia, Estremadura, Andalucía, Castela A Mancha, A Rioxa, Baleares e Valencia; e, no paro do mes de abril, que foi pésimo para España, porque en abril sempre se creaba emprego neto, Galicia tivo un mal dato, pero hai cinco comunidades autónomas con peores datos que Galicia”, subliñou.
Por último Feijóo propúxolle ao responsable dos socialistas galegos, “dado que agora vostede parece que quere colaborar”, tres cousas “que pode facer sen saír da sede do Partido Socialista Obreiro Español”: a primeira, falar co comisario Joaquín Almunia “e dicirlle que deixe de bloquear a 14.000 familias que viven do naval”; segundo “falar cos seus compañeiros de Vigo para que deixen de bloquear o maior hospital público que se está facendo en España”; e, terceiro, falar de novo co comisario Almunia “e dicirlle que deixe de bloquear a 70.000 familias que teñen preferentes en Novagalicia Banco”. “Fale co señor Joaquín Almunia, nós encargámonos de Galicia”, concluíu o presidente da Xunta.
R.