Escasa incidencia de la huelga contra los recortes educativos en Galicia: los sindicatos cifran la participación en un 30% y la Xunta en sólo un 3,36%

Los datos facilitados por Educación apuntan a un seguimiento del 3,3 por ciento en infantil y primaria y de un 3,41 en secundaria. Por provincias, un 3,37 en A Coruña, un 3,55 en Lugo, un 3,55 en Ourense y un 2,95 por ciento en Pontevedra. El director xeral de Centros e Recursos Humanos, José Manuel Pinal, ha incidido en la "escasa" incidencia de la convocatoria de este huelga que, en su opinión, "no tiene mucho sentido, por no decir ninguno". En este sentido, ha defendido que la aplicación del real decreto en Galicia no supuso incremento de ratios o la eliminación de bachilleratos gracias a que "el trabajo hecho estos 3 años permite una mayor flexibilidad". Considera que las cifras de seguimiento aportadas evidencian que "la comunidad educativa está entendiendo y valorando el esfuerzo que la Xunta hace en favor de la enseñanza".
Desde el punto de vista de los sindicatos, CC.OO Ensino apunta a un seguimiento en torno a un 30 o 35 por ciento en infantil, primaria y secundaria, según ha señalado al secretaria xeral del sindicato a Europa Press, quien destacó que "muchos padres no mandaron a sus hijos al colegio como muestra de apoyo a la movilización". CC.OO. ha apuntado "dificultades importantes para recabar datos", dado que el correo de la Xunta estuvo "paralizado y bloqueado toda la mañana", por lo que tuvieron que consultar las cifras telefónicamente.
En Universidades, Fernández destaca una "paralización total" salvo por la celebración de exámenes en algún caso. En este sentido, afirma que hubo un seguimiento mayoritario por parte del alumnado, mientras que en el caso de profesorado y personal de administración y servicios, la participación de "grande" en Coruña, entre un 50 o 60 en la USC y "un poco menos" en su homóloga viguesa. Julio Díaz, de ANPE-Galicia, ha cifrado la participación en una media del 23 o 24 por ciento, "más en secundaria y universidad que en primaria".
Los cinco sindicatos de enseñanza que han convocado este martes la huelga estatal en todos los niveles educativos -FETE-UGT, FE-CCOO, ANPE, CSIF y STES-I- han cifrado el seguimiento por parte del profesorado en un 80 por ciento, como media en todos los niveles educativos. Todas las comunidades autónomas, excepto Baleares, País Vasco y La Rioja, participan en esta jornada de protesta contra los recortes educativos.
Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a través do director xeral de Centros e Recursos Humanos, José Manuel Pinal, valorou o escaso seguimento da folga nos centros educativos galegos como unha demostracións de que a comunidade educativa está a valorar o esforzo da Xunta de Galicia a prol do ensino. Neste sentido, o director xeral explicou que só un 3,36% dos docentes de educación infantil, primaria e secundaria secundou hoxe a folga, o que pon de manifesto que nos centros de ensino xa se está a comprender que a boa xestión realizada no que vai de lexislatura permite a Galicia afrontar o escenario de axustes con moita maior flexibilidade.
Grazas a este bo facer e á aposta da Xunta de Galicia polo ensino, Galicia non se verá obrigada a tomar medidas como o aumento de ratios, como si tiveron que facer comunidades como Castela A Mancha, Cataluña, ou Navarra, entre outras.
O director xeral lembrou que a Consellería non incrementará a ratio de alumnos por clase - polo que Galicia seguirá a ser unha das comunidades coa ratio máis baixa-, e os institutos poderán seguir ofertando polo menos dúas modalidades de Bacharelato. Así mesmo, non está previsto impoñer taxa algunha ás ensinanzas de FP, que esta Consellería tanto ten impulsado precisamente como un sistema de oportunidades perante á crise económica.
Cómpre salientar que estas decisións da Consellería foron comunicadas tanto aos sindicatos do ensino na mesa sectorial como ás asociacións de nais e pais e demais membros da comunidade educativa, polo que a folga só pode ser froito dun intento de manipulación da realidade e de contaminación da sociedade por parte de algúns sectores políticos.
O seguimento da folga en Galicia foi dun 3,36%, un 3,30 en infantil e primaria e un 3,41% en secundaria. Por provincias na Coruña secundouna un 3,37% na Coruña, un 3,55% en Lugo, un 3,55% en Ourense e un 2,95% en Pontevedra.
Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de CC.OO. Galicia:
A secretaria xeral da Federación do Ensino de Comisións Obreiras, Machús Fernández, sinala que a gravidade dos recortes na educación pública fai necesaria esta folga, convocada en todo o Estado por CCOO, UGT, STES, ANPE e CSI-F, e apoiada en Galicia tamén pola Plataforma en Defensa do Ensino Público.
Para CCOO, a cifra de participación pode considerarse un «éxito», xa que no último ano o persoal educativo secundou varias folgas sectoriais e nunha folga xeral, amais de numerosas mobilizacións de todo tipo. E todo isto tamén, sinalan, a pesar de que algunha organización sindical «boicoteou activamente» a convocatoria de folga.
Desde CCOO tamén agradecen o apoio de numerosos pais e nais que decidiron non levar os seus fillos e fillas á escola, como viña reclamando a organización sindical. A implicación cidadá é proba de que «sobran os argumentos» para rexeitar as intencións do ministro de Educación, José Ignacio Wert, que prevé reducir entre o 25 e o 30% dos orzamentos educativos autonómicos, ben reducindo profesorado, ben minguando os «gastos» orixinados polo profesorado que quede en activo.
Entre estas medidas, amais da conxelación salarial —que chega após os recortes que sufriron con anterioridade— cabe sinalar a redución de profesorado, a non cobertura de baixas desde o primeiro día, o incremento das taxas universitarias, a redución das bolsas —así como o endurecemento dos requisitos para acceder a elas—. Tamén desaparecen programas educativos, minguará o número de interinos e pecharán servizos educativos. Calcúlase que en todo o Estado se destruirían case 100.000 postos docentes.
En Galicia, o orzamento da Consellaría de Educación para 2012 minguou case o 2%, sen contar a inflación deste ano. Para CCOO, a situación é «alarmante» pois cómpre sumar os recortes producidos xa en 2011 na universidade (12%), formación do profesorado (26%), secundaria e FP (8,8%) ou prevención do abandono escolar (23,6%). Isto, máis a redución de profesorado que se fará o próximo curso —no actual xa hai case mil profesores e profesoras menos—, disparará os índices de fracaso escolar, «xa elevados».
A Federación do Ensino de CCOO tamén critica algunhas «casualidades», como os problemas que experimentou a rede de correo electrónico da Consellaría de Comunicación, a través da que estaban a chegar os datos de seguimento. Debido a esta incidencia, houbo que recorrer a chamadas telefónicas, «coa lentitude que supón para recoller os datos».
R.