Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

Crisis económica: la reducción de bajas laborales en la Xunta de Galicia permite ahorrar casi 4 millones de euros en el primer trimestre de 2012

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:

O Goberno galego conseguiu aforrar ata 3,9 millóns de euros no primeiro trimestre do ano en relación con mesmo período do ano anterior como consecuencia da redución nun 17,5% do número de baixas laborais rexistradas entre xaneiro e marzo no ámbito de Función Pública e dun 17% no Servizo Galego de Saúde.

Así se recolle nun informe presentado ao Consello da Xunta pola titular de Facenda, Elena Muñoz Fonteriz, no que se indica que en Función Pública esta diminución foi máis significativa en marzo en relación ao mesmo mes de 2011, cunha caída do 27,3.

En canto ás baixas iniciadas nos primeiros tres meses do ano, contabilizáronse un total de 2.163, un 23,7% menos que en 2011, descenso que tamén foi maior comparando o mes de marzo de 2012 co mesmo período do ano anterior, cunha diminución do 48,4%.

Ademais, o nivel de absentismo foise reducindo de maneira progresiva a longo desta lexislatura ata un 27,1%.
R.