Crisis económica: Feijóo confía en bajar en una décima el déficit de Galicia y destaca su solvencia

El mandatario autonómico ha defendido la "solvencia" de la Comunidad asegurando: "Galicia colocó su deuda pública en el año 2009, en el año 2010 y en el año 2011, y en este primero de 2012 colocamos el 50% de la deuda autorizada por el Gobierno central". "Por lo tanto, sí es posible cumplir los criterios de déficit público. Estamos a una décima del objetivo. Sí es posible tener una oportunidad que mantenga sus servicios públicos y que sea capaz de colocar la deuda pública en términos de competencia con unos intereses razonables, y Galicia lo está haciendo", ha aseverado Feijóo, quien también recordó que es la única Comunidad con régimen general de financiación que no ha acudido "al rescate del Gobierno", que puso 35.000 millones de euros para pagar deudas a los ayuntamientos y de las comunidades.
El jefe del Ejecutivo autonómico también defendió el acuerdo alcanzado en el Consejo de Política Fiscal y Financiera (CPFF) para atajar el déficit. "Es un gran pacto", ha calificado Feijóo, quien ha diagnosticado que el problema del déficit en España "no es lo que se hizo en los últimos cuatro meses", sino lo que se hizo "en los últimos cinco años". "La rueda de la ortodoxia económica, la rueda del respeto a la verdad en las cuentas públicas, la rueda de la transparencia en la gestión pública empieza a andar", ha ilustrado Feijóo, al tiempo que ha incidido en que hay que "hacer un paréntesis de escepticismo sobre cuándo empezarán a dar resultado las políticas del Gobierno". "Este paréntesis de escepticismo de los ciudadanos es normal, pero probablemente tendríamos que hacer una pregunta: ¿Qué hubiese ocurrido en España si en los últimos cuatro meses no se hubiesen adoptado las medidas que se adoptaron?", ha formulado Feijóo, para contestar: "Si estamos mal, imagínese cómo estaríamos si no se hubiesen hecho".
Sobre Novagalicia Banco, el presidente recordó que el 94% de su capital es del FROB y abogó por que, ahora que tiene que incrementar sus provisiones, lo haga a través de este mecanismo.
"Entendemos que el FROB tiene que seguir siendo accionista mayoritario para esperar tiempos mejores y no malvender esta institución en este momento", ha proclamado.
Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:
“O certo é que Galicia veu cumprindo os obxectivos de déficit público, fomos a comunidade autónoma, no ano 2011, co déficit público máis contido de España, co 1,6, e pódolle asegurar que o obxectivo que temos para este ano 2012, que é o 1,5, eu creo que seremos capaces de baixalo unha décima”. Así o manifestou o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, nunha entrevista concedida ao programa Así son las mañanas, da cadea Cope.
Feijóo defendeu a solvencia da comunidade galega: ”Galicia colocou a súa débeda pública no ano 2009, no ano 2010 e no ano 2011, e neste primeiro trimestre do ano 2012 colocamos o 50% da débeda autorizada polo Goberno central”, asegurou. “Galicia é unha comunidade solvente e por iso podemos colocar débeda, por iso non temos que acudir aos hispanobonos e por iso non temos que pedir o aval do Tesouro Público”, incidiu.
“Polo tanto, si é posible cumprir os criterios de déficit público, estamos a unha décima do obxectivo; si é posible ter unha comunidade que manteña os seus servizos públicos e que sexa capaz de colocar a débeda pública en termos de competencia cuns intereses razoables, e Galicia estao facendo; e este ano as nosas amortizacións de débeda corresponden ao 1,5% do total das amortizacións de débeda que teñen que facer as comunidades autónomas”, afirmou.
Adicionalmente, lembrou Feijóo, a comunidade galega foi a única comunidade de réxime xeral de financiamento “que non ten acudido ao rescate do Goberno de España, que puxo 35.000 millóns de euros enriba da mesa para pagar as débedas dos concellos e das comunidades autónomas”. “Nós non necesitamos a axuda do Estado porque temos as nosas facturas nuns prazos de pago razoables”, sinalou.
Na mesma liña o presidente galego defendeu o acordo acadado entre o Goberno e as comunidades autónomas no marco do Consello de Política Fiscal e Financeira para atallar o déficit de España: “É un gran pacto”, aseverou, amosando a súa confianza “en que estamos na senda do cumprimento do déficit público e estou convencido de que nunca antes os presidentes autonómicos e o Estado das Autonomías teñen un compromiso máis solemne que cumprir o déficit no ano 2012”.
O mandatario galego lembrou que o principal problema do déficit público de España “non é o que fixemos nos últimos catro meses”, senón o que “fixemos nos últimos cinco anos”. A este respecto sinalou que entende a desconfianza de Europa “porque España non cumpriu de forma sistemática” os obxectivos de déficit, pero instou a fixarse nas medidas tomadas “nos últimos cinco meses”, xa que o que se fixo neste tempo foron “máis reformas que nos últimos catro anos”, “inxectando 30.000 millóns á economía para que comunidades autónomas e concellos poidan pagar as súas débedas e que as empresas, as pequenas e medianas empresas ás que se lle debe diñeiro empecen a cobrar a débeda das comunidades e así poidan xerar máis economía e non ter tantos créditos nas entidades financeiras”.
“A roda da ortodoxia económica, a roda do respecto á verdade nas contas públicas, a roda da transparencia na xestión pública empeza a andar”, explicou Feijóo incidindo en que “hai unha paréntese de escepticismo sobre cando empezarán a dar resultado as políticas do Goberno”. “Esa paréntese de escepticismo dos cidadáns é normal, pero probablemente teriámonos que facer unha pregunta: qué tivera ocorrido en España se nos últimos catro meses non se tivesen adoptado as medidas que adoptamos? Se estamos mal, imaxínese como estariamos se non se tivesen feito”.
Respecto ao futuro de Novagalicia Banco, o presidente da Xunta lembrou que “o 94% do seu capital é do FROB” e avogou por que, agora que ten que incrementar as súas provisións, o faga a través deste mecanismo. “Entendemos que o FROB ten que seguir sendo accionista maioritario para esperar tempos mellores e non malvender esta institución neste momento”, concluíu.
Fotografía: archivo Xunta de Galicia.
R.