Crisis: el presidente de la Xunta insiste en que su Gobierno "blinda" las políticas sociales e incrementa servicios a pesar de la situación

En su intervención, el mandatario gallego ha recordado que la comunidad fue "pionera" en establecer medidas de austeridad y de eficiencia, lo que la convierte en la región española "más saneada". Estas políticas, ha apostillado, permiten a la Xunta "blindar" las políticas sociales, a las que "se destinan tres de cada cuatro euros del presupuesto". Feijóo ha destacado el "diálogo permanente de la Xunta con el colectivo de discapacitados de Galicia, puesto de manifiesto en la elaboración del Plan de Acción Integral para personas con Discapacidad de Galicia 2010-2013. "Este es el primer plan integral de un Gobierno gallego en materia de discapacidad y contempla un total de 305 medidas en diversos ámbitos".
El presidente de la Xunta ha anunciado que antes de terminar el año se remitirá al Parlamento el borrador de la nueva Ley de Accesibilidad, que tiene como objetivo conseguir una "accesibilidad universal" en Galicia, con perspectiva "plenamente integradora".
Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, informou ao Real Padroado sobre discapacidade que Galicia, a pesares da actual situación económica, está desenvolvendo políticas que incrementan e melloran os servizos sociais e, en concreto, o apoio ás persoas con discapacidade. Así o expresou esta mañá en Madrid, onde interveu na vixésimo primeira reunión do Consello do Real Padroado sobre Discapacidade presidido pola Raíña de España no Palacio da Zarzuela. “Non só mantemos os servizos sociais, senón que estamos incrementando e mellorando o servizos”, subliñou o mandatario galego, que engadiu que “o colectivo das persoas con discapacidade ten una especial importancia nas nosas políticas sociais, como demostran os máis de 81 millóns de euros que imos destinar en 2012 á área de discapacidade”.
Na súa intervención, Alberto Núñez Feijóo lembrou que Galicia foi “pioneira” en establecer medidas de austeridade e eficiencia, o que a converte na comunidade autónoma “más saneada de todo o territorio nacional”. Precisamente estas políticas de aforro permiten ao Goberno da Xunta “blindar” as políticas sociais (sanidade, educación e servizos sociais) ás que se destinan “tres de cada catro euros do orzamento”, o que representa o 76% do orzamento. Galicia dispón actualmente de preto de 5.000 prazas para persoas con discapacidade, 600 delas de nova creación, o que supón “un incremento do 12,6% máis das que había ao inicio da lexislatura”, asegurou o presidente.
Feijóo salientou o “diálogo permanente” da Xunta co colectivo de discapacitados de Galicia, posto de manifesto na elaboración do Plan de Acción Integral para persoas con discapacidade de Galicia 2010-2013. “Este é o primeiro Plan Integral dun Goberno galego en materia de discapacidade e contempla un total de 305 medidas nos máis diversos ámbitos”, dixo o presidente, quen salientou que en 2011 xa se levaron a cabo 218 medidas, o que supón un grao de desenvolvemento do mesmo do 71,4%.
Así mesmo o presidente da Xunta anunciou que antes de rematar o ano remitirase ao Parlamento o borrador da nova Lei de accesibilidade e supresión de barreiras de Galicia, para a elaboración da cal tamén se tiveron en conta as aportacións realizadas polos colectivos implicados. “O obxectivo é unha accesibilidade universal, con perspectiva plenamente integradora, eliminando barreiras e adaptando o contorno á diversidade”, explicou Feijóo.
Respecto á inserción laboral, o presidente destacou o “esforzo especial” que se está a facer desde o Goberno galego cun investimento de 11,2 millóns de euros en 2011 para o mantemento de 1.870 postos de traballo en 112 centros especiais de emprego. Ademais este ano a Xunta “blindou a liña de financiamento de orientadores, axentes de emprego e plans de cooperación para entidades sociais” vinculadas ao colectivo de persoas con discapacidade, xa que se trata “dun colectivo prioritario en todas as políticas activas de emprego”, redundou Feijóo.
R.