Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

El Via Stellae recurre a la financiación privada y programa cuatro conciertos más que en 2011

El festival Vía Stellae celebra en el mes de julio su séptima edición con dos semanas de conciertos en distintas localizaciones de la capital compostelana, incluida la propia Plaza de Abastos, que acoge el espectáculo de Jazz en el mercado. Serán 20 conciertos, cuatro más que en la pasada edición, pese a que el presupuesto público se ha reducido en un 75 por ciento -al pasar de 350.000 a 100.000 euros-, lo cual los programadores han esquivado gracias a la colaboración con entidades privadas. "Tenemos claro que por ahí tiene que ser el camino, además de los gestores políticos, es muy importante que los programadores tengan la habilidad y los recursos para establecer y buscar estos elementos de patrocinio y de colaboración de entidades privadas", ha manifestado, en la presentación de este evento, el secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo.

En una línea similar se ha expresado el alcalde compostelano, Ángel Currás, quien ha añadido a esta argumentación que "lo que hay que buscar no es tanto la aportación de patrocinios, sino la implicación de entidades financiando conciertos". "Es una estrategia que da resultado y que queremos usar".

El director de la Axencia Galega de Industrias Culturais (Agadic), Juan Carlos F. Fasero, ha reconocido que "la situación es complicada", por lo que en momentos como éste es preciso "afinar" en cuanto a la programación.
"La otra solución no sería nada positiva, sería cancelar", ha expresado, de ahí que valorase especialmente la labora de los organizadores para "mantener la calidad" e, incluso, contar con más conciertos que en la anterior edición.

A lo largo de dos semanas, desde el Teatro Principal hasta el Auditorio, pasando por la Plaza de Abastos, la Zona 'C' o el Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAG) y la Igrexia da Universidade, los espectadores podrán acudir a los 20 conciertos programados con precios "asequibles". La línea de programación está vinculada al barroco y a la música antigua, que ya aparece en el concierto inaugural del 2 de julio, en el que habrá ocasión de escuchar a La Magnificà Comunità -agrupación que comanda el violinista italiano Enrico Casazza, con una selección de 'La Cetra', colección de conciertos de Vivaldi.

Los amantes de la ópera barroca tendrán ocasión de asistir a la presentación en versión de concierto, por primera vez en Galicia, de 'Rodelinda, regina de 'Longorbardi', de Haendel, que llega de la mano de Vespres d'Arnadí, el 10 de julio. Música antigua y world-music conviven en el proyecto creativo de Ross Daly (11 de julio), mientras que otra cita inexcusable será con la violinista y cantante checa Iva Bittová, con su "folclore personal' -como ella lo define- el 8 de julio. El sevillano Fahmi Alqhai y su Accademia del Piacere compartirán en el Teatro Principal el 5 de julio con el cantaor flamenco Arcángel en un programa titulado 'Las idas y las vueltas', mientra que la guitarra barroca de Rafael Bonavita sonará en la Zona 'C' de Bonaval el 9 de julio.

Además de otras actuaciones, destaca el acercamiento de este festival a otros géneros y al tiempo a la creación musical gallega, en este caso, con el jazz, que -como explica la organización- "se enriquece" con la presencia en el "sugerente" espacio compostelano de la Plaza de Abastos de dos conjuntos comandados por sendos músicos gallegos de jazz, el pianista Alberto Vilas (8 de julio) y el contrabajista Xacobe Martínez Antelo (el 13).

Las entradas estarán a la venta desde el lunes 25 de junio en la taquilla del Teatro Principal en su horario habitual (de martes a sábado de 18.00 a 21.00 horas) y durante el festival, con horario especial -desde las 16.30 horas hasta el inicio del concierto-. Además, también se pueden comprar a través de Novagalicia Banco. Los precios van desde los 8 euros en el Teatro Principal (salvo el de la ópera Rodelinda, que es de 10 euros); seis euros para los del Salón Teatro; 4 euros para los de la Plaza de Abastos; tres euros para los conciertos de la Zona C y dos euros para los espectáculos del CGAC. En el Auditorio de Galicia -que abrirá la taquilla para su s conciertos el día en que se celebren a partir de las 18.00 horas-, el precio será de 8 euros para la Real Filharmonía de Galicia y de tres euros para la Nova Sinfónica. Finalmente, los conciertos de la Igrexia da Universidade serán de entrada gratuita previa retirada de invitación en la taquilla del Teatro Principal.

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:

A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, e o Concello de Santiago de Compostela colaboran este ano na organización do festival Via Stellae, que celebra a súa sétima edición do 2 ao 13 de xullo con máis de 20 eventos musicais programados en diferentes espazos da cidade.

Coa música antiga e barroca como eixo central, o programa non esquece porén outras épocas e xéneros, cunha especial atención á música contemporánea e á creación actual, fundamentalmente á de autoría galega. O calendario de concertos ao completo foi presentado hoxe na Casa do Concello polo alcalde de Santiago, Ángel Currás; o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo; o director da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), Juan Carlos F. Fasero; e o director-xerente do Auditorio de Galicia, José Víctor Carou.

Na súa intervención, Anxo Lorenzo definiu Via Stellae como unha “cita de referencia na chegada do verán, non só pola consolidación na programación obtida nos últimos anos e polas boas críticas logradas, senón, sobre todo, pola extensa acollida e interese do público”. Neste sentido, referiuse especificamente á aposta do festival pola calidade “desde a confluencia de formatos musicais diversos para un público cada vez máis preparado para gozar e entender sonoridades moi diferentes sempre que cheguen desde propostas traballadas, de interese estético e de calidade”.

“Sabemos que xa ten un público á espera, non só en Galicia, senón tamén fóra, porque o Via Stellae é unha referencia xa consolidada no ámbito español e mesmo internacional”, afirmou o secretario xeral en referencia á edición de 2012, que cualificou de “auténtica regalía para quen completa no mes de xullo o Camiño de Santiago”.

Pola súa banda, o director da Agadic fixo fincapé nos trazos que identifican este evento musical como “un dos máis interesantes dentro do panorama galego de festivais de verán”, unha cita que “posúe xa unha marca de seu, un marchamo de calidade que a sitúa como encontro estratéxico para os profesionais, a cidadanía e, en definitiva, para o desenvolvemento cultural de Galicia”.

Neste sentido, destacou en primeiro lugar a cooperación institucional como fórmula organizativa, aquí concretada “na suma dos activos que pode achegar cada administración para conseguir un efecto multiplicador que, á súa vez, se visualiza na rendibilidade dos recursos, na achega de espazos e mesmo na difusión dos concertos”. Outro dos elementos definitorios de Via Stella é, segundo Fasero, “a variedade de propostas singulares e de artistas de primeira orde reunidos arredor do barroco musical como referencia temática, pero sempre dispostos a dar un paso máis alá”.

A liña de programación vinculada ao barroco e á música antiga iníciase xa no concerto inaugural, que se celebrará o luns 2 de xullo ás 20.30 horas no Teatro Principal, onde La Magnificà Comunità –agrupación comandada polo gran violinista italiano Enrico Casazza– ofrecerá unha coidada escolma de La Cetra, unha colección de concertos de Vivaldi. Outras das citas imprescindibles co gran repertorio barroco son a interpretación integral da monumental serie de seis sonatas para violoncello de Bach ou a antoloxía de obras para clave que resume tres séculos de historia deste instrumento, ambas a cargo de dous solistas de sona internacional como son o cellista Jean-Guihen Queyras e o clavecinista Pierre Hantaï. Os seus recitais terán lugar no Salón Teatro o 4 e 12 de xullo, respectivamente. Ademais, a música barroca protagonizará tamén a presentación do novo trío La Bellemont o día 6 na Zona “C”.

Pola súa banda, a Igrexa da Universidade acollerá o día 8 o programa monográfico que dous composteláns, a soprano Mercedes Hernández e o tiorbista Fernando Reyes, dedicarán á veneciana Barbara Strozzi, figura tan singular como excepcional na historia da música.

Mención á parte merece a habitual cita de Via Stellae coa ópera barroca, que este ano presentará por primeira vez en Galicia a versión en concerto de Rodelinda, regina de’Longobardi, ópera de Haendel que soará o 10 de xullo no Teatro principal da man de Vespres d’Arnadí. Programaranse, ademais, dous recitais líricos protagonizados por senllos especialistas de prestixio: o contratenor catalán Jordi Domènech (día 11 no Salón Teatro) e o tenor sevillano Juan Sancho (día 12 na Igrexa da Universidade).

Música antiga e world-music conviven no proxecto de Ross Daly, respectado músico irlandés que reside desde hai 35 anos na illa de Creta e que chegará a Santiago o 11 de xullo para presentar o seu Labyrinth na Igrexa da Universidade. Este concerto insírese na liña de programación que Via Stellae dedica á fusión e á busca de novas formas de expresión artística, obxectivo que se reflicte así mesmo no diálogo do flamenco coa música barroca que se propón noutros dous concertos: o 5 de xullo o sevillano Fahmi Alqhai e a súa Accademia del Piacere compartirán o escenario do Principal co cantaor flamenco Arcángel nun programa titulado Las idas y las vueltas, mentres que a guitarra barroca de Rafael Bonavita soará na Zona C de Bonaval o día 9. Outro proxecto que afonda na raíz popular da música culta é o que ofrecerá a galega Uxía á cabeza dun conxunto de músicos galegos, portugueses e brasileiros o 9 de xullo no Teatro Principal.

Outra singular artista é a violinista e cantante checa Iva Bittová, que leva 25 anos dedicada ao seu “folclore persoal” e que o 8 de xullo ofrecerá na Igrexa da Universidade un programa no que conviven obras propias coas súas particulares lecturas de Mozart, Purcell, Rodgers e mesmo dos Beatles. Via Stellae presenta o que é o primeiro concerto de Bittová en Galicia en colaboración co Centro Checo en Madrid, grazas ao que terá lugar, ademais, o debut galego do que está considerado como o músico de jazz checo de maior proxección internacional, Dan Bárta, que actuará o día 7 no Teatro Principal acompañado polo Robert Balzar Trio. Neste achegamento ao jazz, o festival mirará tamén cara á creación galega actual a través dos conxuntos comandados polo pianista Alberto Vilas e o contrabaixista Xacobe Martínez Antelo, que tocarán na Praza de Abastos os días 8 e 13, respectivamente.

As orquestras galegas volven ter unha destacada presenza en Via Stellae. Así, a Real Filharmonía de Galicia con Maximino Zumalave á batuta será a encargada de clausurar a programación o 13 de xullo no Auditorio de Galicia cun programa dedicado á figura de Felix Mendelssohn, Soño dunha noite de verán incluído. Ademais, o día 5 tamén no Auditorio, Víctor Pablo Pérez dirixirá a Orquestra Nova da Sinfónica de Galicia na interpretación de “clásicos populares” (Brahms, Bizet, Tchaikovski, Dvorak e Beethoven).

A música contemporánea e a creación galega actual contan cunha sección específica que, baixo o título Via Stellae 20/21, ofrece no CGAC o concerto de Ensemble s21 (3 de xullo) e o programa A gaita contemporánea, un paso máis (7 de xullo.

As entradas poden mercarse desde hoxe na billeteira do Teatro Principal, que ata o 1 de xullo abre de martes a sábado, de 18.00 a 21.00 h, e durante o festival mantén un horario especial: de 16.30 h ata a hora de inicio do concerto. As localidades para o Teatro Principal, Salón Teatro e Auditorio de Galicia poden adquirirse tamén a través da web de Novagalicia Banco.

Establécense diferentes prezos de entrada por espazo, agás no caso dos recitais da Igrexa da Universidade, que serán de entrada libre previa retirada de convite na billeteira do Teatro Principal.
R.