Apertura del curso 2012-13 en la USC: el rector Juan Casares reivindica la autonomía de las universidades frente al Estado o a los mercados

En esta línea, y tomando como partida la advertencia de la Comisión Europea sobre la "excesiva regulación y la insuficiente financiación" que reciben las universidades, el rector ha reclamado un acuerdo entre "la universidad, la sociedad y los poderes públicos" que se entienda como "un compromiso cultural a largo plazo". "El Estado no debe intervenir y debe evitar que otros interfieran en la actividad académica ya que históricamente cada vez que el poder político restringió la autonomía de las universidades se correspondió con un periodo de decadencia social e intelectual", ha considerado.
Casares ha señalado que "un elevado nivel de autonomía" permite a la institución educativa "ser proactiva frente a los cambios"; mientras que "demasiada regulación y presión externa debilitan a la institución". Según ha indicado, Casares Long la autonomía "debe garantizarse frente al Estado, los mercados y cualquier tipo de creencia o ideología" y "deben de ser objeto de esta autonomía la organización interna de la Universidad, el establecimiento de los procesos en la toma de decisiones, la selección del profesorado y la gestión de sus recursos financieros". "Es muy importante el camino que nos queda por recorrer en España para conseguir una verdadera y plena autonomía y para asumir la responsabilidad correspondiente para responder ante quien proceda de su uso y que nos permita aspirar a esa excelencia que nos demandamos y que se nos demanda".
Las palabras del rector han clausurado un acto que arrancó con la lectura de la memoria del pasado curso académico a cargo de la secretaria xeral de la USC, Lourdes Noya, que ha destacado la modificación de la calificación de campus de excelencia internacional de interés regional a interés global; el inicio de las actividades de investigación de los edificios Ciquis y Cimus, así como el incremento de la producción científica en el año 2011 con respecto al año 2010, entre otras cuestiones. Tras la intervención de Noya, la lección magistral de este año le ha correspondido a la Facultade de Ciencias Políticas e Sociais a la que pertenece el catedrático de Ciencia Política Ramón Máiz, que ha pronunciado el discurso 'Ciencia Política e federalismo na Europa do século XXI".
Para el profesor Máiz, cuando en tiempos como los actuales de "crisis económica, política y moral" en España y Europa "la visión federal va a menos" acompañada "de la sustitución de la política por los mercados", se hace "más que nunca decisivo reconocer que los marcos explicativos e interpretativos para convicciones importantes de las democracias se han perdido en la cultura política y en la conciencia pública". "Precisamente", ha afirmado, "la tarea de las ciencias sociales es la de construir ese marco y asignar conceptos a valores, principios, actitudes e instituciones para poder discutir los problemas abierta y rigurosamente".
En el acto, el rector también ha procedido a la entrega de la Insignia de Fonseca a 45 integrantes de la comunidad universitaria, 14 del cuadro de personal de administraciones y servicios y los restantes del personal docente e investigador. Con estos galardones, la Universidade de Santiago de Compostela reconoce los "más de 30 años de servicios prestados" a la institución por parte de cada uno de los trabajadores, en cuya representación han intervenido el profesor Guillermo Rojo y María José Justo.
Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la USC:
A Universidade de Santiago deu por inaugurado o curso académico 2012-2013 nun solemne acto celebrado no Salón Nobre do Colexio de Fonseca que contou coa participación de numerosas autoridades académicas e civís, entre elas o presidente do Consello Social da USC, Manuel Puga, e representantes das outras dúas Universidades públicas galegas.
O reitor da Universidade de Santiago centrou o seu discurso de inicio de curso na autonomía universitaria, “clave na busca da excelencia”. Juan Casares Long fixo alusión a un estudo realizado pola Asociación Europea de Universidades que, tomando como referencia as catro dimensións básicas da autonomía universitaria –a académica, a financeira, a organizativa e a de contratación do seu persoal–, concluía que dos 28 países avaliados as Universidades públicas españolas se atopan no grupo das que teñen unha autonomía “entre media baixa e baixa”. E, proseguiu, “de ter en conta as medidas lexislativas dos últimos dous anos estaríamos claramente no chanzo máis baixo da autonomia”.
Nesta liña, e tomando como partida a advertencia da Comisión Europea sobre a excesiva regulamentación e o insuficiente financiamento que reciben as Universidades, o reitor Casares reclamou no seu discurso un acordo entre a universidade, a sociedade e os poderes públicos “ entendido como un compromiso cultural a suficiente longo prazo, cara a e dende a Universidade como institución coas súas propias características, aceptable para a sociedade da que forma parte”.
“O Estado non debe intervir e debe evitar que outros interfiran na actividade académica”, dixo, “porque historicamente cada vez que o poder político restrinxiu a autonomía das universidades correspondeuse cun período de decadencia social e intelectual”. Na súa opinión, un elevado nivel de autonomía permite ser proactiva fronte aos cambios e innovadora; “demasiada regulamentación e presión externas debilitan a institución”, afirmou.
A autonomía, entende o reitor da USC, debe garantirse fronte ao Estado, os mercados, e calquera tipo de crenza ou ideoloxía, “e deben ser obxecto desa autonomía a organización interna da Universidade, o establecemento de procesos na toma de decisións, a selección do profesorado e a xestión dos seus recursos financeiros”.
“É moi importante o camiño que nos queda por recorrer en España para conseguir unha verdadeira e plena autonomía e asumir a responsabilidade correspondente para responder ante quen proceda do seu uso, que nos permita aspirar a esa excelencia que demandamos a nós mesmos e que se nos demanda”, rematou.
As verbas do reitor foron o colofón dun acto que comezou coa lectura da Memoria do pasado curso académico, con máis de 30.000 estudantes matriculados, a cargo da secretaria xeral da USC, Lourdes Noya, que fixo fincapé na modificación da cualificación de campus de excelencia internacional de interese rexional a interese global, no inicio das actividades de investigación dos edificios CIQUS e CIMUS e no incremento da produción científica no ano 2011 con respecto ao ano 2010, entre outras cuestións salientables.
A lección maxistral este ano correspondeulle á Facultade de Ciencias Políticas e Sociais á que pertence o catedrático de Ciencia Política Ramón Máiz, que falou sobre ‘Ciencia política e federalismo na Europa do século XXI’. Para o profesor Máiz, cando en tempos como os actuais “de crise económica, política e moral” en España e Europa “a visión federal devece, da man da substitución da política polos mercados, faise máis que nunca decisivo recoñecer que os marcos explicativos e interpretativos para conviccións importantes das nosas democracias se teñen perdido na cultura política e na conciencia pública”. Precisamente, dixo, a tarefa das ciencias sociais é a de “construír ese marco e asignar conceptos a valores, principios, actitudes e institucións para poder discutir os problemas aberta e rigorosamente”.
O programa continuou coa entrega da Insignia de Fonseca a corenta e cinco integrantes da comunidade universitaria, catorce do cadro de Persoal de Administración e Servizos e os restantes do Persoal Docente e Investigador, en recoñecemento ás máis de tres décadas de servizos prestados á Universidade compostelá. En representación das persoas recoñecidas con esta distinción interviñeron, visiblemente emocionados, o profesor Guillermo Rojo e a directora do Arquivo Histórico da USC, María José Justo.
Os membros do PDI que recibiron esta Insignia foron Ángel Álvarez Prechous, Andrés Beiras Iglesias, José Castillo Sánchez, Juan Gestal Otero, José Martinón Sánchez, María José Meizoso Coya, Manuel Castro Gago e María Luz Nogueira Carballedo, da Facultade de Medicina; Manuel Ceferino Díaz Díaz, María del Carmen Guisán Seijas e Miguel Pousa Hernández, de Económicas; Antonio Blanco Seoane e Francisco Chenlo Romero, da ETSE; José Caamaño Gesto, Luisa Pérez Fariña, Ermelindo Portela Silva e José M. Vázquez Varela, de Xeografía e Historia; José Cajide Val e Antonio Vara Coomonte, de Ciencias da Educación; María Regina Carballal Durán, de Bioloxía; Manuel Fugarolas Villamarín e Miguel del Río Vázquez, de Matemáticas; Domingo Gómez Fernández, de Psicoloxía; Lorenzo Gómez González e José Rivas Rey, de Física; Dolores Gómez Penas, Jesús Pena Seijas, José L. Rodríguez Fernández e Guillermo Rojo Sánchez, de Filoloxía; e Luis López Seijas e F. José Silvosa Costa, de Formación de Profesorado de Lugo.
Do PAS foron recoñecidos coa Insignia José Aldrey Otero, Isabel Álvarez García, María del Carmen Buján Fernández, Ramón García Rey, Josefina Iglesias Barreiro, Inés Iglesias Saco, María José Justo Martín, José Martínez Ferro, Manuel Pombo Garazo, Virtudes Rial Míguez, Xosé Luis Santos Cabanas, Maruxa Suárez Castiñeira, María Torres Salgado e Carmen Varela Prado.
R.