Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

Rajoy dice que no pedirá el rescate antes de las elecciones del 21-O y Feijóo dice que Galicia tiene bases sólidas para la recuperación

El presidente de la Xunta y candidato a la reelección, Alberto Núñez Feijóo, asegura que Galicia tiene "una base mucho más sólida" para afrontar la recuperación económica dado el "control de las cuentas públicas" que se ha mantenido a lo largo de esta legislatura, pero ha advertido de que tomar la senda del "crecimiento" depende de lo que se decida "en el futuro". En su intervención en el desayuno informativo del Fórum Europa. Tribuna Galicia, organizado por Nueva Economía Fórum, el mandatario autonómico ha hecho hincapié en que "ser los primeros en controlar las cuentas públicas" también permitirá a Galicia "ser los primeros en consolidar la recuperación e iniciar el crecimiento".

Para que esto ocurra, como ha advertido, no basta con haber "hecho los deberes" durante los últimos cuatro años, con lo que la autonomía gallega estaría "en condiciones de afrontar la próxima legislatura sin mayores sobresaltos". "Estar entre los primeros en consolidar la recuperación también depende de lo que hagamos en el futuro".

Feijóo ha defendido que tras "el esfuerzo sin precedentes de la Xunta" por "tener sus cuentas en orden", ahora se debe "garantizar" que estos "esfuerzos" se traduzcan en "recursos para crecer". "Tanto en los presupuestos gallegos como en los estatales". Con estas bases, el mandatario autonómico ha planteado un camino distinto para la salida de la crisis que "el incremento de las nóminas de forma indiscriminada" o los contratos de obra pública con "una base completamente artificial y con consecuencias dañinas". Su oferta, según ha explicado, está "basada en el rigor" y consiste en cumplir los objetivos de déficit, hacer presupuestos "realistas" y "reducir cada vez más los gastos de gobierno". "Hay que orientar el crecimiento desde el rigor para poder impulsar la economía de una forma sólida", ha promulgado, contrario a "empezar la casa por el tejado". De hecho, a su juicio, el "saneamiento" de las cuentas debe ser "el primer revulsivo" para "estimular el crecimiento sin abandonar el camino del rigor".

Y los pilares en los que debe apoyarse este impulso al crecimiento son la "innovación" -tanto en universidades como en empresas-, la capacidad emprendedora y la "inversión social", que permita seguir "ampliando" la "red" de servicios. Tras admitir que el trecho recorrido a lo largo de esta legislatura "no ha sido fácil", Feijóo ha incidido en hacer de la "fiabilidad" y "solvencia" de Galicia su "principal apoyo" para "iniciar la recuperación". "Invito a todos los gallegos a seguir esforzándonos en el futuro, para que este camino siga sin ser en vano y para que, junto, podamos alcanzar la meta, que es el empleo y abrir un nuevo ciclo de crecimiento", ha proclamado el presidente gallego.

Sobre el rigor en las cuentas gallegas, en el coloquio posterior a su intervención se ha enfrentado a una pregunta sobre empresas que tienen facturas pendientes desde el pasado mes de enero. "Lo que hay que hacer es pagarlas, no discutirlas", ha replicado Feijóo, quien ha admitido que puede haber "certificaciones pendientes". En todo caso, ha juzgado que pocas "grandes empresas españolas" pagan a 50 días, como, según ha dicho, hace la Xunta de Galicia. No se hace con mayor celeridad, ha explicado, por evitar suscribir deuda en este momento "al siete por ciento". Sí podría hacerse, a su juicio, a lo largo del último trimestre, para cuando prevé una bajada de la prima de riesgo.

En cuanto al endeudamiento, ha reconocido un incremento, pero ha defendido que es "menor" que la media del resto de comunidades. "Suscribimos el porcentaje de deuda autorizada, y ni un euro más". Ha utilizado estos datos para reivindicar que las autonomías "pueden ser útiles para sí mismas y para el conjunto de España", toda vez que Galicia, por ejemplo, "contribuyó a una mayor estabilidad económica y política, y puede seguir contribuyendo". En esta escenario, el jefe del Ejecutivo gallego ha rebatido el "conformismo" de algunos dirigentes que creen que las autonomías y los ayuntamientos "carecen de margen de maniobra" frente a la crisis. "Nadie duda de que hay factores difícilmente controlables por un presidente autonómico o un alcalde, pero no se puede caer en el error de pensar que la crisis no nos tiene reservado ningún papel", ha reflexionado, para desechar igualmente que las comunidades sean "el obstáculo principal" para la economía estatal o "un capricho que ya no se puede permitir".

Junto con ello, ha expresado su "contrariedad" cuando "se generaliza" sobre el comportamiento de las autonomías: "algunos hicimos de hormiga cuando otros hicieron de cigarra". "Por eso me molesta cuando se dicen que las autonomías realizaron dispendios incompatibles con la crisis: desde luego, no es el caso de Galicia". Feijóo ha subrayado que, mientras otras comunidades hubieron de solicitar "apoyos externos" para "llegar a fin de mes", Galicia "mantiene plenamente su autogobierno".

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:

O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, afirmou, durante a súa intervención no almorzo informativo do Fórum Europa Tribuna Galicia, organizado por Nueva Economía Forum, que ao igual que a responsabilidade e o rigor das contas serviu, nesta lexislatura, para blindar o Estado do Benestar servirá para iniciar, na vindeira lexislatura, o camiño da recuperación e do crecemento. “Ser responsables serve, en primeiro lugar, para lograr a principal prioridade desta lexislatura de crise, que era blindar o Estado do Benestar. E ser responsables serve, en segundo lugar, para paliar os efectos da crise sobre a nosa economía e para estar máis protexidos e, por tanto, máis preparados para iniciar o camiño da recuperación”, aseverou.

Feijóo subliñou que ser responsables permitiu a Galicia, en plena crise, ter: máis educación pública, con máis de 40.000 rapaces que contan con ordenadores e con educación trilingüe para o 20% dos escolares galegos; máis sanidade pública, grazas ao impulso de seis grandes infraestruturas hospitalarias, nesta lexislatura, ou grazas á redución á metade dos tempos de espera para pacientes con patoloxías máis graves; e máis servizos sociais públicos, ao crear, nesta lexislatura, máis de 5.500 novas prazas públicas de garderías, residencias e centros de día, máis que na lexislatura anterior.

E asegurou que “ser os primeiros en controlar as contas públicas permitiranos, tamén, poder ser os primeiros en consolidar a recuperación e iniciar o crecemento”.

“A través do rigor, pódese lograr que a práctica totalidade dos indicadores económicos sigan en mellores condicións que a media nacional; e aínda que a situación non é boa, Galicia logrou ter menos déficit, menos paro e máis exportacións que o resto de España. Pódese lograr apoiar aos sectores produtivos, para minorar as dificultades polas que están pasando e para colaborar na planificación estratéxica que lles permita prepararse para o futuro. A través do rigor, séntanse as bases para superar barreiras que frean o desenvolvemento, e no caso de Galicia podemos falar da ordenación do territorio ou o despregamento da Banda Larga. Pódese priorizar os recursos e intensificar a aposta por un alicerce fundamental para facer un territorio máis competitivo, que é a innovación, con varios exemplos en Galicia como o Plan I2C ou o Plan de Financiamento das Universidades. E pódese afondar na internacionalización, acompañando aos emprendedores e atraendo unha maior confianza dos investidores estranxeiros”.

Neste último eido, e a modo de exemplo, o titular do Goberno galego referiuse á alianza estratéxica con Pemex e avanzou que, do mesmo xeito que xa se confirmou con feitos no ámbito portuario, “confirmarase con feitos no ámbito naval moi pronto”.

Feijóo incidiu en que os esforzos feitos nos últimos tempos non só non son un obstáculo para a recuperación, senón que son a nosa principal barreira de protección e o noso principal apoio para poder iniciala. “O rigor do saneamento das contas públicas e o rigor da planificación económica son o primeiro revulsivo co que iniciar a recuperación”, dixo e referiuse á innovación, ao investimento social e ao impulso ao emprendemento como os tres eixos nos que han de descansar os obxectivos económicos dos próximos anos en Galicia.

O titular da Xunta avogou pola innovación para adiantarse ao futuro e ser máis competitivos. “Innovación nas nosas universidades unidas ás empresas, con máis recursos para os nosos investigadores; innovación nas nosas empresas, para contribuír á modernización dos nosos sectores estratéxicos; e innovación en todas as casas galegas, para que poidan aproveitar as vantaxes das novas tecnoloxías e das novas enerxías”, afirmou, logo de apostar polo investimento social para completar a rede de servizos públicos da que nos temos dotado na educación, na sanidade e no benestar “e que ofrecen igualdade de oportunidades e xeran emprego”.

“E finalmente no emprendemento. Acompañando a cada galego que teña unha idea que poida crear emprego e facer máis competitiva a nosa terra; e acompañando a cada galego que desexe saír ao exterior cos seus produtos e que reduza a dependencia da nosa economía do mercado nacional”.

Lonxe da teoría de facer crer que as autonomías son o obstáculo principal para sanear a economía de España e avanzar cara á recuperación, o presidente do Goberno autonómico amosou a súa convicción de que, tamén na actual conxuntura, todas as administracións xogan un papel destacado, na medida das súas posibilidades. E, nese sentido, afirmou que o modelo galego practicado na lexislatura que está a piques de terminar é a proba de que o papel xogado polas comunidades pode ser útil para si mesmas e para España.

“Hai un modelo de Comunidade autónoma que soubo reaccionar a tempo, que se anticipou para poder estar hoxe nunha situación de menor dificultade que outras autonomías e que o propio conxunto de España. Creo que a Xunta contribuíu a unha maior estabilidade económica de Galicia e de España. E que pode seguir contribuíndo. E creo que a Xunta contribuíu a unha maior estabilidade política de Galicia e de España. E que pode seguir contribuíndo”.

Se ben hai comunidades que se ven abocadas a acudir a instrumentos externos de apoio financeiro e mesmo piden anticipos para chegar a fin de mes como evidencia da súa absoluta situación de emerxencia, Feijóo aseverou que non se pode desacreditar o sistema no seu conxunto e insistiu en que hai exemplos de autonomías que teñen funcionado ben. “Houbo quen fixemos de formigas cando outros fixeron de cigarras, aínda que fose con esforzo, pero sen titubear, e hoxe podemos distinguirnos, desde o propio estado das contas públicas ata a atención social que reciben os cidadáns”.

“Despois destes anos de intenso traballo, penso que calquera pode dar fe de que as comunidades que teñen traballado con rigor, como Galicia, son hoxe solventes, fiables e aptas para calquera emprendedor, por grandes que sexan as súas expectativas. Son esas virtudes as que nos teñen permitido converternos na autonomía coas bases máis sólidas para iniciar a recuperación e son esas mesmas virtudes as que nos permitirán completala”, concluíu.

Fotografía: Xunta de Galicia.
R.