Crisis económica: trabajadores gallegos se manifiestas contra los Presupuestos Generales del Estado convocados por CC.OO. y UGT

José Antonio Gómez aventuró además que, tras las elecciones autonómicas, se anunciarán "más recortes" y animó a manifestarse contra unas "políticas injustas e inútiles". Además, el secretario comarcal de UGT, Antonio Juste, advirtió de que Vigo "está agonizando" y va hacia "una muerte lenta" teniendo en cuenta que en los últimos 3 años han desaparecido 20.000 empleos. Además, criticó que en los PGE no se incluyen inversiones productivas para la ciudad.
El secretario xeral de CC.OO. consideró que las cuentas "certifican la defunción del estado de bienestar" y denunció que se está "aprovechando" la situación de crisis para el "desmantelamiento del modelo social".
En cuanto al auto del TSXG permitiendo la marcha celebrada en Vigo y la que ha tenido lugar en Ourense, consideró que se hizo "justicia", ya que el de manifestación es un "derecho fundamental" que figura en la Constitución. Asimismo, recalcó que la Junta Electoral "no es quien de tomar decisiones de ese tipo" y atribuyó la decisión la Delegación del Gobierno. También apuntó la posibilidad de que, teniendo en cuenta que la resolución judicial se conoció a primera hora de la tarde, la prohibición inicial haya podido contribuir a que menos gente acudiese al acto de protesta.
Durante la manifestación, que transcurrió sin incidentes, los participantes proclamaron consignas como 'huelga general' o 'Trabajo decente para toda la gente'. Entre los asistentes estuvo el candidato por Pontevedra del PSdeG, Abel Losada; el alcalde, Abel Caballero; y varios concejales socialistas. También acudieron miembros de Anova y EU-IU, entre otros.
En la ciudad de Pontevedra los sindicatos convocantes han concentrado a unas 500 personas, que se manifestaron por las calles de la ciudad, entre la Plaza de la Herrería y la Plaza de España, ante la sede del Ayuntamiento de Pontevedra y de la Subdelegación del Gobierno. En la protesta participaron representantes del PSdeG, como los concejales Antón Louro y Agustín Fernández, entre otros. Encabezados por una pancarta en la que podía leerse 'Más paro, más recortes, menos protección social. Quieren arruinar el país. Hay que impedirlo', la manifestación estuvo encabezada por dirigentes comarcales de CC.OO. y UGT y ha discurrido sin incidentes.
La ciudad de Ferrol también ha vivido una de las manifestaciones convocadas CC.OO. y UGT en distintos puntos de Galicia. En concreto, en ésta han participado unas 6.000 personas, según los organizadores. Iniciada en la Plaza de Armas, frente al Ayuntamiento, la movilización realizó llamamientos a la huelga general y coreó lemas como 'Donde está que no se ve ese dique del PP' o 'Los cerezos no se venden, los cerezos se defienden'. Con presencia de distintos colectivos laborales, entre los que destacaban los trabajadores del sector naval, en el discurso central se instó a "plantar cara al Gobierno y sus agresiones".
Más personas, unas 10.000 según CC.OO. y UGT, se dieron cita en la manifestación convocada en A Coruña, en la que los participantes reclamaron Más trabajos para los obreros y menos dinero para los banqueros. La marcha partió sobre las 20.00 horas de la plaza de A Palloza rumbo al Obelisco, con numerosos trabajadores de varios sectores, entre los que se encontraba una amplia representación de trabajadores de la fábrica de Alcoa en A Coruña, que llevaban camisetas y pancartas en defensa de un plan industrial para la fábrica y en contra del cierre.
En Santiago la movilización se vio afectada por la lluvia, aunque en ella participaron varios cientos de personas tras una pancarta en la que se podía leer 'Hay que impedirlo', en referencia a los "recortes" sociales que han criticado los manifestantes. Desde la Alameda compostelana, los manifestantes han recorrido varias calles del casco antiguo "en defensa de los servicios públicos" y de las industrias. Los manifestantes, que han concluido su marcha en la Praza de Platerías, han criticado el "flagrante fraude electoral" del Gobierno del Partido Popular, al que han reclamado un "referéndum" para conocer la opinión de la ciudadanía sobre las medidas que se están poniendo en marcha. "Los presupuestos ven a hundirnos más en la crisis", han asegurado los manifestantes al término de la marcha, que han llamado la atención sobre la "alarmante tasa de paro juvenil" de Galicia y sobre la necesidad de "invertir en políticas de industria".
Además de en estos puntos, CC.OO. y UGT han reunido a ciudadanos y trabajadores gallegos contra los recortes en Burela, Lugo, Ourense y Vilagarcía de Arousa. En total, el sindicato ha cifrado en unas 50.000 personas las participantes en las movilizaciones en toda Galicia.
Nota de prensa de CC.OO.
Máis de 50.000 persoas secundaron en toda Galicia as manifestacións convocadas por UGT e CCOO baixo o lema "Máis paro, máis recortes, menos protección. Queren arruinar o país!. Hai que impedilo!. Pola industria, polo emprego e polo estado de benestar". Os actos reivindicativos tiveron lugar na Coruña, Ferrol, Santiago de Compostela, Burela, Lugo, Ourense, Vilagarcía de Arousa, Pontevedra e Vigo (onde estiveron os secretarios xerais de ambos sindicatos en Galicia).
Todas estas mobilizacións enmárcanse na convocatoria do Cumio Social, que no resto do Estado transcorreu o domingo; na Xornada Mundial polo Traballo Decente, que se ven celebrando xa desde hai anos nestas datas; e unha xornada de mobilización a nivel europeo en defensa da industria, prevista para hoxe. En relación a este último punto, a defensa do sector industrial, non se pode esquecer que en Galicia, dos 170.000 empregos destruídos entre 2008 e 2012, 55.400 foron na industria, é dicir, o 33,16%. Hai que insistir no investimento en políticas de industria ante a debilitación dun sector que perde peso económico e se afasta dos principais países industrializados.
As miles de persoas que participaron nas manifestacións tamén esixiron, dunha vez por todas, unha saída da crise que garanta a reactivación económica, a xeración de emprego, a recuperación da protección social e do xa moi minguado estado de benestar.
No actual contexto, moi difícil, para a cidadanía, o Goberno presenta uns orzamentos para o 2013 tremendamente restritivos e que fan que sexan sobre todo os máis febles —traballadores/as, desempregados/as, pensionistas e mocidade— os que teñan que pagar os custos da crise. Esta perigosa senda comezou cunha reforma laboral inxusta, inútil e ineficaz para a recuperación do emprego, tal como dixeramos, e que o único que está a facer é precarizar máis o mercado laboral, facilitar o despido e romper o dereito á negociación colectiva, o que está a provocar unha tremenda devaluación salarial, en definitiva, empobrecer máis a clase traballadora.
Os datos son relevantes: o paro medra sen cesar (incrementouse no último mes en case 80.000 persoas no Estado e máis de 2.000 en Galicia), o número de vivendas nas que todos os seus membros están no paro segue aumentando. En Galicia xa son 83.700 os fogares nos que todos os seus activos están no paro e 27.600 as vivendas nas que non hai perceptores de ingresos, ambos datos históricos.
Continuaron a súa folla de ruta con recortes en prestacións por desemprego, recortes brutais na sanidade e na educación e deixaron desasistida a economía produtiva. Preocúpanse, iso si, de apoiar a banca, pero aínda non conseguiron o máis importante: que flúa o crédito ás familias e ás empresas. E o penúltimo golpe que lle asesta o Goberno á cidadanía son as contas públicas para o 2013, que son prexudiciais para todos os cidadáns e cidadás. Digan o que digan, non van servir para dar credibilidade á economía española.
Son uns orzamentos que afondan na crise e non están ao servizo da sociedade, senón da banca. Son os orzamentos da desigualdade. Son uns orzamentos contra os que máis o necesitan: as prestacións por desemprego diminúen nun 6 % e a caída da partida de fomento do emprego é estrepitosa, do 34,6% . E por se isto fora pouco, á vista dos orzamentos, prevese que o plan PREPARA deixará de aboarse o vindeiro mes de febreiro, cando caduca o actual. Tampouco se pode esquecer que o previsto para pensións non se incrementa máis do 1%, cando o IPC na actualidade está no 3,5%, o que non lles permitirá aos pensionistas recuperar o poder adquisitivo perdido. Precisamente, as persoas xubiladas e pensionistas sufrirán máis minguas nos servizos sociais e na atención á dependencia. Nunhas condicións así, só cabe esperar que continúen aumentando a pobreza e a exclusión social.
E, ademais, estes orzamentos son os que nos levan da recesión á depresión, porque diminúen todas as partidas de estímulo público, e hoxe, sen o apoio público, é imposible crecer. Políticas de industria e enerxía caen un 12,8%, nas políticas de apoio ao comercio, o turismo e as PEMES o recorte é do 18,8%, nas políticas de vivenda o recorte é do 6,6%, e así poderíamos seguir.
En definitiva, son uns orzamentos que non achegan solucións aos problemas das persoas e non son a solución á crise, senón que só agravarán os problemas da débeda pública e do déficit e continuará aumentando a fractura social sen precedentes no noso país.
CCOO e UGT consideran necesario un xiro radical das políticas de recorte e austeridade, porque nos afunden aínda máis no abismo, e afundiránnos máis aínda cando asistamos á presentación dos orzamentos das comunidades autónomas, onde se asistirá de seguro a novos recortes porque seguirán a mesma folla de ruta.
Para ambos sindicatos, cómpren políticas de estímulo ao crecemento e á creación de emprego. Esixen, dunha vez por todas, reconsiderar a política fiscal do país apostando por una política fiscal xusta, redistributiva e equitativa, ben como accións que combatan a fraude fiscal en vez de promover anmistías fiscais. Se continúa a folla de ruta ideolóxica que marca a dereita europea —e que executan sen vacilar os nosos gobernos— estamos condenados a máis crise, máis desemprego, menos protección social e menos servizos públicos. Isto é unha ecuación funesta para a maioría das persoas deste país, porque só se salvarán as elites económico-financeiras que se acubillan ao abeiro da acción de Goberno.
Por mor destas políticas, e porque saben a onde nos están a conducir, e porque constitúen unha viraxe respecto do programa electoral co que o PP se presentou ás eleccións, UGT e CCOO esixen un referendo para que a cidadanía se poida pronunciar. Cómpre darlles vós aos cidadáns e cidadás. Do contrario, o sindicalismo de clase continuará coas mobilizacións, sen descartar exercer o dereito a convocar unha folga xeral.
http://www.galicia.ccoo.es/webgalicia/
R.