Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

6-D: el presidente de la Xunta asiste al acto central del 34º aniversario de la Constitución española en el arranque de la nueva legislatura gallega

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:

Tras unha primeira fase, na pasada lexislatura, na que se reduciu un 40% o número de consellerías e un 50% o número de altos cargos, e sen prexuízo de proseguir coa terceira fase de diminución da Administración paralela, o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, avanzou, na rolda de prensa do Consello, unha nova fase de redución de unidades con rango de dirección xeral, no que arroxa un resultado total dunha diminución do 10% de cargos que teñen rango de dirección xeral na estrutura da Xunta.

“Pensamos que Galicia acertou ao poñer en marcha antes que ninguén a redución da súa estrutura periférica e da súa estrutura orgánica. Galicia iniciou ese camiño fai catro anos e coa nova lexislatura queremos percorrer o camiño que aínda nos faltaba. Así o temos feito ao consolidar unha Xunta con 8 consellerías; a estrutura, a nivel de Goberno, máis pequena de todas as nacionalidades históricas. Así o temos feito na Administración paralela, e xa lles adianto que faremos unha terceira fase nos próximos meses. E así o fixemos, tamén, no Consello de hoxe, ao diminuír as direccións xerais ou organismos con rango de dirección xeral da Administración autonómica”, explicou.

Feijóo incidiu, deste xeito, en que as modificacións responden a un dobre obxectivo: afondar na eficiencia do día a día da Administración autonómica; e afondar na redución da estrutura da Xunta, “que vimos facendo desde 2009 e á que damos continuidade na marxe que é posible, despois de todas as reducións feitas nos últimos catro anos”.

Entre as novidades aprobadas, o responsable do Goberno galego precisou que na Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza suprímese o cargo de director xeral da Academia Galega de Seguridade Pública e as súas funcións pasan a ser desempeñadas polo titular da Dirección Xeral de Emerxencias e Interior. E, na consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, suprímese o cargo de Presidente do Xurado de Expropiación de Galicia que pasa a ter rango de subdirector xeral, e suprímese o cargo de Director do Instituto de Estudios do Territorio, que pasa a ter rango de subdirección xeral.

No tocante á consellería de Economía e Industria, suprímese o cargo de director do Insituto Enerxético de Galicia e as súas funcións pasan a ser desempeñadas polo titular da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas. Na consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria suprímese o cargo Xerente da Fundación Pública Illa de San Simón xa que a partir da entrada en vigor do decreto iniciaranse os trámites para a extinción da Fundación.

Na consellería de Sanidade suprímese o cargo de director da Fundación Pública Escola Galega de Administración Sanitaria, o Instituto Galego da Administración Sanitaria e a Axencia Galega de avaliación de tecnoloxías, que se refundirán nun. E apróbase iniciar os trámites para a fusión, nun único órgano, do Centro de Transfusión de Galicia, da Oficina de Coordinación de Transplantes e os bancos de tecidos terapéuticos e biobancos do Sergas.

Na consellería do Medio Rural e do Mar suprímese o cargo de director da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, dado que esta dirección será desempeñada polo titular da Dirección xeral de Desenvolvemento Rural.

Así mesmo, hai dúas supresións que se levan a cabo a través da Lei de Orzamentos: na consellería de Facenda, suprímese un alto cargo con rango de director xa que se procederá a fundir nun único órgano o ente público Cixtec e o Instituto Galego de Estatística; e, na consellería de Traballo e Benestar suprímese o cargo de director do Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral, que pasa a rango de subdirección.

Por outra banda, tamén se producen algunhas modificacións de funcións entre departamentos: a Asesoría Xurídica Xeral e a Secretaría xeral de Igualdade pasan a depender directamente do vicepresidente do Goberno; a Dirección Xeral de Orzamentos convértese en Dirección Xeral de Planificación e Orzamentos, mentres que a Dirección Xeral de Planificación e Fondos pasa a ser Dirección xeral de Proxectos e Fondos Europeos. E, en Traballo e Benestar reoriéntanse as direccións xerais e desaparecen como tal a dirección xeral de Relacións Laborais, a de Promocións do Emprego e a de Formación e Colocación, pasando a denominarse Dirección Xeral de Traballo e Economía Social, Dirección xeral de Emprego e Formación e Dirección xeral de Familia e Inclusión.

Fotografía: Xunta de Galicia
R.