Los presupuestos gallegos para 2013 se reducen un 2.5% y caen hasta los casi 8.500 millones

Núñez Feijóo ha defendido que se trata de unos presupuestos "realistas, que dicen la verdad sobre los ingresos y los gastos" y en los que los servicios públicos esenciales son "la prioridad absoluta". Además, ha destacado la creación de un fondo específico para el crecimiento económico dotado con 386 millones de euros.
Unas 43.000 personas con pensiones no contributivas o que perciben rentas sociales -del fondo de asistencial social o el subsidio de garantía de ingresos mínimos- percibirán en el mes de enero un complemento autonómico de 206 euros, para lo cual la Xunta destina un presupuesto de 9 millones de euros. Esta paga correspondiente con un complemento específico que pueden abonar las comunidades autónomas, se realizará a través de una transferencia en la cuenta corriente en la que los beneficiarios perciben la nómina de forma habitual y que se recibirá "en los próximos días" de enero, tal y como ha señalado el presidente de la Xunta, Alberto Núñez Feijóo, en la rueda de prensa posterior al último Consello del año, en el que se han aprobado los presupuestos para el año 2013.
El mandatario autonómico ha resaltado el "esfuerzo" de Galicia para abonar este complemento específico en todos los años de la "crisis", y ha recordado que se trata de una medida con carácter "excepcional" y "temporal" ya que el Tribunal Constitucional "no permite que sea permanente". Asimismo, ha destacado que este complemento "sólo existe en cuatro comunidades" y ha reivindicado que, "en las que existe, es aproximadamente la mitad" de cuantía de lo que es en Galicia.
El BNG cree que los presupuestos "certifican el fracaso" de Feijóo al "seguir cavando en el pozo" con "recortes"
El portavoz parlamentario del BNG, Francisco Jorquera, ha calificado el proyecto de presupuestos aprobado por el Consello de la Xunta como "la certificación del fracaso del señor Feijóo", puesto que asegura que supone "seguir cavando en el pozo" con "políticas de recortes" cuando "ya se está en el fondo". En declaraciones a los medios de comunicación en la Cámara, tras trascender las primeras informaciones sobre las cuentas del Gobierno gallego para 2013, Jorquera ha advertido, además, de que el proyecto contempla una "aceleración en la caída de la economía gallega" durante el año que viene, cuando "en los de 2012 se contemplaban unas previsiones que luego fueron superadas por la realidad". Así, ha señalado que, mientras se planificó con "un incremento del 1,1% del Producto Interior Bruto, luego la realidad es que decreció un 1,1%".
El portavoz parlamentario del Bloque se ha preguntado "qué medidas contienen estos presupuestos para reactivar la economía, para impulsar los sectores productivos y para proteger y fortalecer los servicios públicos".
Porque, según ha censurado, la Xunta tenía que subir los fondos para la renta de integración social (Risga) por "obligación", pero, en cambio, lo "presenta como una medida que demuestra su sensibilidad social". "Quiero recordar que la Xunta está obligada a subir la Risga por ley. Entre otras cuestiones, porque a lo largo del mandato del señor Feijóo en Galicia subió la pobreza y los índices de exclusión social de forma total y absolutamente alarmante".
El nacionalista también ha reprobado la "nueva rebaja" en las percepciones de los empleados públicos, "después de que en los últimos años ya vieran recortado su poder adquisitivo en un 20% y después de que el propio señor Feijóo hace seis meses admitiese que ya se les había exigido un extraordinario esfuerzo".
Francisco Jorquera ha cargado contra las "políticas de recortes" de Feijóo y las "políticas fiscales injustas que hacen recaer los efectos de la crisis en los sectores más desfavorecidos", mientras el presidente gallego, ha indicado, "renuncia, por ejemplo, a operar sobre los impuestos para que pague más quien más tiene". "Apela a que es necesario no vivir por encima de las posibilidades pero lo que es evidente es que sus políticas lo que sí conducen es a que las posibilidades de la inmensa mayoría cada vez sean menores a costa de los intereses de una minoría", ha subrayado.
Jorquera ha ironizado con que "quizá por eso" la Xunta "escogió el día 28, de los Santos Inocentes, para presentar este proyecto al Parlamento". "Porque, por desgracia ,creo que ya todos los datos demuestran que hay que ser muy inocente pensando que estas medidas conducen a salir de la crisis".
Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:
O Consello da Xunta aprobou o proxecto de Lei de Orzamentos da comunidade autónoma para o ano 2013, unhas contas que incluirán un Fondo de Crecemento dotado con 386 millóns de euros co obxectivo de sentar as bases nos primeiros dous exercicios da lexislatura que permitan que a economía galega volva a crecer na segunda parte.
Ademais da importante contía, terá unha vertente cualitativa, xa que será coherente co Plan Estratéxico, mellorará a coordinación de políticas e garantirá unha maior eficacia nos investimentos que se realicen, todo iso co obxectivo de ser un instrumento que incentive a reactivación económica.
Entre as prioridades, estarán reter e atraer talento, aproveitar as potencialidades da comunidade, desenvolver novos produtos e servizos, axudar a facer máis compatibles a oferta e a demanda laborais, favorecer a creación de empresas e o seu acceso aos mercados e ao financiamento, reforzar a internacionalización das empresas galegas, darlle maior relevancia e modernizar o tecido industrial, fomentar o emprego das TIC en todos os sectores e axudar ao reequilibrio territorial.
As contas para o vindeiro ano permitirán cumprir coa redución do déficit ao 0,7% do PIB, case a metade deste exercicio, e seguirán incrementando o peso do gasto social, xa que os recursos achegados á educación, á sanidade e aos servizos sociais subirán ata o 77%, case 9 puntos máis que en 2009.
O gasto non financeiro da Xunta será de 8.479 millóns de euros, lixeiramente por debaixo do teito aprobado o pasado mes de agosto e un 2,5% inferior á capacidade de gasto deste ano, unha caída que se debe en grande medida ao feito de que Galicia continuará diminuíndo o seu déficit e se endebedará en 2013 en 464 millóns de euros menos que en 2012. O Goberno galego actuou con responsabilidade durante toda a lexislatura pasada e controlou o seu endebedamento en todo momento, sen sobrepasar nunca os límites autorizados polo Consejo de Política Fiscal y Financiera (CPFF).
Como consecuencia desta prudencia, Galicia pasou en catro anos de ter unha ratio débeda/PIB superior á media a estar de maneira sensible por debaixo, pois foi a terceira comunidades autónomas que menos incrementou o seu endebedamento durante a época de crise, desde finais do ano 2007.
As prioridades das contas autonómicas serán continuar un exercicio máis garantindo a solvencia da Facenda autonómica e o mantemento da prestación dos servizos públicos esenciais. O Goberno autonómico, con 2.100 millóns de euros menos de capacidade de gasto, no nivel do ano 2006, ten que ser capaz de prestar os servizos públicos que os galegos necesitarán en 2013.
A Xunta compatibilizará esta blindaxe das áreas sociais co maior esforzo posible en investimentos e liderará ás comunidades en esforzo investidor, tal e como fixo este exercicio e tal como se reflicte nos últimos datos comparativos dado a coñecer polo Goberno central sobre a execución orzamentaria a 30 de setembro.
En canto ás previsións económicas, 2012 pecharase algo mellor do esperado cando se presentou en agosto o teito de gasto, polo que o comportamento será do -1,1%, dúas décimas mellor do agardado, co que tamén se confirma que terá unha mellor evolución que a española.
De cara a 2013, Galicia tamén prevé ter un mellor comportamento do previsto. Así, o Executivo autonómico estima que o PIB galego do vindeiro ano se sitúe no -0,9%, dúas décimas mellor que o que prevén os organismos internacionais e privados para o conxunto de España. Sobre a taxa de paro, a Comunidade galega manterá diferenciais positivos superiores aos catro puntos.
En materia tributaria o Executivo autonómica continúa a liña da anterior lexislatura de aplicar rebaixas selectivas nos impostos sobre a vivenda co fin de favorecer a súa adquisición por parte dos que máis dificultades teñen e máis o necesitan. Así, na equiparación do Imposto de Transmisións Patrimoniais, fíxanse rebaixas de entre un 20 e un 60% para os cidadáns con menor patrimonio, para os discapacitados, para as familias numerosas e para os menores de 36 anos. O mesmo ocorre no caso do Imposto de Actos Xurídicos Documentados, pois neste caso as rebaixas para estes colectivos están nun 33 e un 66%.
Así mesmo, a Xunta pon en marcha novas deducións co fin de fomentar o emprendemento. No caso do Imposto de Actos Xurídicos Documentados, fixa unha do 100%, cun límite de 1.500 euros, para adquirir locais que se destinen a empresa ou negocio profesional; e outro igual para préstamos e créditos hipotecarios para financiar estas compras.
En canto ao Imposto de Sucesións e Doazóns, haberá unha redución do 95%, cun límite de 118.750 euros, nas transmisións mortis causa e inter vivos a menores de 35 anos nos cartos que se destinen a constituír unha empresa ou negocio profesional. O límite duplícase en caso de discapacidades iguais ou superiores ao 33%.
No IRPF inclúese unha dedución do 20% das cantidades investidas (cun límite de dedución de 4.000 euros) na creación de novas empresas ou a ampliación da actividade de empresas de recente creación. Igualmente duplícase a dedución (ata os 8.000 euros) para as persoas que invistan en accións ou participacións sociais de novas entidades ou de recente creación.
Por outra banda, o Consello da Xunta tamén deu luz verde ao decreto de prórroga dos actuais orzamentos, unha medida xa prevista na lei, para dispoñer de contas públicas mentres que o Parlamento non aprobe as definitivas para 2013. Neste texto inclúese a posibilidade de que o Executivo autonómico adiante a metade da paga extra de xuño á próxima nómina correspondente ao mes de xaneiro para aqueles empregados públicos que así o soliciten.
Este anticipo é unha medida voluntaria, legal e que busca compensar dalgunha maneira a perda de poder adquisitivo dos empregados públicos nesta época como consecuencia da eliminación de paga extra de Nadal por parte do Goberno central.
Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación del BNG:
O Portavoz do grupo parlamentario do BNG, Francisco Jorquera manifestou que o proxecto de orzamentos, aprobado polo Consello da Xunta, certifica “o fracaso das políticas” de Núñez Feijoo e a súa insistencia en medidas que conducen a Galiza ao “suicidio económico”.
O parlamentario do BNG ironizou sobre o día de presentación dos orzamentos no Parlamento galego, (mañá, venres 28 de decembro), “hai que ser moi inocente para pensar que Galiza crecerá cos orzamentos de Feijoo”, ao mellor por iso o fai e elixe o día 28 para presentalos.
Para o portavoz nacionalista, os orzamentos do ano 2013 supoñen “seguir cavando no pozo” con políticas de recortes cando, asegurou “xa estamos no fondo”.
Neste sentido, alertou da “aceleración na caída da economía galega” para o ano que vén e lembrou que no 2012 as previsión foron superadas pola realidade, “o incremento do 1,1% do Produto Interior Bruto decreceu nun 1,1%”.
Ante as novas contas da Xunta para o 2013, Francisco Jorquera preguntou polas medidas incluídas nos orzamentos e destinadas a reactivar a economía, impulsar os sectores produtivos e protexer os servizos públicos.
O PP presume de subir o RISGA cando está obrigado por Lei
En declaración aos medios de comunicación no Parlamento galego, o portavoz do G.p do BNG tamén criticou que a Xunta presente como medida de sensibilidade social a subida dos fondos para a renda de Integración Social (RISGA) e lembrou que a Xunta está “obrigada” a subila por lei xa que entre outras razóns, afirmou, ao longo do mandato do Sr.Feijoo a pobreza e os índices de exclusión social aumentaron en Galiza de “maneira alarmante”.
Jorquera criticou a nova rebaixa salarial dos empregados públicos despois de que nos últimos anos xa viran recortado o seu poder adquisitivo nun 20% e concluíu censurando “as políticas fiscais” de Feijoo que fan recaer os efectos da crise nos sectores máis desfavorecidos mentres evita “operar sobre os impostos dos que máis teñen”
Fotografía: Xunta de Galicia.
R.