La Xunta reconoce que se perdieron más de 1.000 plazas docentes de infantil y primaria desde 2009 y anuncia que se convocarán más de 200

Xeús Vázquez ha destacado que "este año" se convocará una oferta pública de empleo para docentes de "idiomas" y del ámbito de "atención a la diversidad" para Infantil y Primaria, al tiempo que ha abierto la puerta a que la nueva ley orgánica de educación pueda tener también "alguna repercusión" sobre la educación secundaria. "Galicia puede presumir de unas bajas tasa de temporalidad y no renuncia a la estabilidad en el empleo público".
Al margen de ello, ha desglosado unos presupuestos que, a su entender, permiten "asegurar la calidad, el buen funcionamiento y la sostenibilidad del modelo educativo y cultural" pese a una caída del 4,3 por ciento con respecto al pasado año debido a la necesidad de cumplir los objetivos de reducción de déficit y por la reducción en las transferecias estatales y europeas.
De hecho, con la máxima de "hacer más con menos recursos", ha garantizado que la reducción del crédito disponible no será obstáculo para "preservar" la pluralidad cultural, impulsar "una nueva política de difusión" de las manifestaciones artísticas y culturales, favorecer la "promoción social" y la "internacionalización" de la cultura, sostener el cuidado del patrimonio, amplificar el uso del gallego en la sociedad, seguir reduciendo el fracaso escolar, apostar por la FP y mantener la financiación universitaria, entre otras cuestiones.
Sin embargo, los grupos de la oposición han ofrecido otra versión de las cuentas. Inicialmente, Cosme Pombo (BNG) ha advertido de que la distribución de los fondos introduce a la cultura por "el camino de la sepultura", mientras que la educación pública sigue "avanzando" por la senda de la "liquidación" y las aportaciones para fomentar la lengua gallega caen "más de un 25 por ciento", hasta suponer "un tercio de lo que el Gobierno Fraga le destinaba en 1993".
Ramón Vázquez (AGE) ha lamentado que la "fusión" de las consellerías de Educación y Cultura tenga el mismo resultado que "la de las cajas". "Es como una fusión nuclear, después no queda nada", ha comparado, lamentando que la cultura sea tan solo "una agregadoría" dentro de "una triste embajada" que "recorta" en promoción del gallego y busca "precarizar" la educación pública. Todo ello, porque -como ha dicho- "su funesto embajador" confunde "excelencia con elitismo chapucero", aludiendo así a la segregación de alumnos por sexo entre advertencias de que seguir financiando ese modelo educativo demuestra que el PP apuesta por "una pedagogía fascista".
Desde las filas socialistas, Vicente Docasar ha juzgado que "no son presupuestos para la crisis", sino que "aprovechan la crisis" para hacer aquello que el PP "siempre quiso hacer". Así, tras preguntarse "qué le hizo el gallego a Feijóo", ha criticado la "dramática reducción" en fondos para la cultura y las caídas que sufren los distintos ciclos educativos y ha censurado la "vergonzosa indignidad" provocada a la Real Academia Galega, "obligada" a "implorar financiación", en palabras también de Ramón Vázquez.
El portavoz del PPdeG en el ámbito educativo, Román Rodríguez, ha recordado que "todas" las administraciones públicas sufren menguas en sus recursos, por lo que ha reprochado a la oposición sus críticas y su "obstinación" por hablar de "privatización. "Apelo a su responsabilidad para que decidan entre comportarse como agitadores y ser una rémora más, o ayudar", ha espetado.
El conselleiro ha negado que exista ningún "ataque al gallego", alegando que la Rede de Dinamización Lingüística recibe 150.000 euros, que la realización de lectorados en universidades internacionales cuenta con 658.000 y que los ayuntamientos contarán con más de 400.000 euros para la creación de servicios lingüísticos locales. Y, tras subrayar que "el 95%" del decreto del plurilingüismo "sí se ajusta a la legalidad", ha recordado que el presidente autonómico ha tendido su mano para lograr "consenso" con los grupos de la oposición sobre la base de la Ley de Normalización Lingüística. Sobre las acusaciones de "privatización", ha aseverado que "cada vez aumenta más" el número de alumnos matriculados en la enseñanza pública, algo que "en parte" ha atribuido al "esfuerzo" de su departamento. "Dejemos de una vez por todas la demagogia", ha pedido, remarcando una reducción de 20 millones de euros en la partida para la educación concertada frente a los "más de 60 millones" que le subió el bipartito.
En cuanto al área de Cultura, después de replicar al diputado del BNG que "la Fundación Camilo José Cela nunca tuvo menos recursos", ha sostenido que los presupuestos con los que cuenta son "ajustados", situación diferente a la experimentada por su predecesora en el cargo, Ánxela Bugallo, que "fue a gastarlos a Cuba", en relación a la Feria del Libro de La Habana.
La oposición también ha lamentado los recortes a las universidades gallegas, fundamentalmente, el parlamentario socialista, quien ha acusado a la Xunta de poner "en grave riesgo" su funcionamiento al incumplir el plan de financiación y ha preguntado al conselleiro si pretende "forzarlas a despedir personal".
Vázquez Abad ha reivindicado el "escrupuloso" cumplimiento de este compromiso, con un aumento del 5,5 por ciento en los fondos destinados a I+D+i, de modo que ha atribuido el descenso en 20 millones de euros a que la masa salarial de las universidades está condicionada a los mismo requisitos que el personal de la Xunta.
Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:
O titular de Cultura e Educación e Ordenación Universitaria anunciou no Parlamento que o seu departamento convocará este ano oposicións a infantil e primaria, nun claro compromiso de consolidación do emprego do profesorado. Vázquez Abad explicou que os seus orzamentos incrementan en máis de 2 millóns de euros a aposta polo I+D+i universitario, que medra o fondo de resultados docentes e que incrementan as partidas dedicadas ao transporte escolar e aos comedores.
En definitiva, “asegurar a calidade, o bo funcionamento e a sostenibilidade do modelo educativo e da nosa cultura” é o obxectivo dos Orzamentos para 2013 Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, tal e como explicou o conselleiro quen engadiu en sede parlamentaria que para iso “faise preciso afondar na eficiencia na xestión e estudar posibles reformas que permitan melloras e repartir as cargas e os beneficios que se acaden”.
Vázquez Abad fixo referencia ao cambio de coxuntura que, debido á crise económica, afecta ao conxunto das contas da Xunta de Galicia, tales como o obrigado cumprimento do déficit, e a diminución da chegada de fondos europeos. De forma especial no caso da educación, fixo referencia á mingua nas transferencias desde o Goberno central, en boa medida derivadas do fin das actuacións previstas para o desenvolvemento da Lei Orgánica de Educación (LOE) de 2006, e que xa naceran co 2011 como data de caducidade marcada.
Dentro deste contexto, o conselleiro salientou a necesidade de traballar pola eficiencia na xestión dos recursos públicos, e de “facer máis polo ensino e pola cultura de Galicia cos menores recursos dispoñibles”, o que pasa pola planificación, o realismo e a prudencia. “Unhas contas pensadas para o presente pero tamén para o futuro da comunidade autónoma, co fin de acadar o obxectivo de que Galicia sexa unha das primeiras comunidades en saír da crise”.
Con todo, o conselleiro reafirmou o seu compromiso de convocar unha oferta de emprego público para docentes non universitarios que superará as 200 prazas na ensinanza infantil e primaria. “Galicia pode presumir dunhas baixas taxas de temporalidade e non renuncia á estabilidade no emprego público, neste caso no sector educativos, especialmente nos ámbitos do ensino de idiomas e na atención á diversidade”, dixo.
Ao cifrar nun 4,3% a caída en termos reais dos orzamentos da Consellería respecto dos do 2012, Vázquez Abad lembrou o singular peso que neste departamento ten o capítulo I, destinado ao pagamento das nóminas dos empregados públicos e que, xunto coas transferencias para os salarios ás universidades, ao ensino concertado e as transferencias correntes a centros dependentes ou cofinanciados – AGADIC, RAG...- ; teñen un peso superior ao 83%.
Desta forma explicou que, só no capítulo I, o sacrificio pedido aos empregados públicos mediante a baixada do compoñente do complemento específico nas pagas extra de xuño e decembro, unido a melloras na xestión, supuxeron unha baixada nominal en termos absolutos de 87,1 millóns de euros. Neste punto o conselleiro lembrou a adopción de medidas como a optimización do horario lectivo dos mestres de infantil e primaria para equiparalo ao de outras comunidades autónomas, o incremento de períodos lectivos para o profesorado de secundaria, e a contratación das prazas de interinos necesarias para cubrir as xubilacións.
Vázquez Abad sinalou durante a súa comparecencia os firmes compromisos do seu departamento. Así salientou que as contas para 2013 respectan de forma escrupulosa o asinado no Plan de Financiamento do Sistema Universitario de Galicia (SUG), e recordou que en consonancia coa aposta do goberno polo I+D+i os fondos de transferencia tecnolóxica e de resultados de investigación medran un 5,5%. “Isto supón unha contía de máis de dous millóns de euros, que se imputan ao programa 561B de investigación universitaria”.
Do mesmo xeito engadiu que “tamén crece o fondo de resultados docentes, estamos ante o PIB nominal multiplicado por 2. Por tanto, o compromiso de aposta polo I+D+i no Sistema Universitario mantense en termos exactamente iguais aos previstos no plan de financiamento, sen esquecer as contías para infraestruturas nos campus da Saúde, do Mar e da Auga”.
Na mesma liña, fixo fincapé nos esforzos que a Consellería está a facer por manter as achegas que representan o sostén da rede pública de centros e servizos. Así, o capítulo II dos orzamentos, dedicado aos gastos correntes, asume un axuste medio do 5%, derivado en boa parte do aforro que permiten medidas para a mellora da xestión como son a contratación centralizada da subministración enerxética nos centros educativos, ou o esforzo de aforro nestes gastos por parte dos servizos administrativos.
Ao mesmo tempo, este capítulo asume un incremento de 600.000 euros na partida destinada a dar servizo aos máis de 80.000 usuarios do transporte escolar. Tamén un aumento na destinada aos comedores escolares, que acada en total 27,8 millóns; unha cantidade coa que se procura dar cobertura ás necesidades do alumnado do rural e avanzar, de forma realista, cara a conciliación da vida laboral e familiar.
Porén, no que toca ás transferencias de capital (capítulo VII) , prodúcese “unha diminución non desexada do 15% na partida destinada á compra de libros de texto no sistema de Gratuidade Solidaria”. Con todo, o conselleiro sinalou a posibilidade de realizar algún tipo de modificación orzamentaria ao longo do exercicio “para contar con marxe para atender solicitudes en termos semellantes a este curso que rematou”.
Se no capítulo II os esforzos se centran nos servizos educativos complementarios, no IV, o dedicado ás transferencias correntes, a Consellería aposta por salvagardar, fronte ao contexto de diminución das achegas da Administración Central, dúas das súas liñas de actuación prioritarias: a FP e a prevención do abandono temperá. Deste xeito, e malia que se recibe menos cofinanciamento, increméntanse a contía prevista para dar cobertura á Formación Profesional, “no entendemento de que promove unha saída profesional á mocidade”, incorporando ademais unha nova partida dedicada á formación dual, nunha clara aposta pola empregabilidade dos estudantes da FP galega. Así mesmo, mantense cunha diferenza de apenas 80.000 euros o programa dirixido á prevención do abandono escolar, unha vez constatado que as medidas postas en marcha ao seu abeiro conseguiron unha redución na taxa de abandono escolar na pasada lexislatura.
Outra das políticas sociais que o departamento educativo da Xunta vén defendendo, a de impulsar o acceso en igualdade de condicións ao ensino universitario, vese reforzado neste capítulo IV cun incremento dun 2% na partida para as bolsas universitarias. Xa na área de Cultura, e no que atinxe a bolsas de formación, increméntase nun 30% o importe destinado aos bolseiros en materia de museos, e destínanse 217.740 euros ás bolsas de formación en biblioteconomía, 107.406 euros no caso das de arquivo.
Pola contra, a Fundación Cidade da Cultura diminúe o seu financiamento un 30%, do que o 16% corresponde ao citado capítulo de gasto. Así, tal e como explicou Vázquez Abad, cunha achega por parte da Xunta de 9,3 millóns, “estamos en camiño de cumprir coas previsións do Plan Estratéxico”. Neste punto recordou ademais que isto se acada “aínda que asumamos os custos moi importante doutros departamentos da Xunta que teñen sede nas instalacións do Gaiás”, tales como a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) e os CPDi. Así mesmo, no capítulo VII diminúen nun 39% as contías destinadas a esta fundación, pola renuncia a continuar coa construción de edificios no complexo do Gaiás.
Tamén a Axencia Galega das Industrias Culturais verá reducidas as súas contas no que atinxe ás transferencias correntes, en boa parte debido a que estas se destinan ao pagamento dos salarios, sometidos –como o do resto dos empregados públicos- a unha minoración do 5%. A Agadic contará en 2013 cun orzamento total de 9,2 millóns de euros, dos que a práctica totalidade, 8,7 millóns, son financiados pola Xunta de Galicia.
As universidades e o ensino concertado vén tamén modificadas as achegas que recibían neste capítulo IV en razón do mencionado esforzo salarial. Unha medida que explica o descenso en 20 millóns das previsións do Plan de Financiamento do SUG, e que se contempla nas súas propias cláusulas, onde se condiciona a evolución da masa salarial das universidades aos mesmo requisitos que os da Xunta de Galicia o que, tal e como aclarou o conselleiro “non ten por que supoñer perda de docentes”, unha decisión reservada á autonomía universitaria.
No que atinxe aos investimentos, recollidos no capítulo VI, o esforzo céntrase en atender a demanda de prazas naquelas localidades onde a oferta é insuficiente. Para iso, as contas de 2013 teñen consignado 1,7 millóns de euros –complementados cunha achega adicional de 1,4 millóns por incorporación de créditos- para o inicio ou continuación das obras de construción de novos centros, como os CEIP de Oleiros e Vilalonga (Sanxenxo), os IES de Culleredo, Carral e Soutomaior ou a Escola de Educación Infantil de Betanzos.
Ademais, consígnanse 4,3 millóns para obras de ampliación, reforma e melloras en outros once centros educativos, contía que se verá reforzada coa cantidade de 8 millóns procedentes da incorporación de créditos. Grazas a isto poderán mellorarse as instalacións do IES As Mercedes (Lugo) ou dos CEIP Ben Cho Shey (Pereiro de Aguiar) e Sada e os seus contornos, entre outros.
Segundo sinalou o conselleiro, os orzamentos para 2012 fixaron 4 liñas estratéxicas na área de Cultura, que pasan pola preservación e posta en valor social da pluralidade cultural galega “artellando políticas culturais para a cidadanía”; o afianzamento da relación entre economía e cultura a prol dunha xestión baseada na coordinación, a planificación e o aproveitamento de sinerxías; e a promoción exterior e a internacionalización da nosa cultura”. Así mesmo está entre estas liñas de actuación o impulso dunha nova política para o desenvolvemento das manifestacións artísticas e culturais que quedará reflectida na elaboración do Plan da Cultura Galega, un documento baseado no diálogo cos sectores implicados e que recollerá as prioridades no investimento nesta área.
Avanzando nese obxectivo, os conxunto das transferencias correntes do capítulo IV na área de Cultura ascenderá a máis de 9,5 millóns de euros, un 1,6% máis que no 2012, dando prioridade á dinamización e promoción das manifestacións culturais.
Os investimentos en materia cultural comprendidos no capítulo VI, aos que se destinarán preto de 9,5 millóns, buscan impulsar a mellora dos servizos da Rede de Bibliotecas de Galicia, no que atinxe a equipamentos, actualización e renovación das coleccións e programación de actividades.
Ademais, Vázquez Abad comprometeuse a elaborar, en diálogo co sector, un Plan Director do Libro, así como a seguir apoiando os arquivos, a edición galega e as feiras do libro. No capítulo VII haberá, asemade, partidas para axudas á promoción, produción e edición do libro en galego, e para transferencias de capital en materia de arquivos.
No apartado de Patrimonio Cultural, os orzamentos reservan 16,2 millóns –o 26,42% do total da área de Cultura- á protección e promoción do patrimonio histórico, artístico e cultural. Estas partidas contemplan accións como a conservación, protección e consolidación dos xacementos arqueolóxicos; a promoción, catalogación e inventario do patrimonio; e a delimitación dos Camiños de Santiago; entre outras actuacións.
A aposta por artellar actividades dirixidas á cidadanía fai tamén que, xa no capítulo VII, se manteñan as transferencias de capital do 2012 para o fomento das actividades culturais, científicas e didácticas desenvolvidas polo Museo do Pobo Galego, a Fundación MARCO (Vigo) ou a Fundación Museo do Mar de Galicia, por un importe total de 736.000 euros. Así mesmo, e malia terse liquidado a Fundación Illa de San Simón, resérvanse contías para organizar actividades neste espazo.
Tamén co obxectivo de achegar a cultura ás galegas e galegos, o departamento dirixido por Vázquez Abad continuará a prestar o seu apoio a concellos, asociación e institucións en axudas para a construción e equipamento cultural; así como aos concellos para a conservación do patrimonio.
Ao remate da súa exposición das contas, o conselleiro cualificou os Orzamentos 2013 como os máis sociais da historia, “xa que case que 8 de cada 10 euros irán destinados a sanidade, educación e servizos sociais”; ao tempo que realistas, nos que se está a “apostar por unha xestión eficiente e con bos resultados”.
Agradecendo o esforzo dos profesionais públicos “que ven soportar un sacrificio nas súas retribucións”, pediu tamén a todos os grupos políticos realismo e responsabilidade para avanzar no camiño da saída da crise.
Fotografía: Xunta de Galicia
R.