Crisis PSdeG: el secretario de los socialistas de Lugo, Gómez Besteiro, pide que el congreso del partido se celebre antes del verano

Según Besteiro, el PSdeG tiene que "rearmarse, no solo políticamente, sino administrativamente". "El Partido Socialista es más necesario que nunca para esta sociedad y creo que tenemos que afrontar los próximos retos electorales, como son las municipales, de una forma rápida". "Eso es lo que quieren los alcaldes y concejales del Partido Socialista, que necesitan que esta situación se corrija cuanto antes y espero, además, que esa elección de la nueva dirección se establezca antes del verano que es el sentir mayoritario del partido socialista", ha incidido Gómez Besteiro.
Besteiro ha reiterado la necesidad de que "la elección del secretario general debe de hacerse a través de la máxima 'un militante, un voto" y ha considerado que "eso es lo que más va a fortalecer al propio secretario general". "En eso tampoco cambié de opinión. Es el camino acertado y, en todo caso, que el militante sepa a que estamos jugando y defendiendo y así la transparencia y la mayor participación van dirigidas exclusivamente a fortalecer al secretario xeral y consiguientemente al partido socialista", ha defendido. Sobre si se encuentra con "ganas" para dirigir a los socialistas gallegos, ha comentado a los periodistas que "en el momento en que se abra el escenario" tendrán "conocimiento" de sus movimientos, "seguro".
Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación del PSdeG de Lugo:
O secretario xeral do PSdeG-PSOE en Lugo, José Ramón Gómez Besteiro, referiuse ás declaracións realizadas por Pachi Vázquez sobre a necesidade de elixir un novo secretario xeral por primarias a poder ser antes do verán. “Saben que a miña posición non se modificou nos últimos meses. Creo que unha vez que en novembro no Comité Nacional se traballou case de forma unánime na idea de establecer un Congreso extraordinario moi pronto, iso guste ou non guste abre un espazo de interinidade, e ese espazo de interinidade creo que non beneficia ao noso partido, e ao non beneficiar ao noso partido tampouco beneficia á sociedade”, afirmou. O socialista emprazou a esta tarde, cando se celebra a Executiva Nacional en Santiago, para coñecer máis concretamente a posición do secretario xeral. “Supoño que hoxe ampliará un pouco eses comentarios dos que tivemos coñecemento a través dos medios e que presentará hoxe na Executiva esa liña hacia o futuro”, apuntou.
“Nós nestes momentos temos que estar rearmándonos non só politicamente, senón tamén administrativamente. O PSOE é un partido máis necesario que nunca para a sociedade, e ademais temos que afrontar próximos retos electorais, como son as municipais, dunha forma rápida”, argumentou Gómez Besteiro, que trasladou asimesmo as opinións doutros membros do partido: “Iso é o que queren tamén os alcaldes e concelleiros cos que teño falado; necesitan que esta situación se corrixa canto antes. Que ese Congreso, que esa elección da nova dirección se estableza antes do verán creo que é o sentir maioritario do partido”.
Gómez Besteiro, que esta mañá abriu o IV Encontro de Cooperación cos Concellos, organizado pola Deputación de Lugo, sobre o futuro dos organismos provinciais e os pequenos concellos, referiuse ademais ao debate sobre a supresión das deputacións. “Eu respecto todas as opinións, pero ata o de agora eu co único que me quedo é coa opinión que ten o meu partido, que a ten manifestado en dous momentos importantes o ano pasado: en febreiro no Congreso Federal e tamén no Congreso galego hai menos de dez meses”, explicou, “aí, o partido socialista fixou a súa posición con respecto ás deputacións: que teñen que ser institucións modernas, transparentes, abertas á xestión municipal e dedicadas fundamentalmente a actuacións nos concellos de menos de 20.000 habitantes, para garantir servizos basicos e fundamentais” para os concellos.
“Iso é o que o Partido Socialista de Galicia dixo, e por tanto eu quedo coa declaración que fixo o meu partido hai apenas dez meses. En todo caso, como saben son unha persoa que admite a discusión e o debate, e por tanto o que marque o meu partido no futuro será respectado por parte de quen lles está a falar, pero en canto aos cambios de opinión, teñen que permitirme que non faga unha valoración sobre iso, senón sobre o que opina o meu partido a día de hoxe”, incidiu. “Se no futuro se cambia a opinión, mentres estea neste partido, e espero estar moito tempo, respectarei o que o meu partido diga, pero ata hoxe as deputacións están consagradas polo partido, loxicamente cunha idea de modificar e adaptarnos a unha realidade, que ten que defender sempre, e isto é importante, o interese local. Non respondemos a un interese autonómico nin estatal, é un interese do municipalismo, que é onde o partido socialista afonda nas súas raíces máis profundas”, dixo.
En canto á elección do secretario xeral por primarias, o secretario xeral lucense reafirmouse na mesma liña que nas últimas semanas. “A miña opinión quedou clara en decembro, paréceme que a elección do secretario xeral debe facerse a través da máxima un militante un voto, porque iso fortalece ao secretario xeral e, por tanto, fortalece ao partido socialista. Eu niso tampouco cambiei de opinión, por tanto paréceme que é un camiño axeitado, hai que facer o esforzo para que iso sexa así e en todo caso e que o militante saiba sempre a que estamos a xogar, que estamos a defender con transparencia e maior participación”. Gómez Besteiro falou tamén sobre a apertura deste proceso de elección: “Eu xa din a miña opinión en decembro, e polo tanto agora, cando se abra outro escenario, terán coñecemento de min seguro”, afirmou.
R.