Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

Crisis PSdeG: Mar Barcón da por hecho que Pachi Vázquez pactó con Ferraz la forma de realizar las primarias en el partido gallego

"Resultaría inconcebible pensar que un compromiso adquirido de manera pública y expresado con total rotundidad fuese un 'bluff", ha juzgado la socialista coruñesa en una entrada en su blog, recogida por Europa Press. Y es que, como ha advertido desde esta plataforma, "el ansia de participación de la militancia es de tal magnitud que jugar con ella o frustrarla generaría un daño de incalculables consecuencias" a la organización. Si bien ha subrayado que Pachi Vázquez "no siempre acomodó sus proclamas a sus decisiones", Barcón ha entendido que "antes del próximo verano", su formación tendrá "la oportunidad de elegir" a su líder "votando todos y cada uno de los militantes".

Sin olvidarse de que "de las palabras a los hechos hay un largo trecho", la socialista ha recordado que "ni Vázquez ni sus personas de confianza respaldaron" en el último congreso federal "la propuesta de modificación estatutaria" para introducir las primarias, como tampoco "aceptó cambio alguno" en el último cónclave gallego.

La exdiputada ha recordado que el congreso del que saldrá una nueva dirección para el PSdeG "debe aportar más respuestas que un nombre propio" y ha defendido que ha de servir para "generar un discurso propio y creíble". "Seguramente, a los ciudadanos les interesará más que acertemos en las respuestas a sus problemas que en el modelo interno que elijamos", ha señalado, aun convencida de que "mejorar y ampliar la democracia interna significa mejorar la herramienta" que tiene el partido para "ser útil socialmente".

Barcón ha considerado que las primarias constituyen también "una enorme oportunidad de aprender", en relación con "una nueva cultura política y democrática". "En Estados Unidos, Obama y Clinton se enfrentaron a cara de perro; finalizadas las primarias, el a presidente nombró a su oponente secretaria de Estado", ha ejemplificado, para enfatizar lo "diferente" del "trato" recibido por "aquellos diputados autonómicos que tuvieron la osadía de enfrentarse a los aparatos nacionales o provinciales" en su partido.

Un grupo de militantes y afines al PSdeG presentaron un manifiesto por la refundación política y organizativa del PSsdeG, y por una alternativa de izquierdas a la salida de la crisis.

Texto íntegro del manifiesto remitido por rexeneracionpsdeg:

"Os abaixo firmantes, militantes e simpatizantes do Partido Socialista, e persoas que, maila non ter unha adscripción política determinada, síntense comprometidos coa crecente corrente social que demanda unha rexeneración da política, unha reformulación dos partidos e unha saída progresista á crise, dan a coñecer á cidadanía –como un documento aberto á participación libre e plural- o seguinte Manifesto a prol da refundación política e organizativa do PSdeG-PSOE, cara á formulación dunha alternativa de esquerdas para a saída da crise e dun proxecto de goberno progresista para Galicia:

O PSdeG-PSOE, como partido interclasista, galeguista, de fonda vocación social e representativo dunha ampla maioría progresista da sociedade, da que recibiu respaldo electoral tamén maioritario en sucesivos periodos dende a recuperación da democracia, é a única organización política que pode –e ten o deber histórico de facelo- nuclear unha alternativa de progreso para o Goberno de Galicia e cara á saída da crise.

Maila esta indubidable centralidade política que debe representar o socialismo en Galicia, e fronte a necesidade histórica de recuperar un liderado político que frene o programa ultraconservador e profundamente antisocial que está a impoñer a dereita, o PSdeG-PSOE ven encadeando derrotas electorais que revelan a incapacidade da organización para presentar un proxecto político, nídiamente social e de esquerdas, como resposta á demanda e ós problemas concretos dos cidadans.

A sucesión de derrotas do Partido Socialista, e a contundencia das mismas nun tempo de crise social, económica e política sen precedentes, deixa exclusivamente en mans da dereita e dos mercados a saída da crise que estes mismos grupos provocaron, e priva á sociedade dunha alternativa de esquerdas ao reto inaplazable de encontrar solucións políticamente equilibradas e socialmente xustas, que aseguren a sustentabilidade e a estabilidade dun sistema de benestar que constitue a principal achega dos socialistas ao modelo socio-económico.

Entendemos que a situación actual do PSdeG-PSOE ten unha raíz fundamentalmente política. Pero tamén o modelo organizativo do partido, que afasta a militantes e simpatizantes das decisións e prima a funcionarización e a endogamia das elites dirixentes, multiplica a desafección, o desconcerto e a frustración da cidadanía.

O resultado electoral do pasado 21 de outubro de 2012 en Galicia é o paradigma desta situación: Un fracaso histórico que emplaza ó PSdeG-PSOE a abrir una profunda, serena e urxente reflexión sobre un proxecto político rotundamente rexeitado polos cidadans. Esta necesaria reflexión inclue unha profunda revisión dun modelo organizativo ancorado en procedementos que non facilitan a participación efectiva de todos os militantes en igualdade, nin a imprescindible apertura á sociedade, provocando o desistimento da militantancia e a desafección da cidadanía.

Entendemos que non é posible alongar máis no tempo esta situación. Maila que a dirección poda seguir mantendo o control do aparato do PSdeG-PSOE logo de fracasos electorais tan rotundos e continuados, non son os órganos do partido senón os cidadans os que dan e quitan lexitimidade política a través das urnas. Eso significa que o veredicto inapelable dos cidadans o 21 de octubro, inhabilita políticamente á dirección do PSdeG-PSOE para seguir ao frente dunha organización obrigada, por mandato das urnas, a cambiar de rumbo.

Reclamamos da dirección do PSdeG-PSOE xenerosidade e altura de miras para non prolongar máis un periodo de interinidade que está a afondar a frustración e o desánimo dos militantes, dos simpatizantes e dos electores progresistas, así como a desafección xeral dos cidadans.

A reestructuración interna do Partido Socialista en Galicia como organización autónoma debe ter seus propios tempos; non pode estar condicionada nin supeditada á renovación do PSOE a nivel Federal. Así mismo, este proceso debe asegurar a participación directa mediante voto de todos os militantes, sin que esta quede limitada pola actual redacción dos Estatutos dado que os Estatutos poden ser cambiados polos órganos do Partido. Demandamos por tanto a elección directa do secretario xeral, promovendo previamente os cambios estatutarios que sexan necesarios, por canto os Estatutos son, en todo caso, un instrumento para a regulación interna da organización que debe articularse nos termos que libremente e democráticamente decidan os militantes.

Doutra banda, propoñemos incorporar a participación de simpatizantes nos procesos de de primarias, así como a elección en primarias en listas abertas de todos os candidatos en todos os procesos electorais locais, autonómicos e estatais.

A crise estructural, e non coxuntural, do Partido Socialista é singularmente importante en Galicia tras a derrota electoral de octubro, e obriga non solo a un cambio urxente de dirección e liderado político senón tamén a unha refundación ideolóxica e programática que supere o periodo recente, no que as propostas e actuacións dos socialistas son percibidas pola cidadanía como intercambiables coas políticas da dereita.

É falso, e claramente condicionado pola ideoloxía neoliberal dominante, o relato dos gobernos de Galicia e de España, que endosan ao Estado e sobre os servicios públicos á responsabilidade da crise, para aplicar unha política de suposta austeridade que ten como obxetivo unha intensa transferencia de rendas de traballadores e crases medias hacia élites privilegiadas, e un axuste profundamente ideolóxico do modelo social e económico tendente a desacreditar o público, xibarizar ó Estado, transformar servicios públicos fundamentais como a sanidade e a educación en negocios privados, e valeirar unha das pezas clave do pacto constitucional do 78 como é o sistema autonómico

Nin o PSOE en xeral, nin o PSdeG en particular, están sendo quen de contrarrestar este relato falso da dereita que xenera estancamento económico, un incremento insoportable do paro e do empobrecmento xeral da población, e serve como coartada para recortar drásticamente os dereitos civís e o sistema de benestar.

O PSdeG non pode limitarse a responder ós estragos causados polas políticas da dereita mantendo un discurso formal de rexeitamento, senón que ven obrigado á búsqueda de respostas e á presentación de unha alternativa crible á crise económica, política e de valores actual. O PSdeG-PSOE ven, así mismo, obligado por responsabilidade histórica a recuperar seu papel de instrumento político central e centralizador que abandere a defensa das persoas, asumindo o liderado da rexeneración democracia e da defensa do Estado no seu papel de garante de dereitos básicos como a sanidade, a educación, as pensións, a dependencia ou a protección do desemprego, así como dos servicios públicos que sustentan o sistema de benestar e a igualdade de oportunidades.

Propoñemos unha refundación programática e organizativa do PSdeG-PSOE a partires dun novo pacto coa cidadanía -e nos termos en que a cidadanía fixe mediante a sua aportación e participación directa nas propostas do partido- en torno a un novo proxecto socialista e galeguista sustentado na defensa do público, do interés das persoas, da igualdade e das reformas redistributivas, como guía de acción política fronte ó poder dos mercados que afonda á crise, coas suas manifestacións máis perversas de paro masivo, empobrecemento, destrucción das crases medias, tranformación dos servicios públicos básicos en negocios privados e perda de dereitos civís.

O Partido Socialista de Galicia ven obrigado a respostar á sua responsabilidade histórica de servir ós cidadans, refundándose a sí mesmo nun proceso aberto, libre e participativo que permita recuperar esta organización como un instrumento político útil á sociedade, e capaz de ofrecer a esta un modelo social e económico de progreso".

R.