Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

El Centro Dramático Galego analiza las grabaciones de 12 piezas de Roberto Vidal Bolaño

Un ciclo organizado por el Centro Dramático Galego dedicará un homenaje especial a Roberto Vidal Bolaño, homenajeado en el Día das Letras Galegas de este año, mediante la reproducción de grabaciones de 12 piezas teatrales que serán analizadas y explicadas por expertos en varias sesiones de una duración de entre hora y media y dos horas.

El Salón Teatro de Santiago de Compostela acoge en febrero y noviembre estas citas, que estarán comentadas y analizadas por los expertos e investigadores Inma López Silva y Xosé Manuel Fernández Castro a partir de estas grabaciones cedidas por la familia del dramaturgo, el CDG y el Centro de Documentación Teatral del Instituto Nacional de las Artes Escénicas y de la Música.
Estas sesiones comienzan el 6 de febrero y serán de entrada libre hasta completar la capacidad del Salón Teatro, desarrollándose a las 19.00 horas en los tres primeros miércoles y jueves de los dos meses que se extiende el ciclo.

En rueda de prensa, el director del CDG, Manuel Guede, ha destacado que esta oportunidad permitirá "retratar un recorrido activo, escénico y teatral", recuperando estas piezas audiovisuales que forman parte de un ciclo con el que el Centro Dramático busca ser "el primero y el último" en homenajear a Bolaño, y para que su figura "se siga visibilizando". Junto a él, la escritora e investigadora Inma López Silva ha insistido en que este tipo de acciones de análisis son "algo prácticamente ausente" en Galicia, y ha avanzado que centrará sus sesiones desde la vertiente polifacética del autor, alguien que escribe en papel y "también lo hace escénicamente", y crea los lenguajes que "aprisionan" a los espectadores.

Xosé Manuel Fernández Castro ha señalado que estas grabaciones son un "rico y amplio tesoro" y son "reunidas por primera vez". Así y aunque no será la misma magia que ver teatro en directo, ha insistido en que se trata de "la prueba que avala parte de la crónica" de la historia de Galicia.

A pesar de estos "tiempos difíciles", ha advertido de la importancia de continuar dejando "registros" para "pasar el testigo" de la historia a las próximas generaciones, además de reconsiderar la "necesidad" de un centro de documentación teatral para que los investigadores dispongan de este tipo de materiales.

Las sesiones no reproducirán las obras en su totalidad, sino que serán diversos fragmentos seleccionados para su análisis, comentados por los especialistas y a modo de resumen argumental, buscando que la audiencia participe e interactúe. El ciclo incluye textos llevados a escena por otros directores, como A burla do galo, Mar revolto, Laudamuco señor de ningures o As Actas escuras; obras dirigidas por Bolaño pero de otros autores, como Xelmírez ou a gloria de Compostela y Rosalía; además de montajes de el homenajeado escribió y dirigió, como Saxo Tenor, Caprice de dieux, Anxeliños, Rastros y Animaliños.

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria organiza no Salón Teatro de Santiago o ciclo Vidal Bolaño recuperado: citas audiovisuais, co que o 6 de febreiro dará comezo a programación especial que o Centro Dramático Galego (CDG) dedica ao autor homenaxeado este ano co Día das Letras Galegas.

Este programa, que ofrecerá un total de 12 sesións arredor doutras tantas pezas teatrais escritas e/ou dirixidas por Roberto Vidal Bolaño (Santiago de Compostela, 1950-2002), foi presentado hoxe polo director do CDG, Manuel Guede Oliva, e os profesores Inma López Silva e Xosé Manuel Fernández Castro, encargados de comentar e analizar os espectáculos a partir das gravacións cedidas pola familia do dramaturgo, o CDG e o Centro de Documentación Teatral do INAEM (Instituto Nacional de las Artes Escénicas y de la Música).

De entrada libre ata completar a capacidade do Salón Teatro, o ciclo desenvolverase en dúas quendas, a primeira delas en febreiro e a segunda en novembro, con sesións ás 19.00 horas nos tres primeiros mércores e xoves de cada un destes meses.

O director do CDG referiuse a que a iniciativa está orientada á recuperación e á promoción da obra e a figura de Roberto Vidal Bolaño con dúas series de sesións, programadas a principios e a finais de 2013, como maneira de contribuír a que a pegada do dramaturgo “se manteña visible durante todo o ano, como o enorme home de teatro que foi”, dixo.

Guede Oliva explicou ademais a metodoloxía de desenvolvemento do programa, que se deseñou coa finalidade de ser “atractivo para o público e de xeito que a xente participe e interactúe”. “Así –engadiu– a través dos fragmentos de vídeo comentados polos especialistas, as sesións faranse moito máis dinámicas no seu obxectivo de ir subliñando a práctica dramática que Roberto Vidal Bolaño construíu”.

Desde o CDG –para o que Vidal Bolaño desenvolveu traballos como dramaturgo, director, adaptador, deseñador de iluminación, escenógrafo ou actor nunha decena de espectáculos– ofrécese así unha nova plataforma para afondar na divulgación da dramaturxia e o oficio escénico da que é unha das figuras claves na historia do teatro profesional galego. Contarase para tal fin coas achegas da escritora, crítica teatral e profesora da Escola Superior de Arte Dramática de Galicia Inma López Silva e do profesor Xosé Manuel Fernández Castro, autor do estudo A obra dramática de Roberto Vidal Bolaño.

O ciclo iniciarase con Agasallo de sombras, espectáculo que Roberto Vidal Bolaño escribiu e dirixiu para o CDG en 1984, ano no que botaba a andar a compañía pública. No calendario de proxeccións figuran tamén outras seis producións do Centro Dramático Galego, das que catro son textos da súa autoría levados a escena por outros directores (A burla do galo en 2000 por Xan Cejudo; Mar revolto en 2001 por José Martins; Laudamuco, señor de ningures en 2003 por Antonio Simón, e As actas escuras en 2010 por Xúlio Lago) e dúas son obras doutros escritores adaptadas e dirixidas por Vidal Bolaño (Xelmírez ou a gloria de Compostela, de Daniel Cortezón, en 1999 e Rosalía de Ramón Otero Pedrayo en 2001).

Ademais, o programa recupera a través destas proxeccións cinco das montaxes que Vidal Bolaño escribiu e dirixiu para as súas compañías Antroido (Caprice de dieux, de 1985) e Teatro do Aquí (Saxo Tenor, de 1993; Anxeliños, de 1997; Rastros, de 1998, e Animaliños, de 2002).

Ofrecerase pois un amplo percorrido pola traxectoria teatral de Roberto Vidal Bolaño nas súas facetas de autor e director, afondando ao tempo na vixencia do seu legado e incidindo na transcendencia que para as artes escénicas galegas ten o feito de que, por primeira vez na súa historia, a Real Academia Galega decidira homenaxear no Día das Letras Galegas a un autor dramático que, asemade, consagrou a súa vida profesional ao oficio teatral.
R.