Méndez Romeu sustituye a Abel Losada como portavoz en el Parlamento de Galicia por el PSdeG

Natural de A Coruña donde nació en 1951, es licenciado en Pedagogía, estuvo vinculado políticamente al sector encabezado por el alcalde de A Coruña y fue uno de los concejales del equipo de Paco Vázquez, que le encomendó las tareas de Cultura en la ciudad herculina. Fue presidente de la Orquesta Sinfónica de Galicia (1994-2004), concejal de Educación y Cultura (1987-2003) y de Urbanismo y Vivienda en el ayuntamiento de A Coruña (2003-2004), secretario de Estado de Cooperación Territorial (2004-2005) y conselleiro de Presidencia de la Xunta de Galicia (2005-2009).
Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación del PSdeG:
A nova Executiva Nacional do PSdeG reuniuse por segunda vez para tomar diferentes decisións de carácter orgánico e político. Entre elas, os membros da CENG aprobaron nomear a José Luis Méndez Romeu como voceiro parlamentario do PSdeG, unha decisión que chega tras unha reunión previa o pasado venres con todos os deputados socialistas para coñecer a súa opinión antes de sometela ao ditame da Executiva. Méndez Romeu, que acumula unha ampla experiencia política e foi edil no Concello da Coruña, secretario de Estado de Cooperación Territorial e conselleiro de Presidencia, releva así nesta responsabilidade a Abel Losada. A Executiva decidiu tamén deixar vacante o posto da presidencia.
Por outra banda, a CENG analizou as enmendas das catro provincias aos Orzamentos do Estado despois da reunión de traballo desta fin de semana entre representantes provinciais do partido, deputados e senadores, no que foi unha das accións prioritarias nos primeiros oito días desde a elección da nova dirección do partido. Uns Orzamentos “moi preocupantes polo tocante a Galicia, sobre todo polo que supoñen de brecha social”, coa “preocupación polo futuro que pasa polos pensionistas, polos mozos e mozas que queren recuperar o futuro ou pola carencia de inversións produtivas” para Galicia, tal e como manfestou esa mañá nunha compaencencia ante os medios o secretario xeral, José Ramón Gómez Besteiro. “Iso é o que lle preocupa á xente, o día a día, o difícil que é chegar a fin de mes, e creo que os partidos tamén temos que dar unha imaxe edificante de que a preocupación real é iso, o que pasa fóra dos partidos”, afirmou Besteiro, que indica que os socialistas deben dirixirse “á maioría social do país e a clase traballadora, que xa non é a mesma que hai 30 anos”.
Fotografía: http://www.psdeg-psoe.com/
R.