Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

La Federación Gallega de Municipios y Provincias (Fegamp) dice no a la reforma local

"Lo decimos alto y claro: no a esta reforma local", ha resumido Rey Varela, quien ha incidido en que Galicia y sus municipios rechazan "públicamente" una reforma "que genera más problemas, que empeora los servicios públicos y que castiga especialmente a los ayuntamientos más pequeños". Al tiempo, ha advertido de que la "unidad" de los alcaldes es un patrimonio "forjado a lo largo de 25 años" y que no se puede "perder".

Así se han pronunciado el presidente de la Fegamp y alcalde de Ferrol, José Manuel Rey Varela (PP), así como el vicepresidente primero y regidor de O Barco de Valdeorras, Alfredo García (PSOE) y el vicepresidente segundo y alcalde de Allariz, Francisco García (BNG), durante el turno de intervenciones abiertas de un encuentro en el que participaron 170 ayuntamientos de los 287 inscritos y de tres de las cuatro diputaciones gallegas, puesto que la de Ourense no acudió.

Nota de prensa publicada en http://www.fegamp.org:

A Fegamp celebra unha Asemblea Xeral Extraordinaria para forxar unha folla de ruta ante a reforma local que pretende aprobar o Goberno. A reunión celébrase despois de que a Comisión Executiva da federación ratificase unha vez máis o seu rexeitamento frontal ao proxecto de Lei de Racionalización e Sustentabilidade da Administración Local (LRSAL), que actualmente atravesa o seu trámite parlamentario.

Nesta Asemblea, convocada para todos os alcaldes e alcaldesas de Galicia, confirmaron a súa participación 277 concellos (177 de forma presencial e outros 98 de maneira indirecta delegando voto) e as deputacións provinciais da Coruña e Lugo. Durante a mesma sométese a debate a proposta de modificacións á reforma local aprobada pola Executiva o pasado 18 de setembro, así como as emendas que distintos alcaldes presentaron ao documento.

Nunha quenda de palabra todos os asistentes poden manifestar a súa opinión ante unha reforma local que ten xerada a crítica xeneralizada do municipalismo galego. A Asemblea abrirase ademais coas intervencións do presidente da Fegamp, José Manuel Rey Varela, e o tres vicepresidentes, Alfredo García, Francisco García e Alfonso Villares.

Para José Manuel Rey Varela, este conclave de alcaldes “debe valer para que o municipalismo galego mostre unha vez máis unha imaxe de unidade fronte a un proxecto de lei que, sobre todo, prexudica aos nosos veciños”. “Dar voz aos alcaldes é facelo tamén a todos os cidadáns de Galicia”, apostilou, “cremos que chegara o momento dunha Asemblea, porque o que temos sobre a mesa non é un anteproxecto que cambia cada quince días, senón un texto legal definitivo e que xa entrou nas Cortes”.

“A vontade da Fegamp é de sumar, de reforzar a nosa voz crítica cunha reforma profundamente equivocada, que non atende ás necesidades nin realidade dos concellos galegos”, insistiu o tamén alcalde de Ferrol, “queremos facer ver que non son demandas caprichosas, senón de puro sentido común”. José Manuel Rey quixo pór en valor o consenso alcanzado durante todo este debate da reforma local no seo da Fegamp. “Os cidadáns piden aos políticos que aparten as diferenzas partidarias e alcancen grandes acordos, e iso é precisamente o que logramos os alcaldes da federación”, resaltou, “paréceme dunha enorme relevancia”.

Por último, Rey Varela confiou en sumar ao consenso maioritario da Executiva da Fegamp a outros alcaldes independentes ou de partidos minoritarios. “A reforma non é o momento para buscar rédito político, senón para facer unha fronte común”, indicou, “imos asumir as emendas destes alcaldes para que todos teñan cabida no noso documento”.


R.