El Gobierno gallego convoca una oferta pública de empleo en Sanidad con 165 plazas

Pese a las dificultades económicas, el presidente ha destacado que se intenta "dar estabilidad, mejorar las plantillas y no reducir el personal de servicios públicos dentro de los límites que permiten las leyes de presupuestos de obligado cumplimiento", al tiempo que ha recordado que, junto a esta oferta, en Galicia se impulsan otras para educación y administración general.
Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:
Co obxectivo de achegar maior estabilidade laboral nos servizos públicos esenciais, o presidente da Xunta avanzou hoxe a convocatoria no eido da sanidade pública dunha oferta pública de emprego de 165 prazas: 40 corresponden á categoría de médico de familia de atención primaria e 125 á categoría de enfermaría. O 50 por cento das prazas que se convocan en cada categoría reservaranse para a súa provisión polo sistema de promoción interna e reservarase unha cota non inferior ao 5 por cento do total das vacantes ofertadas para ser cubertas por persoas con discapacidade.
Durante a rolda de prensa do Consello, Feijóo subliñou que esta OPE é a cuarta que se convoca no Servizo Galego de Saúde desde o ano 2006; e a continuación da anterior, do ano 2012, onde se ofertaron 176 prazas para a cobertura de postos de persoal facultativo especialista de área e médico de urxencias hospitalarias. “Entre o ano 2012 e o 2013 a oferta pública de emprego do Servizo Galego de Saúde ascendeu a 341 prazas”, apuntou.
Feijóo precisou que esta oferta pública se suma ás que se veñen aprobando na educación pública e nos principais servizos da Administración xeral, e expresou a vontade do Goberno galego de “seguir mellorando” a estabilidade laboral nos servizos públicos esenciais. “Imos tentar mellorar os cadros de persoal”, dixo, e “non reducir o persoal que traballa nos servizos públicos esenciais dentro dos límites que establecen as leis de orzamentos de obrigado cumprimento para todas as administracións públicas”.
Nesta liña, o presidente da Xunta lembrou a aprobación, a semana pasada, da oferta pública de emprego para o ano 2014 na Administración xeral, a través da cal se sacan a oposición 47 prazas no ámbito da Función Pública e co obxectivo prioritario de reforzar o corpo de traballadores na Axencia Tributaria de Galicia. E avanzou que nos vindeiros meses se volverá convocar unha oferta pública de emprego na educación pública galega por un total de 117 prazas en Secundaria. “Desde o ano 2009 a educación pública galega sacou a oferta pública de emprego 1.587 prazas”, concluíu.
R.