La Xunta propone reducir a 45 días el tiempo medio de espera para consultas y pruebas diagnósticas en la sanidad pública gallega

Sobre los objetivos que se marca el departamento para este año, Núñez Feijóo ha destacado la intención de bajar hasta los 45 días la espera media para consultas y pruebas diagnósticas, así como incrementar la aplicación en urgencias del sistema de Triaje Manchester, que permitirá aumentar la "seguridad de los pacientes". También anuncia que se trabajará en los protocolos de humanización de las unidades pediátricas y neonatales, con el objetivo de mejorar la estancia de los niños en los hospitales gallegos. Entre otras cuestiones, se habilitarán mecanismos para que los menores permanezcan acompañados "las 24 horas del día", según el presidente.
Núñez Feijóo ha recordado la importancia que tienen dentro del sistema sanitaro gallego los pacientes crónicos y polimedicados, que absorben buena parte de los recursos. Al mismo tiempo, ha destacado, la evolución poblacional de Galicia hace "razonable prever un incremento" de este tipo de pacientes en el futuro. Por este motivo, Sanidade elaborará este año una Estrategia Gallega de Atención a la Cronicidad, se llevarán adelante actuaciones de promoción de la salud desde Atención Primaria y se mejorará en la atención a los polimedicados.
En 2014 el Sergas fomentará la incorporación de las nuevas tecnologías, tal y como ha realizado en los últimos años. El presidente de la Xunta ha detallado que, en la actualidad, el 5,5% de las consultas registradas en los centros de salud gallegos se realizan por vía telefónica, una opción implantada en 2013. Sanidade editará en 2014 un manual de información que recoja las mejoras llevadas a cabo en los sistemas de comunicación en el Sergas, así como las preguntas más frecuentes de los pacientes y las respuestas.
Núñez Feijóo se ha referido a los profesionales sanitarios como el "recurso más potente del sistema" y ha apostado por habilitar mecanismos que "faciliten un mayor compromiso" con el sistema. Paralelamente, ha destacado la importancia de un "marco laboral estable" y ha apuntado que la Xunta dispone de 350 plazas públicas para cubrir en Oferta Pública de Empleo -176 de especialistas del área de urgencias, 40 de médico de familia y 125 de enfermería-.
Los responsables de las áreas de gestión integrada han firmado en la sede de la Consellería de Sanidade los acuerdos para 2014, que conformarán una "hoja de ruta" en sus actuaciones en este año. En el acto de firma, la conselleira de Sanidade ha destacado la importancia del "compromiso" de los profesionales con el sistema y de seguir trabajando para mejorar la "eficiencia" y reducir gasto en ámbitos como la farmacia.
Núñez Feijóo ha evidenciado la "voluntad colectiva" de "proteger" la sanidad pública "ante cualquier contingencia", y ha garantizado el trabajo de la Xunta en este sentido. En esta línea, el presidente ha destacado que Galicia es "una de las comunidades autónomas que dedica mayor porcentaje de gasto público a la sanidad", aún a "pesar de las dificultades", y ha garantizado que se seguirá trabajando para poner en marcha y llevar adelante nuevas infraestructuras.
Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, destacou a sinatura do Acordo de Xestión Integrada do Sergas 2014 cos xerentes, o primeiro que desenvolve os obxectivos da Lei de garantías das prestacións sanitarias. “Temos que garantir o dereito a elección dos pacientes nos hospitais; temos que garantir, en consecuencia, os tempos de espera mínimos; garantir facilidades para optar a unha segunda opinión e garantir posibilitar expresar anticipadamente a vontade da atención futura. Nesta lei, os dereitos dos pacientes quedan explicitados e cuantificados, e satisfacelos require dunha planificación racional dos recursos dispoñibles, de transparencia e de información”, afirmou.
Durante o acto, Feijóo subliñou que, en plena crise, entre todos fixemos posible que Galicia teña hoxe máis e mellor sanidade pública con máis hospitais e co reforzo da innovación, os pacientes no centro do sistema, atención específica á cronicidade e compromiso cos profesionais.
Así mesmo, e nun primeiro termo, salientou que manter a flote a sanidade pública fixo preciso un rigoroso traballo de ordenación destinado a incrementar a eficiencia de cada euro investido. E, nesta liña, resaltou que o Goberno galego mantén a sanidade como a principal área de investimento dos Orzamentos da Xunta, incrementando notablemente o seu peso presupostario no conxunto fronte a etapas pasadas. Así, neste exercicio, a sanidade representa o 41% do orzamento, case sete puntos máis que nos anos de bonanza (no entorno do 34% entre 2006 e 2009).
Diante desta cifra, aseverou que Galicia está entre as comunidades autónomas que dedican unha maior porción do seu gasto a prestar un servizo público da sanidade, con case 1.230 euros ao ano por habitante, precisou.
Ao longo da súa intervención, o responsable do Executivo autonómico aseverou que Galicia conta con máis e mellores infraestruturas sanitarias: funcionando o Hospital público de Lugo; a piques de entrar en servizo a área de urxencias do Complexo Hospitalario da Coruña, multiplicando por cinco a súa capacidade; “estamos na última fase da execución do maior hospital público que se está a facer no Sistema Nacional de Saúde, en España, o novo hospital público de Vigo; está adxudicado o novo edificio de hospitalización de Ourense e temos o compromiso dun novo hospital en Pontevedra e de ampliar o Hospital do Salnés e o Hospital da Mariña”.
Así mesmo, subliñou o compromiso de construír 15 novos centros de saúde, nesta lexislatura, e o compromiso de remodelar, modernizar e adquirir novas tecnoloxías diagnósticas e terapéuticas para o Servizo Galego de Saúde por un importe superior aos 70 millóns de euros, aseverou.
“E temos mellor sanidade –engadiu- porque temos un sistema: máis áxil e rápido, rebaixando o tempo de espera cirúrxica en pacientes de prioridade 1 a menos de 30 días (17,9) e os de prioridade 2 a menos de 60 días (51,1); mellor ordenado, en función das prioridades nas consultas e nas urxencias, coas vías rápidas para oncoloxía, que limitan as esperas e para certas patoloxías graves a 15 días; máis activo, cun maior rendemento cirúrxico en xornada ordinaria, pasando do 23,5% de 2009 ao 76% de 2013; e máis moderno e seguro, grazas á implantación ao 100% de melloras como a e-receita e a historia clínica electrónica”.
No eido dun sistema mellor xestionado, Feijóo destacou tamén que unha prescrición farmacéutica máis racional permite, como é o caso, un aforro de 200 millóns de euros en dous anos e a posta en marcha dun plan de eficiencia enerxética nos centros sanitarios permite gastar 2 millóns de euros menos ao ano.
A licitación conxunta do mantemento dos equipamentos electromecánicos do Sergas supón, ademais, dedicar 6,5 millóns menos a esta necesidade ata 2016; e a posta en marcha dunha gran plataforma loxística unificada para todo o sistema fai posible aforrar ata 20 millóns ao ano.
Nesta mesma liña, Feijóo referiuse aos Acordos de Xestión Integrada, que a Xunta vén asinando cos responsables das distintas áreas sanitarias desde 2010, como “o compromiso dos servidores públicos coa sanidade de todos”. “Trátase dun instrumento de planificación no que se concretan as liñas estratéxicas, os obxectivos, os indicadores, a actividade que imos a realizar”, dixo, ao que engadiu que estamos ante unha folla de ruta deseñada para acadar a gran meta da Estratexia Sergas para 2014: unha sanidade máis personalizada, que atenda mellor aos que máis o necesitan e que siga intentando poñer no centro do sistema non só ás enfermidades senón, fundamentalmente, aos enfermos.
Nesta liña, Feijóo avogou tamén por reforzar a capacidade dos profesionais na organización sanitaria e, neste sentido, afirmou que serán os profesionais os que voluntariamente soliciten constituír unha área de xestión clínica. “Serán os profesionais, a súa vontade, os que busquen acadar un maior protagonismo na calidade asistencial, na organización dos recursos e na decisión de como se utilizan eses recursos”.
Na aposta por reforzar os aspectos que sitúan o paciente no centro do sistema, Feijóo estableceu como un dos obxectivos prioritarios unha especial atención aos menores hospitalizados, para o que se porá en marcha protocolos de atención e de humanización nas unidades pediátricas e neonatais dos hospitais do Sergas, segundo as estratexias definidas pola OMS e Unicef. “Estableceremos un sistema para que os nenos poidan estar acompañados as 24 horas polos seus familiares”, aseverou.
Ademais da elaboración dun manual de información que recolla tanto as mellores prácticas na comunicación á cidadanía como as respostas ás preguntas máis frecuentes; o titular da Xunta asegurou que o Servizo Público de Saúde redobrará os esforzos para seguir axilizando a atención e acadar, por exemplo, o obxectivo, de situar o tempo de espera media para primeiras consultas e para probas diagnósticas nos 45 días (49,5 na actualidade), insistindo na priorización de pacientes en función das súas necesidades asistenciais e sociais.
No eido das urxencias, o presidente autonómico avogou por unha maior aplicación do sistema da triaxe Manchester en todos os hospitais, unha ferramenta que axuda a diminuír a variabilidade e aumenta as garantías de seguridade para pacientes e profesionais, contribuíndo de forma clara a priorizar para atender primeiro a quen máis o precisa. E, neste sentido, estableceu como obxectivo para 2014 pasar da porcentaxe actual do 60% dos pacientes valorados mediante esta ferramenta ata o 75%.
Logo de lembrar que en Galicia viven 1,3 millóns de persoas con, polo menos, un proceso crónico e preto de 500.000 con máis de dous e que un 70% do gasto sanitario na comunidade se corresponde con pacientes con patoloxías crónicas; Feijóo resaltou a importancia de deseñar a Estratexia Galega de Atención Integral á Cronicidade, na que cobran especial protagonismo todos os profesionais dos centros de saúde, en especial a enfermería, “e na que: apostamos pola realización nos centros de atención primaria de actividades de promoción da saúde e do fomento da actividade física; implicaremos aos pacientes no seu autocoidado, promoveremos unha abordaxe socio-sanitaria dos pacientes nos casos oportunos; e incrementaremos o control, mediante unha perspectiva integral, dos pacientes polimedicados”.
Sobre este último punto, subliñou que neste momento están incorporados a este método de control máis de 20.000 pacientes. E, desde a súa implantación en abril de 2011, diminuíron nun 40% os pacientes que toman máis de 15 medicamentos e os que toman máis de 12 se reduciron nun 26,5%.
No campo da innovación, o presidente da Xunta avogou polo uso das TIC para implantar novos programas de telemedicina ou alternativas á hospitalización. “Hai que ter en conta que xa a finais de 2013 comezamos a explorar este terreo e no mes de decembro empezou a funcionar a consulta telefónica nos centros de saúde. Neste momento, un 5,4% das consultas se realiza por teléfono e máis de 3.000 persoas emprega este servizo a diario para consultar co seu especialista. Ademais, en 2013 os médicos de familia realizaron ao redor de 19.000 consultas co especialista a través de telemedicina”, precisou, despois de referirse ao proxecto Innova-Saúde e Hospital 2050.
Feijóo incidiu en que os profesionais son o mellor recurso do Servizo Galego de Saúde e, neste eido, subliñou que o Acordo de Xestión avoga por desenvolver mecanismos que faciliten cada vez un maior compromiso e unha maior responsabilidade dos profesionais nos recursos que utilizan.
Para acadalo, aseverou que tamén cómpre dotar aos profesionais da sanidade dun marco laboral estable, “e por iso neste momento temos 350 prazas públicas en OPE para dotar de maior estabilidade ao persoal do Sergas: 176 prazas de especialistas de área e médicos de urxencia; 40 prazas de médicos de familia e 125 prazas de enfermería”.
Feijóo concluíu facendo fincapé en que o Goberno galego seguirá traballando por un sistema sanitario público solvente, seguro e no que podemos confiar.
R.