Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

La administración paralela de la Xunta se sitúa en los niveles más bajos desde el año 2003 tras suprimirse 65 entes públicos

El presidente de la Xunta, Alberto Núñez Feijóo, ha reivindicado la "reducción histórica" de la administración paralela en la comunidad desde que tomó las riendas del Gobierno gallego y ha enfatizado que, tras la supresión de 65 entes y con un ahorro de más de 51 millones al año, es ya "más pequeña" que la existía en Galicia en 2003.

En la rueda de prensa posterior al Consello de la Xunta, tras exponer el informe del plan de racionalización, Feijóo ha aludido a la directriz del Ejecutivo central a las comunidades de reducir la administración hasta situarla "en la dimensión de 2003" y ha incidido en que Galicia ya se ajusta a dicha pretensión, convencido de que "ninguna" otra comunidad se ha aplicado en la reducción de entes con la misma "intensidad" que la gallega. "Galicia, lejos de frenar la reducción de entes públicos, continúa profundizando en ella. Tenemos mucho camino andado", ha aseverado, para añadir que, al margen de la supresión de órganos, también se han concretado más de 400 "mejoras de gestión".

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:

Con datos pechados a febreiro, o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, destacou tras o Consello que as distintas fases do Plan de Racionalización da Administración paralela teñen permitido suprimir 65 entes públicos, a razón de un cada 22 días desde que se puxo en marcha en 2010. Así mesmo, destacou que o Plan fixo posible introducir máis de 420 melloras de xestión na Administración vixente. “Isto significa –dixo- un aforro que supera xa os 50 millóns de euros anuais, o que totaliza nunha lexislatura máis de 200 millóns de euros en aforro”.

Segundo concretou o mandatario galego, dentro dos 65 entes dependentes suprimidos se atopan 47 fundacións, 10 sociedades mercantís, 6 consorcios, 1 entidade de dereito público e 1 organismo autónomo. E engadiu que só nos últimos cinco meses, -desde que o pasado mes de setembro se presentase a Consello o anterior informe de seguimento-, se "teñen materializado 8 novas extincións de organismos”.

O titular da Xunta explicou que neste tempo se incorporou “á lista de baixas” a Fundación para o Fomento da Calidade Industrial e o Desenvolvemento Tecnolóxico de Galicia, cuxas funcións están a ser asumidas pola Axencia Galega de Innovación, e na que traballaban no ano 2009 un total de 260 persoas. Así mesmo, referiuse tamén á disolución de Turgalicia que, xunto ao previamente extinguido Instituto de Estudios Turísticos e á redución do obxecto social do Xacobeo, fai posible unha verdadeira reordenación do sector turístico galego, da man da nova Axencia de Turismo.

Así mesmo, subliñou que se completou a fusión dos catro organismos provinciais de xestión do solo nun único ente, Xestur Galicia SA; que se culminou a supresión da Fundación Centro Tecnolóxico Lácteo de Galicia (CETIL), absorbida por un ente de carácter estatal, a Fundación CETAL; e se suprimiu a Fundación Illa de San Simón que é, sinalou, “o primeiro organismo autónomo formalmente extinguido ao abeiro deste plan”.

Con estas 65 supresións, Feijóo cualificou o balanzo de “certamente positivo”, xa que o I Plan está practicamente executado ao 100% e o nivel de cumprimento da segunda fase xa supera o 70%. “Loxicamente son cifras que se van incrementar a medida que a execución avance neste segundo plan”, apuntou, para lembrar que, a continuación, entrará en vigor a terceira fase, cuxos entes se atopan en proceso de avaliación técnica, aseverou.

Na súa comparecencia ante os medios, o presidente galego resaltou que o Goberno central fixou o obxectivo de que todas as Comunidades autónomas reducisen a súa administración paralela ata situala nas dimensións que tiña no ano 2003. Pois ben, resaltou, “no caso galego, cando a terceira fase aínda nin sequera arrincou, este obxectivo xa está superado e na actualidade a dimensión do inventario de entes autonómicos xa é máis pequena da que existía no ano 2003”.

O titular do Goberno galego incidiu en que “ningunha outra comunidade está a facer con tal nivel de intensidade e a un mesmo tempo ese dobre propósito: non é só suprimir o que non é imprescindible, senón que hai que mellorar aquilo que seguimos a considerar imprescindible”, como está a facer a Xunta a través de 422 medidas específicas de diminución de custo destinadas a facer a Administración máis eficiente.

No tocante aos 50 millóns de aforro anual precisou que, por primeira vez, o aforro imputable á segunda fase do Plan (27,4 millóns) supera xa ao rexistrado na primeira fase (23,9 millóns).

Para o presidente da Xunta, estes datos demostran que “para Galicia a diminución da Administración institucional non é un imperativo do Goberno e da Administración central, senón que é unha convicción” e unha convicción que empezamos no ano 2009 e que proseguimos hoxe”. Por ese motivo quixo facer un dobre recoñecemento, en primeiro lugar, aos empregados públicos que están a acometer un “proceso de unificación, de fusión, de absorción e de extinción da Administración paralela dun xeito exemplar”, cumprimentando todas as xestións necesarias, a nivel patrimonial, a nivel xurídico, a nivel fiscal, a nivel económico, a nivel laboral... E en segundo lugar, ao traballo de equipo dos auditores, que son empregados públicos, que están a permitir realizar esta “redución histórica” da Xunta de Galicia con recursos propios. Trátase, dixo, dun “traballo complexo, realizado con altísima cualificación técnica e desde dentro, sen recorrer a contratacións externas”.

Alberto Núñez Feijóo insistiu en que a anticipación e o compromiso sostido sitúan hoxe Galicia nunha sólida e destacada posición no arco autonómico: “Máis dun 10% de todas as entidades e das empresas públicas que xa foron suprimidas ata o momento en España se corresponde con extincións formalizadas en Galicia, e a nosa Comunidade Autónoma ten menos dun 6% do total da poboación do Estado”, aseverou.

“Fomos os primeiros en comezar a avaliar e a racionalizar. Fomos os primeiros en comprometernos a completar o proceso. E fomos os primeiros en garantir que ese esforzo sexa permanente, a través dunha Lei de racionalización que inclúe a obriga de repetir periodicamente as auditorías, sempre que sexa necesario; o compromiso de aprobar cada tres anos plans de reestruturación; e, o establecemento de limitacións específicas á creación de novos entes”, aseverou.

R.