La rehabilitación del santuario de A Virxe da Barca, en Muxía, costará más de 700.000 euros

La consellería ha destacado que la Xunta "es consciente de la importancia" de esta iglesia y, por ello, el día que se produjo el incendio -el 25 de diciembre de 2013-, Vázquez Abad se desplazó a Muxía para conocer el estado del templo. Además, ha recordado que los técnicos de la Dirección Xeral do Patrimonio Cultural evaluaron los daños y declararon "el carácter de emergencia para la redacción del proyecto básico y de ejecución de la obra de rehabilitación".
El proyecto que el conselleiro ha entregado a Barrio cifra "por contrata en 719.000 euros la recuperación" del santuario. La cantidad, resalta la consellería, no difiere de la previsión inicial de los técnicos de la Xunta, hecha en diciembre. El documento, explica Cultura, indica cómo deberá realizarse la consolidación de los muros de fábrica de piedra en la zona de cubierta y de los rellenos de las bóvedas, además de la construcción de la estructura de madera de la cubierta de la nave oculta y de la sacristía, así como de la cubierta de pizarra. También prevé la limpieza, restauración y reposición de rejuntados de las fábricas de piedra dañadas por el incendio.
El proyecto incluye la limpieza del pavimento de piedra de la nave, la reposición de las carpinterías de madera dañadas y la incorporación de ventanas, además de una nueva instalación de electricidad, iluminación y protección frente a los rayos. También se instalará megafonía interior, la señalización de emergencia y el nuevo mobiliario litúrgico "mínimo" que consistirá en una mesa de altar, tres sillas para los oficiantes y un ambón.
Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:
O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, entregou ao arcebispo de Santiago, Julián Barrio Barrio, o proxecto básico e de execución para a rehabilitación da Igrexa do Santuario de Nosa Señora da Virxe da Barca. Este traballo, que tivo un custe 21.462 euros, foi contratado pola Consellería ao Gabinete de Arquitectura ‘K2C Arquitectas’.
A Xunta de Galicia é consciente da importancia da Igrexa da Virxe da Barca, por ese motivo, o mesmo día que se produciu o incendio o conselleiro Xesús Vázquez Abad desprazouse ata o lugar para coñecer de primeira man o estado do ben e os técnicos da Dirección Xeral do Patrimonio Cultural avaliaron o alcance dos danos e declararon o carácter de emerxencia para a redacción do proxecto básico e de execución da obra de rehabilitación do santuario. No acto de entrega do proxecto, que tivo lugar no Arcebispado de Santiago tamén estivo a directora xeral do patrimonio cultural, María Carmen Martinez Insua.
O proxecto básico e de execución para a rehabilitación da Igrexa do Santuario de Nosa Señora da Virxe da Barca foi realizado pola empresa ‘K2C Arquitectas’,un traballo que cifra a execución por contrata en 719.000 euros para a realización da obra de recuperación do templo de Muxía, un custe que non difire da previsión inicial realizada polos técnicos da Xunta o pasado mes de decembro.
Este proxecto indica como deberá realizarse a consolidación dos muros de fábrica de pedra na zona de cuberta e dos recheos das bóvedas; a construción da estrutura de madeira da cuberta da nave oculta e da sancristía, así como a da cuberta de lousa; e a limpeza, restauración e reposición de rexuntados das fábricas de pedra danadas polo incendio.
Inclúe tamén a limpeza do pavimento de pedra da nave; a reposición das carpinterías de madeira danadas polo incendio e a incorporación de ventás; unha nova instalación de electricidade, iluminación e protección fronte aos raios; unha megafonía interior; a sinalización de emerxencia; e un novo mobiliario litúrxico mínimo, de carácter funcional e acorde coa dignidade do templo consistente nunha mesa de altar, tres cadeiras para os oficiantes e un ambón.
Fotografía: Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia
R.